1kYBRBWHf
1kYBRBWHf
1kYBRBWHf
You also want an ePaper? Increase the reach of your titles
YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.
coñecido é bubela. O que fai o portugués é estabelecer unha relación metonímica e designar a crista,

unha parte moi rechamante do corpo da poupa, co nome do paxaro (como se en galego usásemos

bubela, ou poupa tamén, como nome alternativo para crista, e puidésemos dicir mergullón de bubela

ou mergullón de poupa en lugar de mergullón de crista).

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. O criterio para a

escolla do nome xenérico mergullón como estándar comentouse en Tachybaptus ruficollis. A respecto

de cabaciño, véxase tamén T. ruficollis.

mergullón cincento Podiceps grisegena

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Somorgullo cincento foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse nas primeiras guías de aves destes autores (1A e 5A) e nalgunha publicación ornitolóxica

galega (6A); tamén se recolleu noutra publicación de ámbito estatal (2A). Unha variante desta

denominación, somorgullo cinsento, utilizouse noutras publicacións (4A e 17A). Mergullón cincento

foi a denominación proposta en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); tense empregado en

publicacións galegas xa desde 1996 (12A, 13A, 15A e 16A), inclusive na terceira guía de C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño (22A); tamén se recolleu noutras publicacións de ámbito estatal (10A e

14A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son mergulhão-de-faces-brancas e

mergulhão-de-pescoço-ruivo (2A, 1D e 2D).

● Nomes populares. É unha especie de presenza esporádica na Galiza e non se lle coñecen

nomes populares, agás os xenéricos mencionados en Tachybaptus ruficollis ou Podiceps cristatus.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, e no Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M.

Gómez e P. Benavente (1997), tamén de Galaxia, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en

Tachybaptus ruficollis. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo

Blanco, e no Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparecen as

denominacións xenéricas apuntadas en Podiceps cristatus e Tachybaptus ruficollis.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase T. ruficollis.

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á significación dos nomes xenéricos

mergullón, somorgullo ou mergullo, véxase T. ruficollis. Os modificadores cincento, cinsento, defazes-brancas

ou de de-pescoço-ruivo fan todos referencia ás cores da súa plumaxe, as dúas

primeiras en xeral, no inverno, e as dúas últimas en certas partes do corpo, como o pescozo ou as

faceiras, na época de reprodución.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. O criterio para a

escolla do nome xenérico estándar comentouse en T. ruficollis.

mergullón de pescozo negro Podiceps nigricollis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Somorgullo orelleiro foi a denominación proposta por

C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e

5B); utilizouse na segunda guía de aves destes autores (5A) e noutras publicacións ornitolóxicas

galegas (4A, 6A, 11A e 17A); tamén se recolleu nalgunha publicación de ámbito estatal (2A e 18A).

Mergullón orelleiro foi a denominación utilizada na terceira guía de C. Pedreira López e X. M. Penas

Patiño (22A). Mergullón de pescozo negro foi proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde

Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado ou recollido nalgunhas publicacións

ornitolóxicas, tanto no ámbito galego como no estatal (8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na

bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son cagarraz (con máis frecuencia) e mergulhão-depescoço-preto

(2A, 4A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie máis ben rara na Galiza e non se lle coñecen nomes

populares, non sendo os xenéricos de Tachybaptus ruficollis e talvez algunha denominación específica

tamén de T. ruficollis (especie coa que se podería confundir no inverno, se non se coñecesen ben as

diferenzas).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, e no Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M.

Gómez e P. Benavente (1997), tamén de Galaxia, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en

Tachybaptus ruficollis. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo

Blanco, e no Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparecen as entradas

26