19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

carrachenta, pega rabilonga e pega rabuda; así mesmo recolle pego, nunha das acepcións, como

macho da pega; na entrada paxaro inclúe a subentrada paxaro das calazas, que fai referencia

especificamente a P. pica; na entrada rabilongo -a, inclúe a subentrada pega rabilonga, que fai

referencia a P. pica.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Pega é unha voz xa presente na lingua galega

medieval (19G): "Iten petos et pegas et agoanetas a quatro coroadas... ".

Por outro lado, é un vocábulo que se ten empregado con moita frecuencia nas nosas letras

desde o século XIX. Por pormos algún exemplo, Álvaro Cunqueiro en Xente de aquí e de acolá (1971):

"...a pega falou: –Istes non che son tempos, Penediño... ". Ou Celso Emilio Ferreiro: "... meu

rumoroso val dos pitorreises, / das calandrias, das pegas, das papuxas, / polo serán enriba / nun

solpor de lonxanos horizontes".

● Etimoloxía / motivación semántica. Pega deriva do latín pica. Os modificadores rabuda,

rabilonga e similares aluden ao rabo longo que ten; porca, carniceira, sapeira, raposeira e

similares fan referencia aos seus hábitos predatorios e a que come carne de preas; tamén picacrega e

picaza, onde aparece a raíz picar; ademais crega podería ter relación tamén con crego, pola cor

branca e negra da súa plumaxe (o nome crego aplícaselle á lavandeira branca, Motacilla alba, que

tamén ten a plumaxe branca e negra). O modificador das calazas talvez sexa porque recolle anacos de

tea ou farrapos para construír o niño. Marica parece máis ben o nome apocorístico de María,

empregado de forma humorística para chamar a este paxaro. Poupa é unha denominación propia de

Upupa epops, que talvez de maneira popular tamén se use para P. pica. Non se achou unha explicación

clara para pega preá; talvez estea relacionado con prea, corpo morto ou anaco de carne podre, dos

que se alimenta, aínda que o adxectivo preán / preá (ou preao / preá) non se recolle nos dicionarios.

choia Corvus monedula

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Corvo cereixeiro foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

na primeira guía de aves destes autores (1A) e recolleuse no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

nalgunha outra publicación (2A e 11B). Nas seguintes guías de Penas Patiño e Pedreira López (5A e

22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e nalgunha outra publicación utilizouse gralla cereixera

(11A). Gralla pequena foi a denominación proposta en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde

Teira e de T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense recollido ou empregado nalgunhas publicacións

ornitolóxicas (8A, 10A, 18A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués

é gralha-de-nuca-cinzenta (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. F. Bernis Madrazo rexistrou as voces xenéricas choya (choia), na provincia

de Pontevedra, e cholla, en dúas localidades da provincia de Lugo e na provincia de Pontevedra, para

se referir a esta especie (11B). E. Rivas Quintas recolle a voz chorva en Ordes, Rairiz de Veiga

(Ourense), e choíña en Nodaiga, Xunqueira de Espadanedo (Ourense), que non identifica con ningún

nome científico mais describe ambas as denominacións como chova o corneja, especie de cuervo

menor, e podería tratarse de C. corone ou C. monedula (14G). Outros nomes xenéricos tamén

aplicábeis a Corvus monedula (referidos nomeadamente a choia ou gralla) están apuntados en P.

pyrrhocorax.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, identifícase a voz galega choia coas castelás corneja e grajo. No Diccionario de usos

castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen

as voces máis ou menos xenéricas apuntadas en Pyrrhocorax pyrrhocorax. No Dicionário da língua

galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparecen as entradas: corvacho, defina

nunha das acepcións como corvo pequeno; choia, gralla, grallo e graxo, apuntadas en P.

pyrrhocorax; corvo, apuntada en Corvus corax e *cornella, que nunha das acepcións define "páxaro

conirrostro da família doa córvidas, parecido aos corvos ainda que mais pequenos", e dá como

sinónimos choia e gralla (en ningunha delas aparece especificada Corvus monedula). No Diccionario de

sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia,

recóllense corvo cereixeiro, corvo pequeno, gralla cereixeira e gralla pequena como

denominacións para C. monedula. O Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios

autores, non trae entradas ou denominacións específicas para C. monedula, mais poderíanse considerar

as seguintes xenéricas: corvo (como galega e preferente), coa que se refire a C. corax; gralla (como

galega e preferente), coa que se refire a C. frugilegus; e grallo (como galega, mais non preferente),

que remite a gralla; rexeita a voz graxo, que non considera galega, e remite a gralla; tamén rexeita a

voz cornexa, que non considera galega, e remite a choia.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Algúns ditos testemuñan a popularidade da voz

choia:

"Corvos, pegas e choias, deu o demo estas tres xoias".

257

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!