19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

pimpín, pimpiña, tinco, tinque, tentillón e similares: están a reflectir as mesmas notas coma se

fosen "chin - chin" ou "tinc - tinc". Outras denominacións, como maceirento ou carballuda fan

referencia ao seu hábitat, as maceiras e os carballos. Trigau, trigal e similares fan referencia a outro

hábitat, as leiras de trigo, aínda que son denominacións máis propias das especies da familia

Embericidae (6B). O modificador común indica que é a máis habitual das especies de pimpíns. Non se

encontrou explicación semántica clara para palombeiro.

pimpín do norte Fringilla montifringilla

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pimpín real foi o nome proposto por C. Pedreira López

e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse nas

guías de aves destes autores (5A e 22A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións

ornitolóxicas (2A, 6A, 11A e 11B). Pimpín do norte foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos

de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse nalgunha publicación ornitolóxica

(13A). Pimpín norteño foi o nome que se empregou noutras publicacións ornitolóxicas (10A, 12A,

14A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é tentilhão-montês (2A, 10A, 11B,

1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. F. montifringilla é unha especie bastante rara na Galiza, e os nomes

populares que pode recibir son seguramente os mesmos que F. coelebs, que é unha especie parecida e

común. De feito, nalgúns traballos identifícanse certas denominacións populares con F. montifringilla,

cando probabelmente se estean a referir a F. coelebs, como xa se comentou na especie anterior.

● Dicionarios consultados. No Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e

F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, aparece a voz galega piñoneiro identificada coa

denominación castelá pinzón real (pero é posíbel que se estea a referir tamén a F. coelebs ou a outra

especie común). No resto de dicionarios consultados atopáronse as denominacións indicadas en F.

coelebs.

● Etimoloxía / motivación semántica. Canto ás motivacións semánticas de pimpín e tentilhão,

véxase F. coelebs. Os modificadores específicos do norte e norteño aluden á súa área de

distruibución, real posíbelmente sexa por causa da súa vistosa plumaxe; montês fai referencia ao

hábitat e piñoneiro á alimentación granívora.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa comentan que a denominación de pimpín real se pode confundir coa mesma

denominación que recibe Pyrrhula pyrrhula en Vigo (citan a X. M. Penas Patiño), e ademais no Courel e

na comarca ourensá do Bolo, chinca real (chinca equivale a pimpín) é tamén unha denominación para

P. pyrrhula (citan a X. M. Penas Patiño e a C. Pedreira López), e por iso preferiron pimpín do norte, a

partir do francés pinson du nord (10B e 12B). Adoptar o modificador portugués montês (pimpín

montés) non lles pareceu moi xustificado (10B e 12B).

xílgaro Carduelis carduelis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Xílgaro foi o nome proposto por C. Pedreira López e X.

M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén en 1991 e

1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse nas guías de

aves de Penas Patiño e Pedreira López (1A, 5A e 22A; na última, xílgaro común), no Atlas de

vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 8A,

10A, 12A, 13A, 14A, 18A e 11B). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é pintassilgo ou

pintassilgo-comum (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie popular e ten moitas denominacións locais. Na primeira

guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A) e no Atlas de vertebrados de Galicia (7A)

apúntanse os nomes de xilgo (1A), pintaxilgo (1A), pintasilgo (7A), picacardo (1A, 7A) e

pintasilvas (1A). A. Villarino Gómez rexistrou xilgueiro, xilguero e jilguero –as dúas últimas

castelanismos– nas terras da desaparecida lagoa de Antela (9A). C. Pedreira López et al. rexistraron os

nomes de xílgaro e xilgueiro (con e sen gheada) para Carduelis carduelis no concello de Ames, na

provincia da Coruña (9B). F. Bernis Madrazo tamén rexistrou xilguero nas provincias de Lugo e

Pontevedra e cita a Ríos Naceyro (1850) e a L. Iglesias (1927), que recolleron o nome de xílgaro

(11B). M. R. Martínez Martínez rexistrou a voz xílgaro en Curtis; M. J. Morandeira Lores, en Laxe; M.

C. Alonso Pérez, en Escarabote; M. Taboada Cid, en Verín; F. Varela González, en Santaia; C. García

González, en Compostela; J. López Fernández, en Novefontes; R. Fraga García, en Melide; M. C. López

Taboada, en Sobrado dos Monxes; A. Pérez Cid, en Marín; M. C. Enríquez Salido, no Grove (3C). A.

Pérez Cid tamén rexistrou a variante cílgaro en Marín e M. Enríquez Salido no Grove (3C). A. Pérez Cid

rexistrou ademais sílgaro en Marín (3C). J. M. Dobarro Paz rexistrou xilgairo en Cabalar (3C). J. L.

269

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!