19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

específicos cabecirrubio, de-barrete e similares aluden á cor da plumaxe da cabeza, rubia e

rechamante. Pega rebordá é unha denominación propia de Garrulus glandarius, que ás veces úsase

tamén para as especies do xénero Lanius (e tamén o modificador rebordá ).

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira

comenta que a denominación de picanzo cabecirrubio define mellor os trazos da especie que

picanzo encapuchado (12B). M. A. Conde Teira, tamén comenta que rebordá e un adxectivo

característico nas denominacións populares de Garrulus glandarius, que estaría inxustificado para L.

senator (12B).

picanzo real norteño Lanius excubitor

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Cando L. excubitor e L. meridionalis aínda non estaban

diferenciadas como especies diferentes, picanzo real foi o nome proposto para L. excubitor por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e

tamén por M. A. Conde Teira e de T. A. Vidal Figueroa en 1991 e 1999 (10B e 12B). Empregouse ou

recolleuse nas primeiras guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López (1A e 5A), no Atlas de

vertebrados de Galicia (7A) e mais noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 6A, 8A, 10A, 11A, 13A, 15A,

18A e 11B), sen dispor aínda doutra denominación para diferencialo de L. meridionalis.

Cómpre dicir que até hai pouco a ciencia consideraba que esta especie era a mesma que Lanius

meridionalis; na actualidade, malia seren moi semellantes, a ciencia considera que se trata de dúas

especies diferentes. En poucas publicacións ornitolóxicas se acharon nomes galegos que diferenciasen

Lanius excubitor e Lanius meridionalis: picanzo real nórdico para L. excubitor e picanzo real para L.

meridionalis (14A); picanzo real setentrional para L excubitor e picanzo real meridional para L

meridionalis (en 5B e en 22A, a terceira guía de Penas Patiño e Pedreira López). Na bibliografía

ornitolóxica, os nomes portugueses son picanço-real e picanço-real-nortenho (2A, 10A, 11B, 1D e

2D).

● Nomes populares. Véxase Lanius meridionalis.

● Dicionarios consultados. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada xenérica picanzo, na que especifica a denominación de

picanzo-real para L. excubitor.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego de pigarzo, voz que talvez estea

referida a estas especies, véxase Lanius collurio.

● Etimoloxía / motivación semántica. Para picanzo, véxase L. collurio. Os modificadores

específicos real e rei probabelmente son por causa do seu tamaño e da súa vistosidade. Os

modificadores nortenho, nórdico e setentrional aluden a súa área de distribución.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Após esta

diferenciación como especies, talvez habería que concretar o nome máis acaído para L. excubitor

(picanzo real setentrional, picanzo setentrional, ou mesmo picanzo real norteño, de modo

paralelo ao portugués), téndomos en conta a denominación de L. meridionalis. Aínda que un nome con

dous modificadores pode parecer un pouco longo, é ben interesante mantermos a base común,

picanzo real, tanto para L. excubitor como para L. meridionalis, pois así o nome reflicte que son dúas

especies moi próximas filoxeneticamente. Talvez habería que pensar mellor se engadimos o

modificador setentrional ou o modificador norteño; calquera das dúas opcións son válidas e talvez

sexa máis interesante mantermos na ornitoloxía especializada o paralelismo co portugués: picanzo

real norteño.

picanzo real Lanius meridionalis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Cómpre dicir que até hai pouco a ciencia consideraba

que Lanius meridionalis e Lanius excubitor eran subespecies da mesma especie; na actualidade, malia

seren moi semellantes, a ciencia considera que se trata de dúas especies diferentes. Nunha publicación

ornitolóxica úsase picanzo real para L. meridionalis, diferenciándoo de L. excubitor, para o que se

emprega a denominación de picanzo real norteño (14A). Na terceira guía de C. Pedreira López e X. M.

Penas Patiño úsase picanzo real meridional (22A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é

picanço-real (1D), coa posibilidade de empregar tamén picanço-real-meridional (2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou as denominacións populares de pega brava,

pego bravo e cascorro para L. excubitor –ou L. meridionalis– nas terras da Limia (9A). No Atlas de

vertebrados de Galicia apúntanse para L. excubitor –ou L. meridionalis– os nomes populares de pico

gordo, picanzo rei e tamén pega rebordá (7A). X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López apuntan a

denominación popular xenérica –impropia, indican xa os autores– de pega rebordá (1A). F. Bernis

253

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!