19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

especie. Na primeira guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A) e no Atlas de

vertebrados de Galicia (7A) apúntanse as denominacións de gaio (1A, 7A), pega rebordá (1A, 7A),

pega da fraga (1A), pega do país (1A), pega marcha (1A), pega real (1A), pega da montaña

(1A), pega gaia (1A), pega rebuldana (7A) e pega reboldana (1A). F. Bernis Madrazo recolle tamén

o nome de pega rebordá, e ademais os de pega reboldá e regordá, todos eles na provincia de Lugo

(11B). C. García González recolle tamén moitas variantes da denominación pega rebordá: pega

rebordán, pega reboldá, pega rebuldán, pega rebuldana, pega reburdá e pega retordá (3C).

M. Prado Fernández rexistrou para esta especie pega carniceira en Ferreira de Valadouro (3C). M. R.

Martínez Martínez rexistrou pega carnizá en Curtis; X. Pena Seijas, en Guitiriz; E. Rodríguez Gandoi,

en Guntín; S. Cortiña Vázquez, en Friol; M. I. Vázquez Fernández, en Pereiramá (3C). F. Fernández Rei

rexistrou para esta especie pega da fraga en Cariño (3C). M. R. Martínez Metínez rexistrou pega

marza tamén en Curtis; R. Seco Fernández, en Santa Comba; M. J. Pérez Froiz, en Santa María de

Oirós (3C). E. Rodríguez Gandoi rexistrou a variante pega marxa en Guntín (3C). M. C. López Taboada

rexistrou a variante pega marcha en Sobrado dos Monxes e J. A. Palacio Sánchez en Ferreira de

Pantón (3C). F. Varela González rexistrou marza en Santaia; R. Fraga García, marcha en Melide (3C).

C. Pedreira López et al. rexistraron os nomes de pega mansa, pega marsa, pega marza e pega

marxa (con e sen gheada) no concello de Ames, na provincia da Coruña (9B). J. Rodríguez recolle

tamén para esta especie pigarra, en Hermisende (13B). A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L.

Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez recollen garrabaio na comarca de Verín (23B). A voz gaio tamén

está moi estendida por todo o territorio galego. M. Taboada Cid recolleuna en Verín; A. Sánchez

Sánchez, en Montederramo; M. P. Paz González, en Xunqueira de Ambía; M. R. Álvarez Blanco, en

Ramirás; J. A. Palacio Sánchez, en Ferreira de Pantón; M. D. García Rojo, en Monterroso; M. González

González, no Incio; A. Santamarina Fernández, no Val do Suarna; M. I. González Fernández, no Val de

Burón; E. Rodríguez Gandoi, en Guntín; G. Baamonde Traveso, en Cedofeita; M. J. Pérez Alonso, en

Goián; M. J. Pérez Froiz, en Sta. María de Oirós (3C). A. Villarino Gómez tamén recolleu a denominación

de gaio nas terras da Limia (9A); igualmente, o autor do presente traballo. I. Leis Casanova rexistrou a

variante gaia en Sta. Eulalia de Dumbría (3C).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as entradas: pega, definida e identificada como urraca, coas subentradas

pega marza, pega reboldá, pega rebordá, pega rebuldón (malia non estaren identificados, estes

nomes poderían estar referidos a esta especie); pigarro, nunha das acepcións referida a esta especie;

gaio, nunha nas acepcións identificado con esta especie e noutra co vichelocrego ou ouriol; rebordá,

que identifica con arrendajo e cos sinónimos reboldá (que non ten entrada propia, só está incluída

como pega reboldá) e roldán (que tampouco ten entrada propia); rendaxo, que identifica con

arrendajo. O Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo

(1984), da editorial Akal, dá para a voz castelá arrendajo as galegas rendaxo, roldán, gaio,

vichelocrego (aínda que esta denominación é propia de Oriolus oriolus), ouriol (aínda que esta

denominación é propia de O. oriolus), reboldá e pega rebordá. No Dicionário da língua galega de I.

Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparecen as entradas gaio, que identifica con

Garrulus glandarius e define como "páxaro conirrostro da família dos córvidas, de plumaxe parda clara

con riscas de azul e de negro erécteis na cabeza, que se alimenta de belotas e dos ovos doutras aves

cuxa voz imita, e ao que se pode ensinar a falar"; e a subentrada pega-marza na entrada pega, cos

sinónimos pega-da-montaña, pega-da-fraga, pega-do-país, pega-gaia, pega-marcha, pegareal,

pega-reboldana e pega-reboldá, todos eles para se referir a G. glandarius. O Diccionario de

sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia,

recolle, alén de gaio, gaia, galo cresto, pega carniceira, pega carnizá, pega da fraga, pega da

montaña, pega do país, pega gaia, pega marceña, pega marza, pega marxa, pega meiga,

pega real, pega rebordá, pega rebuldá, pega retordá e pega romana como sinónimos específicos

para G. glandarius. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, recóllense

para esta especie as denominacións gaia, gaiolo –esta tanto para se referir a O. oriolus como a G.

glandarius– (as dúas voces galegas, mais non preferentes), rebordá, marxa, marza e gaio (estas

catro como galegas e preferentes), con definición; pega gaia, pega da fraga, pega da montaña,

pega rebordá (as catro como voces galegas, mais como sinónimos, sen entrada propia) e pega

marza (como subentrada dentro da entrada pega), no que volve mencionar os sinónimos pega gaia,

pega rebordá, pega da montaña, pega da fraga e engade pega marxa; rexeita a voz rendaxo, que non

considera galega, e remite a gaio.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. X. L. Franco Grande cita no seu dicionario uns

versos populares que aluden a esta especie: "Unha pega rebordá / puxo un ovo na ventá / puxo dous

e rebordou / puxo tres e non parou".

Canto á literatura e autor, gaio é unha voz recollida con frecuencia nas nosas letras. Marcial

Valladares, por exemplo, xa o empregaba en Poemas (1879): "E cantan a rula e o gaio, / Dende Maio,

/ Facendo alí seus niñiños...". Tamén Manuel Lois Vázquez, en Brisas gallegas. Versos (1890): "...

levaos para facer o niño un gaio...". Ou Fuco G. Gómez, n' O idioma dos animás (1937): "Chega o gaio

cabo da rula, olla para ila e, denantes...".

255

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!