19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Familia Passeridae

pardal (ou pardal común) Passer domesticus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Gorrión común foi o primeiro nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño, en 1977, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B). En 1978,

igualmente na Lista patrón de aves de Galicia, na segunda parte, os autores propuxeron o nome de

gorrión pardal no canto do anterior (5B); esta denominación utilizouse na primeira guía de aves

destes autores (1A) e recolleuse nalgunha outra publicación (2A, 18A e 11B). Pardal ou pardal

común foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa

(10B e 12B); empregouse nas seguintes guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López (5A e 22A), no

Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e tense recollido ou empregado tamén noutras publicacións

ornitolóxicas (6A, 8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes

portugueses para esta especie son pardal, pardal-comum, pardal-ladrão (2A, 10A, 11B e 1D) e

recentemente tamén se ten usado pardal-de-telhado (2D e 3D).

● Nomes populares. No Atlas de vertebrados de Galicia, recóllense para esta especie as

denominacións populares de gorrión e pardau. C. García González recolle gorrión como unha voz

común e moi distribuída por Galiza (3C). E. Rodríguez Gandoi rexistrou a variante gurrión en Guntín

(3C). C. Pedreira López et al. rexistraron o nome de gorrión (con e sen gheada) para Passer

domesticus no concello de Ames, na provincia da Coruña (9B). F. Bernis Madrazo tamén rexistrou a voz

gurrión nas provincias de Lugo e da Coruña (11B). M. R. Martínez Martínez rexistrou gurripacho en

Curtis (3C). A. Santamarina Fernández rexistrou páxaro nabiñego no Val do Suarna (3C). C. García

González rexistrou outra voz xenérica moi estendida, pardal, en Compostela; M. C. Enríquez Salido, no

Grove; M. Díaz Carnero, en Castro Caldelas; M. Taboada Cid, en Verín e na Gudiña; M. C. Gil Suárez,

en Vilardevós; M. C. Rodríguez Lago, no Porto, en Zamora (3C). A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X.

L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez recollen igualmente pardal na comarca de Verín (23B). J.

Rodríguez Cruz, tamén pardal en Hermisende (13B). M. R. Álvarez Blanco rexistrou pardao en

Ramirás; A. Sánchez Sánchez, en Montederramo (3C). Igualmente pardao nas terras da Limia é

apuntado por A. Villarino Gómez (9A). O autor do presente traballo rexistrou na Limia para P.

domesticus a voz xiroto (é unha voz ben viva na comarca, xunto coa de pardao). M. P. Paz González

rexistrou pardau en Xunqueira de Ambía; M. Taboada Cid, en Verín (3C). Cómpre mencionar tamén a

voz paradau, variante local de pardao, recollida na obra de Manuel Fontemoura e Miguel Marvoa

Voces da Limia (Poemas de Amor e Loita) (2002).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece rei, nunha das acepcións identificado con pardau e noutra con papo-rroivo;

pardolo, identificado con gorrión e co sinónimo pardal; pardal, identificado coa voz castelá gorrión e

co sinónimo pardau; pardau, definido dunha maneira moi imprecisa e co sinónimo pardal; charrao,

identificado coa voz castelá gorrión. No Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e

F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, aparece a voz castelá gorrión identificada coas galegas

pardau, pardal, charrao e pardolo. O Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, trae a entrada rei, nunha das acepcións referida a papo-ruivo e noutra a

pardau; charrao, con remisión a gorrión; charrau, con remisión a gorrión; gorrión, que define e

identifica con pardal; pardelo, que remite a pardal; pardau, que remite a pardal; e pardal, que

define, mais equivócase ao pór o nome científico (pon A. cannabina, cando é P. domesticus ou xénero

Passer). O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente

(1997), da editorial Galaxia, recolle, alén de pardal, gorrión, gorrión pardal, gurripacho, pardao e

pardarego como sinónimos específicos de P. domesticus. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega

(2000), de varios autores, aparecen as entradas xenéricas pardao, pardal e gorrión (as tres como

galegas e preferentes), e todas referidas a Passer domesticus, e pardolo e charrao (como galegas,

mais non preferentes ou preferentes), que remiten a pardal; na entrada paxaro inclúe tamén a

subentrada paxaro naviñego, que fai referencia especificamente a P. domesticus.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A voz pardal tense empregado con moita

frecuencia na nosa literatura. Por exemplo, Ramón Cabanillas en No desterro (1913): "¡Quen me dera

ter un niño! ¡Quen me dera ser pardal!"

Igualmente, nas ditas populares:

"Cada pardal co seu igual."

"Estorniños e pardais, todos queren ser iguais."

X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A) tamén citan unha cantiga popular: "Paxariño

gorrión, / non me comas as cereixas / que vai o meu amo fóra / e hácheme dar as queixas".

● Etimoloxía / motivación semántica. M. C. Ríos Panisse explica que o termo pardal, igual que

o de pardela, está relacionado con pardo, pola cor escura que presentan estas especies nas partes

dorsais (7B). F. Bernis Madrazo comenta que o termo gorrión ten unha clara orixe onomatopeica

264

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!