19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

editorial Galaxia, recóllese a voz pigarzo, como “certo paxaro”, que podería estar referida ás especies

do xénero Lanius. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo

Blanco, aparece a entrada xenérica picanzo, na que se especifica a denominación de picanzovermello

para L. collurio. Nos outros dicionarios consultados, non se atoparon denominacións nin

xenéricas nin específicas para esta familia.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Fuco G. Gómez emprega a voz pigarzo, que talvez

estea referida de forma xenérica a estas especies, n' O idioma dos animás (1937): "...cuxos

verdadeiros nomes iñoramos: a cegoña, o pigarzo..." .

● Etimoloxía / motivación semántica. Picanzo está relacionado dalgunha maneira con picar;

talvez faga referencia aos seus hábitos predatorios ou talvez ao seu bico groso e curvado. Os

modificadores vermello, de-dorso-ruivo e similares están relacionados coas cores da súa plumaxe.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Pega rebordá é unha

denominación propia de Garrulus glandarius, que ás veces se usa tamén para as especies do xénero

Lanius.

picanzo pequeno Lanius minor

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Picanzo pequeno foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén

en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B). Utilizouse nas

guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López (1A, 5A e 22A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras

publicacións ornitolóxicas (2A, 6A, 8A, 10A, 13A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes

portugueses son picanço-pequeno e picanço-de-mascarilha (2A, 1D e 2D).

● Nomes populares. É unha especie moi rara na Galiza e non se lle coñecen nomes populares

específicos. Algunhas denominacións xenéricas están apuntadas nas outras especies de Lanius.

● Dicionarios consultados. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada xenérica picanzo, na que se especifica a denominación de

picanzo-pequeno para L. minor. Nos outros dicionarios consultados, non se atoparon denominacións

nin xenéricas nin específicas para esta familia, agás posibelmente pigarzo, recollido no Diccionario

galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da editorial Galaxia.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego de pigarzo, voz que talvez estea

referida a estas especies, véxase Lanius collurio.

● Etimoloxía / motivación semántica. Para picanzo, véxase L. collurio. O modificador pequeno

está relacionado co seu tamaño; de-mascarilha alude ás manchas negras que ten na cara, que

parecen un anteface.

picanzo de cabeza rubia Lanius senator

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Picanzo rebordá foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse

ou utilizouse tamén noutras publicacións (2A, 6A, 11A e 11B). Picanzo cabecirrubio foi o nome

proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); tense empregado ou recollido nalgunhas

publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A.

Vidal propuxeroan a denominación de picanzo encapuchado (10B). Na bibliografía ornitolóxica, os

nomes portugueses son picanço-barreteiro, picanço-de-barrete e picanço-de-barrete-vermelho

(2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D; o primeiro con máis frecuencia).

● Nomes populares. Na primeira guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López

apúntase a denominación popular xenérica –impropia, indican xa os autores– de pega rebordá (1A).

Esta mesma denominación tamén se recolle no Atlas de vertebrados de Galicia (7A). F. Bernis Madrazo

rexistrou a voz xenérica picanzo no oeste da provincia de Zamora (11B). Outras denominacións

populares están apuntadas en L. meridionalis.

● Dicionarios consultados. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada xenérica picanzo, na que especifica a denominación de

picanzo-rebordá para L. senator. Nos outros dicionarios consultados, non se atoparon denominacións

nin xenéricas nin específicas para esta familia, agás posibelmente pigarzo, recollido no Diccionario

galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da editorial Galaxia.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego de pigarzo, voz que talvez

estea referida a estas especies, véxase Lanius collurio.

● Etimoloxía / motivación semántica. Para picanzo, véxase Lanius collurio. Os modificadores

252

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!