19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Couceiro López rexistrou outra variante, xilgueiro, en Feás; M. R. Martínez Martínez, tamén, en Curtis;

G. Baamonde Traveso, en Cedofeita; M. T. Acosta García, en Pedrafita; M. P. Paz González, en

Xunqueira de Ambía; I. Leis Casanova, en Sta. Eulalia de Dumbría; M. R. Álvarez Blanco, en Ramirás

(3C). M. Taboada Cid rexistrou pintasilbo na Mezquita e en Verín; pintaxirgo, pintasilgo e

pintosilbo en Verín tamén (3C). Igualmente, A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R.

Reigada e X. Rodríguez recollen pintasilvo na comarca de Verín (23B). J. Rodríguez recolle tamén

pintasilvo en Hermisende (13B). M. J. Pérez Alonso rexistrou pintaxilgo en Goián (3C). Seguíndomos

coas denominacións populares, unha mención especial é precisa para o traballo lexicográfico publicado

en 1980 na revista Verba, "Nomes galegos das aves da familia fringillidae", de X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López (24); estes autores rexistraron voces para esta familia de paxaros en varios centos de

localidades das catro provincias galegas e recolleron ademais a bibliografía existente verbo estes

nomes; as denominacións que recolleron especificamente para Carduelis carduelis (aínda que as

mesmas voces noutras localidades, como xa se indica, empregábanse para outras especies da familia)

foron as seguintes: cílgaro, escrito con "j" (cíljaro) para marcar a gheada, nunha localidade de

Ourense; gilgaro, escrito con dúas "j" para marcar a gheada, nunha localidade da Coruña; sílgara,

escrito con "j" para marcar a gheada, nunha localidade da Coruña; sílgaro, escrito con "j" para marcar

a gheada, nalgunha localidade da Coruña e de Pontevedra; xélgaro, nunha localidade da Coruña;

xílgaro, en bastantes localidades das catro provincias; xilgueiro, ás veces escrito con "j" para marcar

a gheada, en varias localidades da Coruña, Lugo e Pontevedra; xílgaro bravo, escrito con "j" para

marcar a gheada, nunha localidade da Coruña; xilgo, escrito con "j" para marcar a gheada, nunha

localidade da Coruña; pintacilgo, nunha localidade de Ourense; pintasilgo, nalgunha localidade de

Pontevedra; pintasilvas, nalgunhas localidades de Ourense e Pontevedra; pintasilvo, nalgunhas

localidades de Ourense; pintaxilgo, ás veces escrito con "j" para marcar a gheada, nalgunha

localidade de Pontevedra; picacardiña, nunha localidade de Ourense; picacardio, nunha localidade de

Ourense; picacardo, nalgunha localidade da Coruña, Lugo e Ourense; picalcardio, nunha localidade

de Lugo; picaflor, nunha localidade de Ourense (esta denominación está documentada tamén para o

xénero Phylloscopus); picafollas, nunha localidade da Coruña e outra de Pontevedra (esta

denominación está documentada tamén para o xénero Phylloscopus); pincaouro, nunha localidade da

Coruña (esta denominación está documentada tamén para Carduelis spinus); salgueiriña, escrito con

"j" para marcar a gheada, nunha localidade da Coruña; silveiro, nunha localidade de Ourense, alén

doutras denominacións castelás ou castelanizadas, como xilguero, silguero etc. (6B).

Ademais, existen as expresións populares "ledo (ou leda) coma un xílgaro" e "pispo (ou pispa)

como un pintaxilgo".

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as entradas pintasilvas, cos sinónimos pintaxilgo e xílgaro; pintaxilgo, co

sinónimo xílgaro; xílgaro, co sinónimo pintasilgo (que non ten entrada propia), todas elas

identificadas coa voz castelá jilguero; na entrada pica inclúese a subentrada pica no cardo, que se

identifica con jilguero, pájaro. No Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F.

Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as voces galegas xílgaro, pintaxilgo e

pintasilvas identificadas coa voz castelá jilguero. O Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís

(1995), da editorial Sotelo Blanco, inclúe as entradas pintasilgo, que define e identifica con Carduelis

carduelis e co sinónimo xílgaro; pintasilvas, que remite a pintasilgo; pintasirgo, que remite a

pintasilgo; pintaxilgo, que remite a pintasilgo; xílgaro, que define como pintasilgo e identifica con C.

carduelis. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente

(1997), da editorial Galaxia, recolle, alén de xílgaro, barroso, picacardos, pintasilgo, pintasilvas,

pintaxilgo, xilgairo, xilgo e xíngaro como sinónimos específicos de C. carduelis. No Gran Diccionario

Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparecen as entradas xílgaro, pintasilgo e

picacardos (como galegas e preferentes), que define e identifica con C. carduelis, e cílgaro,

pintasilbo, pintasirgo e picalcardio (como propiamente galegas, mais non preferentes), que remiten

a xílgaro, a pintasilgo ou a picacardos.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. O nome deste paxaro, tan popular, foi utilizado a

miúdo na nosa literatura desde mesmo o Rexurdimento até a actualidade. F. Bernis Madrazo cita, por

exemplo, a Rosalía de Castro, que emprega a voz xílgaro, e a Otero Pedrayo, que emprega pintasilgo

(11B). Marcial Valladares utilizou xílgaro en Maxina ou a filla espúrea, obra escrita no ano 1880: "...

cantaban xa o millán garrido, a bubela e o cuco nas carballeiras, o merlo e o reiseñor nos salgueirais, o

paspallás entre os centeos e os xílgaros e carriciños, os chincheiros e xiríns desfacíanse nos eidos

mirando cada un para o seu amor ...". Ramón Cabanillas usou xílgaro en Vento mareiro (1915):

"...frente ós xílgaros cantores, ó pé da ventana leda... ", e pintasilgo en Na noite estrelecida (1926):

"...e enchían de ledicia os froridos sendeiros volvoretas doiradas, pintasilgos troneiros... " O escritor

Álvaro Cunqueiro emprega a voz xílgaro en Tesouros novos e vellos (1964): "...escóitase á mañanciña

o doce son: un xílgaro... ". Celso Emilio Ferreiro empregou tamén xílgaro no seu poema O Reino (en

Longa noite de pedra, 1962): "...os homes cantaban nos solpores / pombas de luz e xílgaros de

soños".

● Etimoloxía / motivación semántica. F. Bernis Madrazo cita a J. Corominas, explicando que

270

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!