19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

● Etimoloxía / motivación semántica. Pega deriva do latín pica. Os modificadores rebuldá,

rebordá e similares están relacionados con rebuldar e rebuldaina, polo bulicioso que é este paxaro,

que a miúdo emite o seu característico creic; da montaña e da fraga fan referencia ao seu hábitat;

real pode ser por causa das súas vistosas cores: ten plumas azuis, brancas, negras, pardas, rubias e

rosadas. A plumaxe multicores tamén podería ser a explicación de marxa e similares, na acepción de

marxa como mancha, pinta ou lentixa de cor contrastada. Gaio, gaia e similares proveñen

orixinariamente do latín serodio gaius (no catalán, esta especie recibe o nome gaig, que ten a mesma

orixe). No entanto, A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez

comentan que garrabaio podería estar relacionado co latín garrulus, e que garrabaio puido ser a

orixe de gaio (23B).

pega Pica pica

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pega rabilonga foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse

nalgunha publicación (18A). Pega, ou pega común, foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos

de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense recollido ou empregado nalgunhas

publicacións ornitolóxicas (6A, 8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A e 15A). Na bibliografía ornitolóxica, o

nome portugués para esta especie é pega ou pega-rabuda (2A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Son moitos os nomes populares que recibe esta especie na Galiza. Na

primeira guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A) e no Atlas de vertebrados de

Galicia (7A) tamén se apuntan as denominacións populares xenéricas de pega (7A), pega francesa

(7A), pega rabuda (1A), pega *preán (preá) (1A, 7A), marica (1A, 7A), paxaro das calazas (1A),

pega sapeira (1A), pega carniceira (1A), pega carrachenta (1A), pega porca (1A, 7A), pega

*rabilán (rabilá) (1A), rabilán (7A), pega raposeira (1A) e picacrega (1A). A voz pega é a mais

estendida no territorio, está rexistrada en moitas localidades (3C). J. Rodríguez recolle tamén pega en

Hermisende, Zamora (13B). F. Bernis Madrazo rexistrou para esta especie pega carniceira, pega

carniza e pega carrachenta na provincia de Lugo (11B). J. Vilariño Seco rexistrou pega porca en S.

Braulio de Caaveiro; J. M. Dobarro Paz, a mesma denominación en Cabalar (3C). M. C. López Taboada

rexistrou pega rabilonga en Sobrado dos Monxes; J. López Fernández, en Novefontes; M. A. Fraiz

Barreiro, en Codeseda; M. J. Pérez Froiz, en Santa María de Oirós (3C). X. Pena Seijas rexistrou para

esta especie pigarexa en Guitiriz; M. J. Pérez Alonso, picaraza en Goián; F. Vecino Tomás, reposeira

en Razo (3C). C. Pedreira López et al. rexistraron os nomes de pega, pega brava, pega rabuda,

pega rabilonga e pega de rabo longo (con e sen gheada) no concello de Ames, na provincia da

Coruña (9B). F. Bernis Madrazo cita o portuguñes Fernandes Ferreira (1616), que utilizou o termo pega

(11B).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as entradas: poupa, nunha acepción identificada con abubilla e noutra con

urraca; picaza, nunha das acepcións, identificada con urraca e remite a pega; picacrega, identificada

con urraca e remite a pega; pega, que define e identifica con urraca, e inclúe as subentradas pega

*rabilán (rabilá), pega *rabilongo (rabilonga), pega merta, pega marza, pega reborda, pega

rebolda, pega rebuldón (que non quedan identificados, os non marcardos en negriña poderían referirse

a Garrulus glandarius) e dá os sinónimos marica e pega rabuda; marica, que identifica con urraca ou

picaza e con pega. O Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, identifica a voz castelá urraca coas galegas marica, pega, poupa

(aínda que esta denominación está recollida tamén no mesmo diccionario para Upupa epops) e pica, e

indica para urraca común as denominacións pega rabilonga, picacrega, rebordá e pega

manchada. O Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, trae

as entradas: pega, que define e identifica con Pica pica, e cos sinónimos pega-rabilonga, pegacarniceira,

pega-carrachenta, pega-*rabilán (pega-rabilá), pega-rabuda, pega-raposeira,

pega-porca, pega-*preán (pega-preá) e pega-sapeira; marica, que nunha das acepcións

identifica con P. pica; tamén trae a entrada pego, que define, nunha das acepcións, como macho da

pega; na entrada páxaro ou paxaro inclúe tamén a subentrada páxaro-das-calazas, denominación

con que se refire a P. pica. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P.

Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle marica, paxaro das calazas, pega carniceira, pega

carracheira, pega carrachenta, pega, pega común, pega lagarteira, pega porca, pega *preán,

pega *rabilán, pega rabilá, pega rabilonga, pega rabuda, pega raposeira, pega real, pega

sapeira, picacrega, picaza, picaraza, pigarexa e rabilonga como sinónimos específicos para P.

pica. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a entrada pega,

que define e identifica con P. pica, e coas subentradas pega carniceira, pega carnizá, pega

256

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!