19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

coñecen nomes específicos, non sendo os xenéricos apuntados en Corvus corone.

● Dicionarios consultados. Non se recollen nomes específicos para C. cornix (como apuntamos,

é unha ave de recente distinción como especie e de presenza excepcional na Galiza), só os xenéricos

indicados en Corvus corone.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase Corvus monedula e Corvus corax a respecto

dalgunhas voces xenéricas empregadas na nosa literatura.

● Etimoloxía / motivación semántica. En relación con corvo e corvelo, véxase C. corone.

Cincento alude á característica cor da plumaxe desta especie.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Sobre a escolla de

corvelo como nome xenérico corvelo, véxase C. corone.

Familia Sturnidae

estorniño pinto Sturnus vulgaris

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Estorniño pinto foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén

en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse nas

guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A) e tense recollido ou utilizado

tamén noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 11B). Na bibliografía

ornitolóxica, o nome portugués é estorninho-malhado (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Unha chea de denominacións xenéricas populares, aplicábeis tamén a esta

especie, coméntanse en Sturnus unicolor.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Sturnus

unicolor. O Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, inclúe

as entradas xenéricas tornillo (nunha acepción), estorniño e chirlo-mirlo (nunha das súas acepcións

remite a estorniño); na entrada tornillo especifica a denominación estorniño pinto para Sturnus

vulgaris. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente

(1997), da editorial Galaxia, recolle, alén de estorniño, chirlo, chirlomerlo, saturniño e torniño

como sinónimos xenéricos para Sturnus sp. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de

varios autores, aparece a entrada estorniño (como galega e preferente), que define como "paxaro

cantor da familia dos estúrnidos (Sturnus vulgaris) de cor negra brillante, peteiro amarelo e rabo curto"

e dá os sinónimos chirlo e chirlomiro; chirlo (como galega e preferente), que nunha das acepcións

define e identifica con Sturnus unicolor e cos sinónimos chirlomirlo e estorniño; chirlomirlo (como

galega e preferente), que nunha das acepcións define e identifica con Sturnus unicolor e cos sinónimos

chirlo e estorniño; estornelo (como galega non preferente), que remite a estorniño; tornino (como

galega non preferente), que remite a estorniño; tornillo (como galega non preferente), que remite a

estorniño; rexeita a voz estornillo, que non considera galega, e remite a estorniño.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre estorniño, véxase S. unicolor.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto das denominacións xenéricas, véxase Sturnus

unicolor. Os modificadores pinto e malhado aluden ás características pintas da súa plumaxe.

estorniño negro Sturnus unicolor

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Estorniño negro foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén

en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse nas

guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de

Galicia (7A) e tense recollido ou utilizado tamén noutras publicacións ornitolóxicas (6A, 8A, 10A, 12A,

13A, 14A, 15A, 18A e 11B). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é estorninho-preto (2A,

10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Son moitas as denominacións populares xenéricas e as variantes aplicábeis

ao xénero Sturnus. Na primeira guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A) e no Atlas

de vertebrados de Galicia (7A) recóllense as denominacións estornillo (1A, 7A), saturniño (1A, 7A),

tornillo (1A, 7A), chirlo (1A, 7A), destorniño (7A) e chirlomirlo (1A, 7A). F. Bernis Madrazo

rexistrou estorniño, esturnino e estornido na provincia de Lugo, tornillo nas provincias de Lugo e

262

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!