19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

localidades costeiras, para o xénero Phalacrocorax. F. Bernis Madrazo rexistrou así mesmo corvo en

moitas localidades de Lugo, Pontevedra e Ourense para se referir a esta especie, e cita a Ríos Naceyro

(1850) que tamén dá este nome para C. corax na Galiza (11B). M. C. Gil Suárez rexistrou a variante

corvelo en Vilardevós (3C). A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X.

Rodríguez, corvelo tanto para C. corone como para C. corax na comarca de Verín (23B), onde ademais

existen topónimos co nome corvo (Penedo do corvo), que parecen asociar estoutro nome máis

especificamente a C. corax. G. Baamonde Traveso rexistrou a voz xenérica gurguta en Cedofeita, para

se referir a "especie de corvo" (3C).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece a voz galega corvo identificada coa castelá cuervo. No Diccionario de usos

castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, aparece a

voz galega corvo identificada coa castelá cuervo e tamén a voz gralla identificada coa castelá cuerva.

O Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, trae a entrada

corvo, nunha das acepcións, identificada con Corvus corax; na entrada páxaro ou paxaro inclúe tamén

a subentrada páxaro-da-morte, nome que fai referencia de forma xenérica ao corvo ou a coruxa. No

Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da

editorial Galaxia, recóllense corvelo, corvo carnazal, corvo grande, corvo preán e corvo real

como denominacións para C. corax. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios

autores, aparece a entrada corvo (como galega e preferente), definida e identificada con C. corax.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Algunha das voces xenéricas téñense empregado na

nosa literatura, en particular e de modo abundante corvo. Por citarmos algún exemplo, Eduardo Pondal

utilizou este nome con frecuencia en Queixumes dos Pinos (1886): "... e tan libres coma os corvos /

do facho de Touriñán ... ". Álvaro Cunqueiro tamén emprega a voz corvo en moitas das súas obras,

como n' As crónicas do sochantre (1956): "...O esquelete voador era, según adeprendéu o sochantre,

un corvo mui amigo... ".

● Etimoloxía / motivación semántica. O nome corvo deriva do latín corvus e ten orixe

onomatopeica, está relacionado coa voz "corr" que emiten estes paxaros. A denominación paxaro da

morte é por causa das falsas crenzas e supersticións. O nome gurguta parece ter unha orixe

onomatopeica. Preán está relacionado con prea, corpo morto ou anaco de carne podre, dos que se

alimenta, aínda que o adxectivo preán non se recolle nos dicionarios. O modificador grande identifica

esta especie polo seu tamaño, pois é a maior da familia; carnazal alude a que come carne ou carnaza.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A.

corvelo Corvus corone

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Corvo común foi o primeiro nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño, en 1977, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B). En 1978,

tamén na Lista patrón de aves de Galicia, na segunda parte, os autores propuxeron o nome de corvo

viaraz no canto do anterior (5B); esta segunda denominación utilizouse nas guías de aves destes

autores (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse ou utilizouse tamén

nalgunha outra publicación (2A, 11A e 11B). Corvo pequeno foi o nome proposto en 1999 no traballo

de M. A. Conde Teira (12B); tense empregado ou recollido nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A,

10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 18A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa propuxeron tamén

a denominación de corvo común (10B). Ademais, na segunda e terceira guías de aves de Penas Patiño

e Pedreira López (5A, 22A) tamén se emprega o nome de corvo cincento para a subespecie Corvus

corone cornix. Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués para Corvus corone é gralha-preta (2A,

10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou o nome de corvo para esta especie nas terras

da Limia (9A); igualmente, o autor do presente trallabo. C. Pedreira López et al. rexistraron o nome de

corvo para Corvus corone no concello de Ames, na provincia da Coruña (9B). No Atlas de vertebrados

de Galicia tamén se recolle para a especie o nome corvo (7A). F. Bernis Madrazo rexistrou así mesmo

a voz corvo, para esta especie, en bastantes localidades de Lugo e Pontevedra, e cita a L. Iglesias

(1954), que tamén a recolle (11B). J. Rodríguez Cruz, corvo en Hermisende, de modo xenérico (13B).

M. C. Gil Suárez rexistrou a variante corvelo en Vilardevós (3C). A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X.

L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez, corvelo tanto para C. corone como para C. corax na comarca

de Verín (23B), onde ademais existen topónimos co nome corvo (Penedo do corvo), que parecen

asociar estoutro nome máis especificamente a C. corax. C. García González rexistrou o nome xenérico

de choia en Compostela; M. González González, no Incio; G. Baamonde Traveso, en Cedofeita (3C),

definíndoo como "córvido negro". E. Rivas Quintas recolle a voz chorva en Ordes, Rairiz de Veiga

(Ourense), e choíña en Nodaiga, Xunqueira de Espadanedo (Ourense), que non identifica con ningún

nome científico mais describe ambas as denominacións como chova o corneja, especie de cuervo

menor, e podería tratarse C. monedula, mais tamén de C. corone (14G). I. Leis Casanova rexistrou a

voz gralla, como xenérica, en Sta. Eulalia de Dumbría; A. Santamarina Fernández, gralle no Val do

Suarna; F. Fernández Rei, grelle en Cariño; M. González González, *graxo no Incio (3C). G.

260

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!