19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

choia, choa, *cornella, *cornexa e gralla; e coa voz castelá graja, gralla. O Dicionário da língua

galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, trae as entradas: choia, nunha das

súas acepcións, definida como ave semellante ao corvo, e especifica a subentrada choia

biquivermella para Pyrrhocorax pyrrhocorax; corvacho, que nunha das acepcións define como

"páxaros da família dos córvidas, como a gralla-de-bico-vermello"; pero despois a entrada gralla

nunha das acepcións só a define de maneira xenérica como paxaros semellantes ao corvo, de menor

tamaño (noutra acepción identifícaa con Corvus frugilegus e noutra con Merops apiaster); tamén trae a

entrada *graxo, que identifica con C. frugilegus e define de maneira inespecífica como grallo, ave

córvida; grallo, que nunha das acepcións define como macho da gralla (noutras, como xénero de aves

de rapina, como M. apiaster e como aves mariñas do xénero Phalacrocorax); e *cornella, que define

de forma xenérica, dando como sinónimos choia e gralla. O Diccionario de sinónimos da lingua galega

de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle choia biquivermella,

cornella, gaio e gralla como sinónimos específicos para P. pyrrhocorax. No Gran Diccionario Xerais da

Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a entrada choia (como galega e preferente), nunha

das acepcións definida como ave semellante ao corvo e coa subentrada choia biquivermella, nome

identificado con P. pyrrhocorax; rexeita a voz cornexa, que non considera galega, e remite a choia.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Eduardo Pondal utilizou gralla en Queixumes dos

Pinos (1886): "... e tan sós que o seu silencio / solo o soen perturbar / algún corvo, ou vaga gralla... ".

A voz choia tense empregado na nosa literatura popular (véxase Corvus monedula).

● Etimoloxía / motivación semántica. Choia deriva do francés antigo e do valón choe (segundo

o Diccionario Crítico Etimológico Castellano e Hispánico de J. Corominas e J. A. Pascual, que citan as

denominacións documentadas de choa, choya e chova, a última ademais é o nome xenérico castelán

actual). Gralla e grallo derivan do latín graculus. A respecto da etimoloxía de cornella, véxase Corvus

corone. O modificador de bico vermello ou biquivermella alude á rechamante cor vermella do seu

bico.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa explican no ano 1991 que gralla e choia son dous nomes xenéricos populares

aplicábeis tanto a Corvus monedula como ás dúas especies de Pyrrhocorax (10B). A partir de aquí,

tentando achegarse na medida do posíbel ao portugués, formularon un sistema de nomenclatura para

as dúas especies do xénero Pyrrhocorax: gralla (ou gralla de bico vermello) para Pyrrhocorax

pyrrhocorax e gralla de bico amarelo para Pyrrhocorax graculus, que non está presente na nosa

xeografía mais si en rexións veciñas. Na nosa opinión, esta sería a mellor proposta. (Véxase esta

mesma alínea en Corvus monedula.)

*Graxo é un castelanismo, por influxo da voz castelá grajo ou graja. O correcto e propio do en

galego, de acordo coas leis da evolución fonética, é grallo e gralla.

gralla calva Corvus frugilegus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Non se recollen en galego. Na bibliografía ornitolóxica,

o nome portugués é gralha-calva (1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie que se tiña rexistrado na primeira metade do século XX e

hoxe é de ocorrencia excepcional nas terras galegas: non se lle coñecen nomes específicos, non sendo

os xenéricos.

● Dicionarios consultados. Non se recollen nomes específicos para Corvus frugilegus (como

apuntamos, é unha especie e de presenza moi rara na Galiza).

● Etimoloxía / motivación semántica. En relación con gralla, véxase P. pyrrhocorax; Corvus

corone. Calva alude a que a partir do primeiro ano teñen unha área de pel núa na face.

corvo Corvus corax

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Corvo carnazal foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse

ou utilizouse tamén noutras publicacións (2A, 6A e 11A). Corvo grande foi o nome proposto en 1991 e

1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense recollido ou

empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A e 18A). Na

bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é corvo (2A, 10A, 1D, 2D e 3D) ou corvo-comum (2D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou o nome de corvo para esta especie nas terras

da Limia (9A). Penas Patiño e Pedreira López apuntan corvo preán, tamén recollido no Atlas de

vertebrados de Galicia (1A e 7A). A denominación xenérica corvo é moi popular e está moi estendida

por toda Galiza para se referir xenericamente ás especies desta familia (3C) e tamén, nalgunhas

259

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!