19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

(11B). Tamén charrao parece unha denominación onomatopeica. Paxaro naviñego alude á súa

alimentación, a que lle gusta a nabiña. O modificador común indica que é a máis habitual das especies

de pardais.

pardal mouro Passer hispanoliensis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Gorrión apincharado foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

recolleuse nalgunha publicación ornitolóxica (2A). Pardal mouro foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B); tense empregado ou recollido nalgunhas publicacións ornitolóxicas

(10A, 13A, 14A e 16A), tamén na última guía de Pedreira López e Penas Patiño (22A). En 1991, M. A.

Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa propuxeran a denominación de pardal español, que se empregou

nalgunha publicación ornitolóxica (8A, 10B). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é pardalespanhol

(2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Algunhas denominacións xenéricas, aplicábeis a esta especie, están

apuntadas en Passer domesticus.

● Dicionarios consultados. Inclúen as entradas xenéricas xa comentadas en P. domesticus.

● Etimoloxía / motivación semántica. Para pardal e gorrión, véxase Passer domesticus. Os

modificadores específicos mouro e español fan referencia á súa área de distribución; español

ademais reflicte o cualificativo latino con que se constrúe o nome científico específico. Apincharado

alude a que ten pintas na plumaxe.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira

explica que considera máis apropiado o nome de pardal mouro, adaptado do español gorrión moruno,

dado o contexto xeográfico e cultural galego (12B).

pardal montés Passer montanus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Gorrión orelleiro foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

na primeira guía de aves destes autores (1A) e recolleuse nalgunha outra publicación (2A). Pardal

orelleiro utilizouse ou recolleuse nas seguintes guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López (5A e

22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e nalgunha outra publicación (18A). Pardal montés foi o

nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e de T. A. Vidal Figueroa (10B e

12B); tense empregado ou recollido nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A e 14A).

Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é pardal-montês (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Algunhas denominacións populares xenéricas, aplicábeis a esta especie,

están apuntadas en Passer domesticus.

● Dicionarios consultados. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M.

Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle pardal orelleiro, pardao e gorrión

orelleiro como sinónimos específicos de P. montanus. O resto inclúe as entradas xenéricas xa

comentadas en P. domesticus.

● Etimoloxía / motivación semántica. Para pardal e gorrión, véxase P. domesticus. O

modificador específico montés alude ao seu hábitat, orelleiro ás manchas que ten nas meixelas, que

poden dar a impresión de orellas.

pardal das rochas Petronia petronia

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Gorrión chiador foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

na primeira guía de aves destes autores (1A) e recolleuse nalgunha outra publicación ornitolóxica (2A e

7A). Pardal chiador utilizouse ou recolleuse nas seguintes guías de aves de Penas Patiño e Pedreira

López (5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e noutras publicacións (6A, 11A, 15A e 11B).

Pardal das rochas foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A.

Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado ou recollido nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A,

10A, 12A, 13A, 16 e 14A). Nunha publicación recolleuse gorrión chiador (18A). Na bibliografía

ornitolóxica, o nome portugués é pardal-francês (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. C. Pedreira López et al. rexistraron o nome de gorrión pión para Petronia

petronia no concello de Ames, na provincia da Coruña (9B). Algunhas denominacións populares

xenéricas, aplicábeis a esta especie, están apuntadas en Passer domesticus.

265

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!