19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

que teñen algúns corais; de-lacre, pola pasta sólida que se emprega para lacrar, de cor vermella (en

portugués, ademais, chámaselle así á variedade vermella do xaspe). O termo común engádese ao

nome, normalmente, cando se está a falar tamén doutras especies que teñen o mesmo nome xenérico

(bico de coral), aínda que non se observaren na nosa xeografía, para diferenciar Estrilda astrild das

outras.

Familia Fringillidae

pimpín (ou pimpín común) Fringilla coelebs

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pimpín común, foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén –

pimpín ou pimpín común– en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa

(10B e 12B); utilizouse nas guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de

vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 8A,

10A, 12A, 13A, 14A, 15A, 18A e 11B). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é tentilhão e

tentilhão-comum (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie común e ten unha chea de nomes populares. Na primeira

guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A) e no Atlas de vertebrados de Galicia (7A)

recóllense as denominacións de chincho (7A), chinco (7A), chinchón (1A), pimpón (1A), chincheiro

(1A), cuncheiro (1A), maceirento (1A), maceiro (7A), maceirudo (1A, 7A), pincho (1A), pínfano

(1A), chíncarro (1A), chinchorra (1A), tentillón (1A, 7A) e tinque (1A). F. Bernis Madrazo rexistrou

a voz pim-pim en varias localidades das provincias da Coruña e de León e chinchón na provincia de

Lugo (11B). F. Bernis Madrazo tamén cita a Ríos Naceyro (1850), que dá en galego o vocábulo

chinchón para este paxaro, e a L. Iglesias (1927), que engade pimpim (11B). A. Villarino Gómez

rexistrou para Fringilla coelebs a denominación de tingue nas terras da Limia (9A). C. Pedreira López

et al. rexistraron tamén para esta especie os nomes de chinchona, pimpín, chinchón e chincheira

no concello de Ames, na provincia da Coruña (9B). No traballo de C. García García recolleuse a voz

pimpín en once localidades galegas (3C). Ademais, I. Leis casanova rexistrou para esta especie a voz

carballuda no galego de Sta. Eulalia de Dumbría; M. C. Alonso Pérez a voz pimpiña en Escarabote e

M. Taboada Cid pimpinela en Verín (3C). M. González González rexistrou chincho no Incio; M. E.

Vázquez Santamaría, na Gudiña; M. Taboada Cid, en Verín e na Mezquita (3C). F. Fernández Rei

rexistrou chincharro en Cariño (3C). M. J. Pérez Froiz, chincheiro en Sta. María de Oirós (3C). M.

Taboada Cid, chinchín tamén en Verín e M. C. Gil Suárez a mesma voz en Vilardevós (3C). (Malia os

vocábulos populares recollidos no traballo de C. García González apareceren identificados coa

denominación castelá pinzón real, que é outra especie, Fringilla montifringilla, bastante rara na Galiza,

con toda a probabilidade non están referidos a ela senón a estoutra, Fringilla coelebs, que en castelán

recibe o nome de pinzón vulgar. Tendo en conta que a identificación non é de todo correcta, tamén

poderiamos pensar que nalgunhas localidades estes nomes recollidos no traballo de C. García se estén

a referir a especies do xénero Parus, que ás veces tamén se lles chama así.). A. Reboreda, C. Álvarez,

E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez, chinco para esta especie na comarca de Verín

(23B).

Seguíndomos coas denominacións populares, unha mención especial é precisa para o traballo

lexicográfico publicado en 1980 na revista Verba, "Nomes galegos das aves da familia fringillidae", de

X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (24); estes autores rexistraron voces para esta familia de

paxaros en varios centos de localidades das catro provincias galegas e recolleron ademais a bibliografía

existente verbo estes nomes; as denominacións que recolleron especificamente para F. coelebs (aínda

que as mesmas voces, noutras localidades, empregábanse para outras especies da familia) foron as

seguintes: chíncarlo, nunha localidade de Ourense; chíncarro, nunha localidade de Ourense; chinco,

nunha localidade de Lugo e outra de Ourense, especificando que nalgures dáselle este nome a Garrulus

glandarius; chinchararea, nunha localidade de Ourense; chincharra, nunha localidade da Coruña;

chincharro, nunha localidade da Coruña; chincheira, nunha localidade da Coruña; chincheiro,

nalgunhas localidades da Coruña e de Pontevedra; chinchoeira, nunha localidade de Pontevedra;

chinchín, en localidades de Ourense; chincho, nalgunhas localidades da Coruña, Lugo e Ourense;

chinchón, en varias localidades da Coruña e de Lugo; chinchona, en varias localidades da Coruña;

chinchorra, nalgunhas localidades da Coruña; pimpín, en moitas localidades da Coruña e Pontevedra

e bastantes de Lugo e Ourense; pimpina, en varias localidades da Coruña e Pontevedra; pimpiña,

nunha localidade da Coruña (aínda que foi identificado por outro autor como F. montifringilla, unha

267

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!