19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

indicadas en Podiceps cristatus e T. ruficollis.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase T. ruficollis.

● Etimoloxía / motivación semántica. O modificador de pescozo negro ou de-pescoço-preto

fai referencia á marcada cor negra do pescozo desta ave na época de cría; orelleiro probabelmente fai

referencia aos vistosos penachos amarelos que ten a ambos os lados da cara na época de cría, que

poden dar a impresión de orellas. No tocante á significación dos nomes xenéricos, véxase Podiceps

cristatus. Non se achou unha significación clara para a denominación portuguesa cagarraz.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Canto á escolla dun

nome xenérico estándar, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa consideraron preferíbel mergullón

en lugar de somorgullo, como xa se comentou en T. ruficollis (10B e 12B).

mergullón real Podiceps auritus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Somorgullo real foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, na Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse nas

primeiras guías de aves destes autores (1A e 5A) e noutras publicacións ornitolóxicas galegas (6A, 11A

e 17A); tamén se recolleu nalgunha outra publicación de ámbito estatal (2A). Mergullón real foi

proposto en 1999 por M. A. Conde Teira (12B); tense empregado nalgunhas publicacións galegas (12A,

13A, 15A e 16A), inclusive na terceira guía de C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño (22A); tamén se

recolleu noutras publicacións de ámbito estatal (10A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes

portugueses son mergulhão-de-penachos (con máis frecuencia) e mergulhão-de-pescoçocastanho

(2A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie rara na Galiza e non se lle coñecen nomes populares, non

sendo os xenéricos mencionados para Tachybaptus ruficollis.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, e no Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M.

Gómez e P. Benavente (1997), tamén de Galaxia, aparecen as entradas apuntadas en T. ruficollis. No

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, e no Gran

Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparecen as entradas indicadas en

Podiceps cristatus e Tachybaptus ruficollis.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase T. ruficollis.

● Etimoloxía / motivación semántica. Canto á motivación semántica, o adxectivo real é un

cualificativo engadido ao nome xenérico de moitas aves para as identificar como especies; ás veces ten

relación cunha certa beleza ou vistosidade na súa forma ou nas súas cores, ás veces cunha certa

maxestade no xeito de camiñar, de voar ou de se moveren en xeral (neste caso, probabelmente, coa

rechamante plumaxe que exhibe esta ave na época de cría). O modificador portugués de-penachos fai

referencia aos penachos ou piriquitos que loce na primavera e no verán na plumaxe nupcial, malia non

lle saíren das partes altas da cabeza nin da caluga, senón das faceiras; de-pescoço-castanho fai

referencia á viva cor que a ave exhibe no pescozo tamén durante a primavera e o verán, coa plumaxe

nupcial. No tocante á significación dos nomes xenéricos, véxase P. cristatus.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. O criterio para a

escolla do nome xenérico estándar de mergullón comentouse en T. ruficollis.

Familia Diomedeidae

albatros olleirudo Thalassarche melanophris (=Diomedea melanophris)

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Albatros olleirudo foi o nome empregado na segunda

guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (5A) e así memo proposto en 1999 por M. A.

Conde Teira (12B); tense recollido ou utilizado tamén nalgunhas publicacións ornitolóxicas no ámbito

galego e estatal (10A, 13A, 14A e 22A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son

albatroz-de-sobrancelha (con máis frecuencia) e albatroz-olheirudo (2A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie de presenza accidental nas nosas costas; non se lle

coñecen nomes populares.

● Dicionarios consultados. No Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e

F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, aparece a voz castelá albatros identificada coa galega

27

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!