19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

aínda que a voz pardillo é un castelanismo (2A). Liñaceiro, ou liñaceiro común, foi o nome proposto

en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense

empregado ou recollido nas seguintes guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López (5A e 22A), no

Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A, 14A e

18A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal propuxeron, ademais de liñaceiro, a denominación de

nabiñeiro (10B). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é pintarrôxo ou pintarrôxo-comum

(2A, 10A, 11B e 1D), e máis recentemente pintarroxo-de-bico-escuro (2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para esta especie as nabiñeiro e nabiñeiro

de papo rubio nas terras da Limia (9A). E. Rodríguez Gandoi rexistrou nabiñeiro en Guntín; J. A.

Palacio Sánchez, tamén, en Ferreira de Pantón; M. R. Álvarez Blanco, en Ramirás; M. González

González, no Incio; A. Sánchez Sánchez, en Montederramo (3C). M. Taboada Cid rexistrou nabilleiro

en Verín (3C). G. Baamonde Traveso rexistrou nabiñieiro en Cedofeita (3C). M. J. Pérez Alonso

rexistrou niñaceiro en Goián (3C). M. Taboada Cid tamén rexistrou pintarroxo en Verín (3C). A.

Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez recollen milleiro na

comarca de Verín (23B). C. Pedreira López et al. rexistraron os nomes de pardillo, millarenco e

miñorengo para A. cannabina no concello de Ames, na provincia da Coruña (9B). M. Taboada Cid

tamén rexistrou a voz pardillo en Verín; F. Fernández Rei, tamén, en Cariño; M. C. Alonso Pérez, en

Escarabote; M. C. Enríquez Salido, no Grove (3C). M. J. Pérez Alonso rexistrou a voz pardiello en Goián

(3C). No Atlas de vertebrados de Galicia recóllese o nome de pardillo para esta especie (7A). Na guía

de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López tamén se apuntan as denominacións populares de

pintarroxo e liñaceiro (1A). Seguíndomos coas denominacións populares, unha mención especial é

precisa para o traballo lexicográfico publicado en 1980 na revista Verba, "Nomes galegos das aves da

familia fringillidae", de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (6B); estes autores rexistraron voces

para esta familia de paxaros en varios centos de localidades das catro provincias galegas e recolleron

ademais a bibliografía existente verbo estes nomes; as denominacións que recolleron especificamente

para C. cannabina foron as seguintes: pardeliño, nunha localidade da Coruña; o castelanismo

perdiello, nunha localidade de Pontevedra; os castelanismos pardilla e pardillo, sobre todo o segundo,

en bastantes localidades das catro provincias; os castelanismos pardillo de crista encarnada e pardillo

encarnado, en cadansúa localidade da Coruña; paxaro pardo, nunha localidade de Lugo; liñaceiro,

nalgunha localidade de Pontevedra; liñaseira, nunha localidade da Coruña (identificado con paxaro de

xénero Emberiza, é dicir, outra especie, mais en clara relación coa denominación anterior); niñaceiro,

nunha localidade de Pontevedra; niñaseira, nunha localidade de Pontevedra; nabiñeiro, nunha

localidade da Coruña e bastantes de Lugo e Ourense; paxaro da nabiña, nunha localidade de Lugo; o

castelanismo pechuguero, escrito con "j" para marcar a gheada, nunha localidade da Coruña; sancría,

nunha localidade de Pontevedra,; rile, nunha localidade de Ourense (6B).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece a entrada pintarroxo, indentificada coa voz castelá pardillo; rei, nunha das

acepcións identificada coa voz castelá pardillo; millaranco, identificado coa voz castelá pardillo;

liñaceira, que nunha das acepcións define como especie de paxaro castaño e moi pequeno;

nabiñeiro, definido como paxaro que come a nabiña; e *pardillo, que remite a pintarroxo. O

Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da

editorial Akal, dá para a voz castelá pardillo, na acepción de paxaro, as voces galegas pintarroxo,

pitarroxo e millaranco. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial

Sotelo Blanco, aparece a entrada pintarroxo, que define e identifica con A. cannabina; naviñeiro, que

nunha das acepcións define e identifica con A. cannabina e co sinónimo pintarroxo (noutra acepción,

con Serinus serinus; noutra, cos páxaros da familia dos motacílidas). O Diccionario de sinónimos da

lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle, alén de

liñaceiro, liñaceira, milleiro, nabiñego, nabiñeiro, pardal, pardelo, paxaro da nabiña e

pintarroxo (aínda que pardal é unha denominación ben máis propia do xénero Passer) como

sinónimos específicos de A. cannabina. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios

autores, aparecen as entradas nabiñeiro e liñaceiro (como galegas e preferentes), definidas e

referidas a C. cannabina, e millaranco, nabiñego, nabiñeiro (como galegas, pero non preferentes),

remiten a liñaceiro ou nabiñeiro; a voz pardiello (galega e non preferente), remite a outra especie, o

pardal; rexeita a voz pardillo, que remite tamén a esoutra especie, o pardal.

● Etimoloxía / motivación semántica. X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López comentan que os

nomes ou adxectivos relacionados con pardo fan referencia á cor do dorso do paxaro; o nome

liñaceiro e outros similares aluden á semente do liño; nabiñeiro e similares fan referencia a que come

a nabiña; pintarroxo e similares, ás cores vermellas que ten este paxaro no peito; sancría, á cor de

sangue do peito do paxaro (6B); de-bico-escuro, á cor ou tonalidade do bico, que o diferenza doutras

especies de liñaceiros. Millaranco e simiares aluden a que anda no millo (é un nome tamén para os

paxaros do xénero Emberiza). O modificador común indica que é o máis habitual dos liñaceiros.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa comentan que o nome de pardillo, moi difundido na fala, é un claro castelanismo

(10B). Os dous nomes propiamente galegos máis frecuentes son nabiñeiro e liñaceiro, o primeiro

272

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!