19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Madrazo rexistrou a voz xenérica picanzo no oeste da provincia de Zamora (11B). M. Taboada Cid

rexistrou as denominacións picanza pedreira e pincanza pegal na Mezquita, que, malia non seren

identificadas, poderíanse estar a referir a estas especies (3C). A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L.

Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez, cazcarrollo na comarca de Verín (23B).

● Dicionarios consultados. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada xenérica picanzo (especifícase a denominación de picanzoreal

para L. excubitor).

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego de pigarzo, voz que talvez

estea referida a estas especies, véxase Lanius collurio.

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, picanzo está relacionado dalgunha

maneira con picar; talvez faga referencia aos seus hábitos predatorios ou talvez ao seu bico groso e

curvado, como indica tamén pico gordo. Cascorro podería estar relacionado con cascar, romper,

quebrar, e aludir tamén aos seus hábitos pedratorios. O modificador bravo indica a súa condición

salvaxe; gordo, o seu tamaño en comparación con outras especies do xénero. Os modificadores real e

rei aluden probabelmente ao seu tamaño e a súa vistosidade. Pega, pego e o adxectivo pegal son

por causa dun certo parecido coa pega (Pica pica) no bico e no rabo longo. Pega rebordá é unha

denominación propia de Garrulus glandarius, que ás veces se usa tamén para as especies do xénero

Lanius. Non se encontrou unha explicación lóxica para pedreira, relacionado con pedra.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Despois da

diferenciación como especies entre L. excubitor e L. meridionalis, talvez habería que concretar se o

nome máis acaído para L. meridionalis é picanzo real meridional ou picanzo meridional, tendo en

conta que a denominación de L. excubitor. Como xa se comentou na especie anterior, aínda que un

nome con dous modificadores pode parecer un pouco longo, é ben interesante mantermos a base

común, picanzo real, tanto para L. excubitor como para L. meridionalis, pois así o nome reflicte que

son dúas especies moi próximas filoxeneticamente. Se cadra o máis interesante para a nomenclatura é

mantermos para esta especie, que a máis común e cría nas nosas latitudes, o nome de picanzo real,

sen ningún outro modificador, e para L. excubitor, case idéntica, xa comentada, que pode presentarse

na xeografía galega no inverno, picanzo real norteño (é dicir, a formulación máis curta para a

especie máis común, L. meridionalis, á que se fai referencia con máis frecuencia).

Pega rebordá é unha denominación propia de Garrulus glandarius, que ás veces se usa tamén

para as especies do xénero Lanius.

picanzo isabel Lanius isabellinus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. É unha ave de presenza extremadamente rara na

Galiza e só se atopou un nome galego para esta especie, picanzo isabel, en dúas publicacións (22A e

5B). É tamén o nome portugués: picanço-isabel (1D).

● Nomes populares. É unha especie moi rara, accidental nas nosas terras, e non se lle coñecen

nomes populares non sendo os xenéricos.

● Etimoloxía / motivación semántica. Para picanzo, véxase Lanius minor. O modificador

específico isabel é o nome dunha cor, tirado do nome científico, e fai referencia á súa plumaxe: pálida

entre amarela e gris.

Familia Corvidae

gaio Garrulus glandarius

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pega marza foi a denominación proposta por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

recolleuse noutras publicacións (2A, 18A e 11B). Gaio foi o nome proposto nos traballos de M. A.

Conde Teira e de T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado –gaio ou gaio común–

nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A, 14A e 11B, na última escrito como “gayo”).

Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é gaio ou gaio-comum (2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Son moitos e variados os nomes populares galegos que designan esta

254

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!