19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

oriolus como a G. glandarius), rodrigabión, rogabión, riádigo, pincaouro, mingurilón,

millangarrido, milpéndora, milpéndola, maripéndola, picomaceiro, pincaouro (aínda que esta

denominación é propia doutro paxaro, Carduelis spinus), ouvión, ouriol, oureol, auriol, auriolo –as

dezasete consideradas voces galegas, mais non preferentes–, nicolao, milleiro, ouriolo,

vichelocrego, papafigo –estas cinco como galegas e preferentes– e rexeita a voz aropendra, que non

a considera galega.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Eligio Rivas Quintas recolle un dito popular co nome

pedro pequeno, tamén con varantes locais, por exemplo co nome maría viou (10G). É unha

pregunta e unha resposta, e a resposta remeda o canto da ave: "Pedro pequeno, teu pai millorou? E

el responde: millorou, millorou", ou "María viou, teu pai millorou? E el responde: millorou, millorou”.

Canto á liteatura de autor, Marcial Valladares utiliza unha denominación deste paxaro, millán

garrido, en Maxina ou a filla espúrea, escrita no ano 1880: "... cantaban xa o millán garrido, a

bubela e o cuco nas carballeiras, o merlo e o reiseñor nos salgueirais, o paspallás entre os centeos e os

xílgaros e carriciños, os chincheiros e xiríns desfacíanse nos eidos mirando cada un para o seu amor

Álvaro Cunqueiro emprega o vocábulo oureol en Si o vello Sinbad volvese ás illas (1961): "...e

veñen por naciós de labercas, oureoles... ".

Ánxel Fole utilizou auriolo en Á lus do candil (1953): "Xílagaros, auriolos e cochorras... ".

Celso Emilio Ferreiro, auriol, n' A taberna do galo (1978): "...vestindo prendas de colores tan

rechamantes. Semellaban un auriol esponxado... ".

Laureano Prieto empregou milpéndora en Contos vieneses (1958): "... foi a milpéndora de

viaxe, i antes de se marchar que lle dixo á carriza ...".

● Etimoloxía / motivación semántica. F. Bernis Madrazo explica que ouriol pode vir do latín

medieval oryolus, e este, por súa vez, do cualificativo latino aureolus, dourado, aínda que explica que

tamén hai quen di que "ouriol" podería ter unha orixe onomatopeica (11B). As denominacións tiroliro,

domingo lirón, botache-lo-millo, vichelocrego, figomarelo e similares soan como tilo-rilo ou tiruliriru,

tamén son inerpretacións dos sons do canto deste paxaro, e ademais a última está relacionada

con que come figos e a cor da súa plumaxe é amarela. Tamén papafigos, cereixeiro, bagullo e

similares están relacionadas coa súa alimentación. Non se encontrou unha explicación clara para figo

rodrigo, rodrigabión, millangarrido e similares, que probabelmente sexan tamén onomatopeicas,

alén da primeira aludir tamén á alimentación e talvez á cor da plumaxe. María Rosa parece unha

denominación humorística e quizais tamén onomatopeica. Outros nomes, como papagaio, gaio,

gaiolo ou merlo, indican certo parecido con outros paxaros, sexa polas vistosas cores ou pola forma e

tamaño do corpo. Os termos loureiro, maraleiro ou pincaouro aluden á vistosa cor amarela da súa

plumaxe, e dunha maneira indirecta quizais tamén rei e reiseñor. Os nomes milpéndora, aropendra

e similares poden estar relacionados co castelán oropéndola ou co latín aureus, dourado, e pinnula,

pluma. O modificador garleiro, de galreiro, paroleiro, está relacionado con que emite un característico

canto. Non se encontraron explicacións claras para outras denominacións, como pitiogó ou baraceiro;

a primeira podería ser onomatopeica; a segunda podería estar relacionada con andar co barazo,

esparto, porque o seu niño parece tecido de herbiñas finas como os fíos de que están feitos as cordas.

Familia Laniidae

picanzo vermello Lanius collurio

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Picanzo vermello foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978 ("vermello" escrito con "b") naquela Lista patrón de aves de

Galicia (4B e 5B), e tamén en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); utilizouse ou recolleuse nas

guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A)

e noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 6A, 8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A e 11B; nalgunha,

"vermello" escrito con "b"). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal propuxeron a denominación de

picanzo de dorso vermello (10B). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son picançode-dorso-ruivo

e picanço-de-dorso-vermelho (2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou a denominación popular de pego bravo para

esta especie nas terras da desaparecida lagoa de Antela, na Limia (9A). X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López tamén apuntan a denominación popular xenérica –impropia, xa o indican os autores– de

pega rebordá (1A). F. Bernis Madrazo tamén recolle a voz xenérica picanzo no oeste da provincia de

Zamora (11B). Outras denominacións populares están apuntadas en L. excubitor e L. meridionalis.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

251

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!