19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

"Cando as choias van para Meira, pon a túa sella na goteira".

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a etimoloxía dos nomes xenéricos choia, gralla e

grallo, véxase P. pyrrhocorax; sobre a etimoloxía de corvo, Corvus corone. O modificador específico

pequena alude ao seu tamaño; de-nuca-cinzenta á característica plumaxe gris da caluga;

cereixeira, pode aludir á alimentación (é omnívora) .

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa explican que gralla e choia son dous nomes xenéricos populares aplicábeis tanto a

Corvus monedula como ás dúas especies de Pyrrhocorax (10B). M. A. Conde Teira comenta que a

denominación de corvo cereixeiro, rexistrada por X. M. Penas Patiño en Cartella (Ourense), pode

estar relacionada con algunhas denominacións referidas a Oriolus oriolus; por outra banda, gralla

pequena define mellor os trazos da ave que o nome gralla cereixeira (12B).

O modificador pequena ten o seu sentido se se designar a especie Corvus frugilegus, que non

está presenta na nosa xeografía mais si en zonas veciñas, como nome de gralla grande, visibelmente

de maior tamaño que Corvus monedula, formando así un sistema de nomenclatura. Porén, este mesmo

nome, gralla pequena para Corvus monedula, deixa de ter tanto sentido se mantiver a denominación

gralla (ou gralla de bico vermello) para Pyrrhocorax pyrrhocorax e gralla de bico amarelo para

Pyrrhocorax graculus, porque xa non é tan visíbel a diferenza de tamaño entre Corvus monedula e os

córvidos do xénero Pyrrhocorax.

Na nosa opinión, para o ámbito da ornitoloxía especializada, que procura denominacións ben

caracterizadoras, inconfundíbeis e mnemotecnicamente eficaces, o mellor sería utilizarmos o nome de

choia para Corvus monedula (aínda que despois, noutros ámbitos, alén de choia, a esta mesma

especie tamén se lle chame choíña, grallo, gralla ou corvo). Para Corvus frugilegus pode adoptarse

perfectamente a denominación gralla calva do portugués, que alude á súa característica máis

rechamante: que non ten plumas en toda a cara, ten unha parte pelada e de cor abrancazada.

Ademais, gralla calva tamén está recollido no Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia,

X. M. Gómez e P. Benavente (1997) como nome galego de Corvus frugilegus (non se achou en

ningunha outra fonte lexicográfica galega). Así o sistema de nomeclatura sería: gralla de bico

vermello para Pyrrhocorax pyrrhocorax, gralla de bico amarelo para Pyrrhocorax graculus, choia

para Corvus monedula e gralla calva para Corvus frugilegus. É ben caracterizador das especies, é bo

de lembrar e mantén moita harmonía co portugués.

gralla de bico vermello Pyrrhocorax pyrrhocorax

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Choia biquivermella foi o nome por C. Pedreira López

e X. M. Penas Patiño en 1977-1978 naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B; daquela,escrito

con “b”); utilizouse nas dúas guías de de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e

22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse ou utilizouse noutras publicacións

ornitolóxicas (2A, 6A, 10A, 11A, 12A, 14A, 15A, 16A e 18A. Choia –sen modificador– foi a

denominación proposta en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B). Utilizouse nalgunha publicación

ornitolóxica (13A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal propuxeron as denominacións de gralla de

bico vermello e choia (10B). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é gralha-de-bicovermelho

(2A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. C. García González rexistrou o nome xenérico de choia en Compostela; M.

González González, no Incio; G. Baamonde Traveso, en Cedofeita, definíndoo como "córvido negro"

(3C). F. Bernis Madrazo rexistrou choya [choia] na provincia de Lugo e cita a Ríos Naceyro (1850),

que dá choya [choia] como vernáculo galego para o xénero Pyrrhocorax e outros córvidos de tamaño

medio (11B). M. A. Conde Teira cita as denominacións xenéricas de gralla, choia e chaiva recollidas

por Xurxo Mouriño para o xénero Pyrrhocorax (12B). I. Leis Casanova rexistrou a voz gralla, como

xenérica, en Sta. Eulalia de Dumbría; A. Santamarina Fernández, gralle no Val do Suarna; F.

Fernández Rei, grelle en Cariño; M. González González, *graxo no Incio (3C). A SGHN apunta tamén

o nome de gralla para esta especie no Atlas de vertebrados de Galicia (7A). A. Reboreda, C. Álvarez,

E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez, corvela do lobo para P. pyrrhocorax na comarca

de Verín (23B). G. Baamonde Traveso rexistrou a voz xenérica gurguta en Cedofeita, para se referir a

"especie de corvo" (3C).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, identifícase a voz galega choia coas castelás corneja e grajo, e dá tamén como

galega *cornella, que define como grajo, pájaro estúrnido. No Diccionario de usos castelán-galego de

X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen identificadas coa voz

castelá chova, na acepción corneja, as voces galegas *cornexa, choia e choa; coa voz castelá grajo

as galegas choia, gaio (que é unha denominación propia de Garrulus glandarius), vichelocrego, ouriol

(que son dúas denominacións propias de Oriolus oriolus), grallo e graxe; coa voz castelá corneja,

258

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!