19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

● Dicionarios consultados. I O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M.

Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle gorrión chiador, pardao e pardal

chiador como sinónimos específicos de P. petronia. O resto inclúe as entradas xenéricas xa

comentadas en P. domesticus.

● Etimoloxía / motivación semántica. Para pardal e gorrión, véxase P. domesticus. O

modificador específico das rochas alude ao seu hábitat, chiador e piador aos chíos que emite o

paxaro; francés é unha denominación popular que non ten explicación lóxica.

pardal alpino Montifringilla nivalis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Gorrión albar foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); recolleuse

nalgunha publicación (2A e 18A). Pardal alpino foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de

M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense recollido ou empregado nalgunhas

publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 13A e 14A). Na segunda e terceira guías de aves de Penas Patiño e

Pedreira López empregouse pardal alibranco (5A e 22A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome

portugués é pardal-alpino (2A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Algunhas denominacións populares xenéricas, aplicábeis a esta especie,

están apuntadas en Passer domesticus.

● Dicionarios consultados. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M.

Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle gorrión albar, pardao e pardal albar

como sinónimos específicos de M. nivalis. O resto inclúe as entradas xenéricas xa comentadas en P.

domesticus.

● Etimoloxía / motivación semántica. Canto ás motivacións semánticas de pardal e gorrión,

véxase P. domesticus. O modificador específico alpino alude ao seu hábitat, albar e alibranco a

características da súa plumaxe.

Familia Estrildidae

bengalí vermello Amandava amandava

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Bengalí vermello foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B); recolleuse ou empregouse publicacións ornitolóxicas (10A, 14A e

16A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal propuxeran a denominación de bengalí (10B); tamén se

empregou nalgunha publicación de ámbito estatal (8A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués

é bengali (1D e 3D) e bengali-vermelho (2D).

● Nomes populares. É unha especie exótica que está a vivir en liberdade no noso país desde hai

poucos anos e non se lle coñecen nomes populares.

● Etimoloxía / motivación semántica. Bengalí alude á súa área de distribución, pois é unha

especie oriúnda do sur da Asia; o modificador vermello fai referencia á cor da plumaxe na época de

reprodución.

bico de coral (ou bico de coral común) Estrilda astrild

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Bico de coral foi a denominación proposta en 1991 e

1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado ou

recollido –bico de coral ou bico de coral común– nalgunhas publicacións ornitolóxicas tanto no

ámbito galego como no estatal (8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A); tamén na última guía de aves de

X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (22A). Nalgunha publicación utilizouse coraliño (6A e 11A). Na

bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é bico-de-lacre ou bico-de-lacre-comum (1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie exótica que está a vivir en liberdade no noso país desde hai

poucos anos e non se lle coñecen nomes populares específicos.

● Etimoloxía / motivación semántica. Todas as denominacións están motivadas pola cor

vermella intensa do seu bico e tamén de parte da súa plumaxe: de coral, coraliño, pola cor vermella

266

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!