19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

empregado no interior da Galiza e o segundo na área occidental, aínda que o primeiro ten o

inconvenente que se utiliza para outras especies (10B). Nas terras da Limia, por exemplo, nabiñeiro

tamén se usa para Serinus serinus, segundo A. Villarino Gómez (9A) e o meu testemuño persoal.

liñaceiro de bico amarelo Carduelis flavirostris

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pardillo biquimarelo foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B),

aínda que a voz pardillo é un castelanismo. Liñaceiro de bico amarelo foi o nome proposto en 1999

no traballo de M. A. Conde Teira (12B); empregouse tamén nalgunha publicación (13A). Nas guías de

aves de Penas Patiño e Pedreira López (5A e 22A) utilizouse o nome de liñaceiro biquiamarelo, que

tamén está recollida nalgunhas publicacións ornitolóxicas (10A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, o

nome portugués é pintarrôxo-de-bico-amarelo (2A, 1D e 2D).

● Nomes populares. É unha especie moi semellante a Carduelis cannabina, pero accidental no

sur da Europa, e non existen nomes populares galegos específicos.

● Dicionarios consultados. Atopáronse as denominacións xenéricas apuntadas en C. cannabina.

● Etimoloxía / motivación semántica. As motivacións semánticas dos nomes xenéricos

apuntáronse en C. cannabina. O modificador de bico amarelo fai referencia á cor do seu bico, un trazo

moi característico desta especie.

liñaceiro de papo negro Carduelis flammea

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pardillo papinegro foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

recolleuse nalgunha outra publicación ornitolóxica, aínda que a voz pardillo é un castelanismo (2A).

Liñaceiro paponegro foi o nome proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B);

empregouse nas guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López (5A e 22A) e recolleuse ou

empregouse tamén nalgunhas publicacións (10A, 13A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome

portugués é pintarroxo-de-queixo-preto (1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie moi semellante a Carduelis cannabina pero accidental na

Galiza, non existen nomes populares galegos específicos.

● Dicionarios consultados. Atopáronse as denominacións apuntadas en C. cannabina.

● Etimoloxía / motivación semántica. As motivacións semánticas dos nomes xenéricos

apuntáronse en C. cannabina. Os modificadores paponegro e de-queixo-preto fan referencia á cor

negra que ten na gorxa, un trazo moi característico desta especie.

verderolo (ou verderolo común) Carduelis chloris

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Verderolo común foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén –

verderolo ou verderolo común– en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal

Figueroa (10B e 12B); empregouse nas guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López (1A, 5A e 22A),

no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e tense recollido ou empregado tamén nalgunhas publicacións

(8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 18A e 11B). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é verdilhão ou

verdilhão-comum (2A, 10A, 11B, 1D e 3D), e máis recentemente tamén verdilhão-ocidental (2D).

● Nomes populares. J. M. Dobarro Paz rexistrou verderol en Cabalar; C. García González, en

Compostela; M. C. López Taboada, en Sobrado dos Monxes; M. C. Enríquez Salido, no Grove; G.

Baamonde Traveso, en Cedofeita; M. P. Paz González, en Xunqueira de Ambía; M. R. Álvarez Blanco, en

Ramirás; M. Prado Fernández, en ferreira de Valadouro; M. Taboada Cid, en Verín (3C). M. R. Martínez

Martínez rexistrou a variante verderolo en Curtis; I. Leis Casanova, en Sta. Eulalia de Dumbría; G.

Baamonde Traveso, en Cedofeita; M. C. Alonso Pérez, en Escarabote; A. Sánchez Sánchez, en

Montederramo; M. Díaz Carnero, en Castro Caldelas (3C). A. Villarino Gómez rexistrou tamén as

denominacións de verderolo e verderol nas terras da desaparecida lagoa de Antela (9A). F.

Fernández Rei rexistrou a variante verdeloro en Cariño e M. C. Gil Suárez rexistrouno en Vilardevós

(3C). C. Pedreira López et al. rexistraron os nomes de verderolo, verderola, verderol, verdeirón e

verdeirola para Carduelis chloris no concello de Ames, na provincia da Coruña (9B). Na primeira guía

de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A) e no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) tamén

se apuntaron as denominacións populares de canario bravo (1A, 7A), verderol (1A, 7A), verdial (1A)

e verdellón (1A). F. Bernis Madrazo rexistrou verderol e verderolo na provincia de Pontevedra e en

273

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!