19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Pontevedra e tornielo na de Ourense (11B). M. C. Ríos Panisse rexistrou estorniño, a voz que parece

estar máis estendida, en Sada; J. L. Couceiro López, en Feás; M. R. Martínez Martínez, en Curtis; F.

Vecino Tomás, en Razo; R. Seco Fernández, en Santa Comba; F. Varela González, en Santaia; C.

García González, en Compostela; J. López Fernández, en Novefontes; R. Fraga García, en Melide; M. C.

López Taboada, en Sobrado dos Monxes; M. J. Pérez Froiz, en Sta. María de Oirós; M. C. Enríquez

Salido, no Grove; A. Pérez Cid, en Marín; S. Cortiña Vázquez, en Friol; E. Rodríguez Gandoi, en Guntín;

M. D. García Rojo, en Monterroso; J. A. Palacio Sánchez, en Ferreira de Pantón; M. P. Paz González, en

Xunqueira de Ambía; M. Taboada Cid, en Verín (3C). M. Taboada Cid tamén rexistrou en Verín torniño

(3C). C. García González rexistrou a variante destorniño en Compostela (3C). F. Fernández Rei

rexistrou outra variante, estornino, en Cariño; tamén J. M. Dobarro Paz, en Cabalar (3C). M. Prado

Fernández rexistrou tornino en Ferreira de Valadouro (3C). M. J. Morandeira Lores rexistrou estornillo

en Laxe; I. Leis Casanova, en Sta. Eulalia de Dumbría; M. C. Alonso Pérez, en Escarabote; C. García

González, en Compostela; M. R. Álvarez Blanco, en Ramirás; M. Díaz Carnero, en Castro Caldelas; M.

Taboada Cid, tamén en Verín (3C). M. J. Pérez Alonso rexistrou a variante tornillo en Goián; M.

Taboada Cid, en Verín e na Mezquita; M. E. Vázquez Santamaría, na Gudiña; M. C. Gil Suárez, en

Vilardevós (3C). G. Baamonde Traveso rexistrou saturnino en Cedofeita (3C). M. González González

rexistrou turnino no Incio (3C). A. Villarino Gómez (9A) recolleu tornillo, estornillo, estorno,

saturnino e saturniño para esta especie nas terras da Limia. (Na Limia tamén se lle chama

estorniño, testemuño persoal). C. Pedreira López et al. rexistraron os nomes de estorniño e

estornillo para Sturnus unicolor no concello de Ames, na provincia da Coruña (9B). J. Rodríguez Cruz,

estournillo en Hermisende (13B). F. Bernis Madrazo cita o portugués Fernandes Ferreira (1616), que

emprega xa a denominación estorninho (11B).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen identificadas coa voz castelá estornino as voces galegas xenéricas

estorniño e tornillo, identificada tamén co sinónimo estornillo (que non ten entrada propia). No

Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da

editorial Akal, aparece a voz xenérica estorniño identificada coa castelá estornino. O Dicionário da

língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, inclúe as entradas tornillo (unha

acepción para se referir aos paxaros), estorniño e chirlo-mirlo (que nunha das súas acepcións remite

a estorniño); nas entradas tornillo e estorniño especifica a denominación estorniño negro para

Sturnus unicolor. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P.

Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle os sinónimos xenéricos para Sturnus sp apuntados na

especie anterior. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a

entrada estorniño (como galega e preferente), que define como "paxaro cantor da familia dos

estúrnidos (Sturnus vulgaris) de cor negra brillante, peteiro amarelo e rabo curto" e dá os sinónimos

chirlo e chirlomirlo; chirlo (como galega e preferente), que nunha das acepcións define e identifica con

S. unicolor e cos sinónimos chirlomirlo e estorniño; chirlomirlo (como galega e preferente), que nunha

das acepcións define e identifica con S. unicolor e cos sinónimos chirlo e estorniño; estornelo (como

galega, mais non preferente), que remite a estorniño; tornino (como galega non preferente), que

remite a estorniño; tornillo (como galega non preferente), que remite a estorniño; rexeita a voz

estornillo, que non considera galega, e remite a estorniño.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Na literatura galego-portuguesa medieval de finais

do século XII, xa aparece a voz estorninho nunha cantiga de Airas Nunes: "… ay, estorninho do

avelanedo / cantades vos e moiro eu e peno" (19G).

A voz estorniño xa aparece tamén recollida na nosa literatura no ano 1859, por Juan Manuel

Pintos: "Que doce rulea a rula! Pombiñas sura sura! Chías, arcea, estorniños...". Ou por Ramón

Cabanillas, en Vento mareiro (1915): "... e os bruxos estorniños, enloitados, raian nas néboas

brancas...".

A voz chilromelro tamén aparece en cantigas populares de tradición oral, como a seguinte:

"Cando canta o chilromelro / no alto do Padornelo / o corenta e nove de agosto / veu a primavera

cedo."

● Etimoloxía / motivación semántica. Estorniño provén do latín sturnus; todas as outras voces

similares son variantes desta, agás chirlo-mirlo e similares, que probabelmente son onomatopeicas.

Tamén parece haber un compoñente onomatopeico en todas as denominacións xenéricas relacionadas

con estorniño, pois son semellantes todas elas ao palrar do paxaro. En estornillo puido haber un

cruzamento popular coa palabra castelá tornillo, por paronomasia, quere dicir, cun termo foneticamente

similar aínda que con contido semántico totalmente diferente (do mesmo modo que en píllara/píldora

ou gladíolo/gladiólogo/radiólogo; véxase Pluvialis apricaria). Os modificadores específicos negro e

preto aluden á cor da súa plumaxe.

263

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!