19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

7A), figorrodrigo (1A), figo rodrigo (7A), papafigo (1A, 7A), galo cereixeiro (1A), gaio

cereixeiro (7A), gaiolo (7A), merlo gaiolo (1A), avión (7A), ouripenlo (1A, 7A), milleiro (1A),

maría rosa (1A, 7A), vichelocrego (1A, 7A), domingo lirón (1A), merlo marelo (1A), papagaio

(1A, 7A), milpéndora (1A, 7A), riádigo (1A), merlo rei (1A, 7A), tiroliro (1A, 7A), aureol (1A) e –

impropiamente, indican Penas e Pedreira– reiseñor (1A, 7A). J. A. Palacio Sánchez rexistrou para

Oriolus oriolus o nome de bagullo no galego de Pantón (3C). A. Villarino Gómez rexistrou para esta

especie as denominacións de baraceiro, maraleiro, figo loureiro e figo marelo nas terras da Limia

(9A). Tamén figomarelo, nas terras da Limia, o autor do presente traballo. H. Costa et al. apuntan a

denominación tamén galega de botache-lo-millo (1D). M. Taboada Cid rexistrou papafigo en Verín e

M. J. Pérez Alonso en Goián (3C). A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X.

Rodríguez recollen domingonobelo na comarca de Verín (23B). E. Rodríguez Gandoi rexistrou oureol

en Guntín e M. J. Pérez Alonso en Goián (3C). M. González González rexistrou oriolo no Incio (3C). M.

Prado Fernández rexistrou ouriol en Ferreira de Valadouro e G. Baamonde Traveso en Cedofeita (3C).

M. R. Álvarez Blanco rexistrou a variante oubión en Ramirás (3C). F. Bernis Madrazo rexistrou

vichelocrego en Lugo; ouriol e oureol en bastantes localidades tamén da provincia de Lugo; oriol,

ourol e oriolo en varias localidades tamén desta provincia (11B). F. Bernis Madrazo cita a L. Iglesias

(1927) e J. Cuveiro (1876), que recollen tamén algunhas destas denominacións, e a Ríos Naceyro

(1850), que recolleu para Galiza viche-lo-crego e papagaio (11B). C. Pedreira López et al.

rexistraron os nomes de vichelocrego, viches o crego, paxaro do crego, bicho do crego e

vicholocrego (con e sen gheada) no concello de Ames, na provincia da Coruña (9B). M. A. Conde Teira

apunta tamén a denominación cereixeiro rexistrada por Rivas Quintás nalgúns lugares para O. oriolus

(12B). J. L. Couceiro Pérez rexistrou a voz aropendra no galego de Feás (3C). M. Taboada Cid

rexistrou maripéndola na Mezquita; M. E. Vázquez Santamaría, milpéndola e milpéndora na Gudiña

(3C). F. Bernis Madrazo rexistrou milpréndiga na provincia de León (11B). M. Taboada Cid tamén

rexistrou para esta especie os nomes rodrigabión e rogabión en Verín (3C). J. A. Palacio Sánchez

rexistrou para esta especie mingulirón en Ferreira de Pantón (3C). Eligio Rivas Quintas apunta as

denominacións pedro pequeno (en Canicova), millarou (en Marín), maría viou (en Samieira),

nicolau (en Moraña), bicho do crego (en Cercedo), crego amarelo (en Loureiro), gaimarelo (en

Alba), así como vichelocrego noutras localidades que non especifica (10G). F. Bernis Madrazo cita

ademais a segunda obra de L. Iglesias (1954), na que recolle as denominacións papafigos,

mingolirón e gayolo (gaiolo) para esta especie (11B). M. R. Martínez Martínez rexistrou a voz galo

de braña en Curtis, que identificou coa voz castelá oropéndola (3C), o cal chama a atención pois galo

da braña está referido sempre, noutras moitas localidades, a Vanellus vanellus.

● Dicionarios consultados. O Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, trae as entradas rodrigovirón (que define como ceto paxaro de cor amarela que

pendura o seu niño dalgunha rama), vichelocrego (que identifica coa voz castelá oropéndola), riadigo

(que identifica con oropéndola e remite a vichelocrego), papafigo (que remite a gaio e a vichelocrego),

gaio (que, ademais de identificalo con outra especie de paxaro, arrendajo, remite noutra acepción a

ouriol e vichelocrego), gaiolo (indica que pode estar referida ao gaio –arrendajo– ou ao

vichelocrego), millangarrido (que remite a vichelocrego), milpéndora (que identifica con

oropéndola), oureol, oureolo e orial (que identifica coa voz castelá oropéndola e remite a

vichelocrego); inclúe na entrada merlo a subentrada merlo garleiro, que remite a vichelocrego. O

Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da

editorial Akal, dá para o castelán oropéndola os galegos vichelocrego, gaiolo, oureol, oureolo,

auriolo, gaio, papafigos, millangarrido e milpéndora. O Dicionário da língua galega de I. Alonso

Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco inclúe para esta especie as entradas: ouriolo, que remite a

oureolo, que non ten entrada propia; oureol, que define como "páxaro dentirrostro de corpo marelo e

asas e rabo negros", e identifica con Oriolus oriolus e cos sinónimos ouriolo e vichelocrego; crego

marelo, como subentrada na entrada "crego", identificada con ouriolo; gaiolo, nunha das súas

acepcións, ademais de se referir tamén a G. glandarius; papafigo, nunha das súas acepcións;

milpéndora, que remite a ouriolo; papagaio, nunha das súas acepcións; vichelocrego, que remite a

ouriolo; crego marelo, que nunha das acepcións identifica con ouriolo; e milleiro (identifica milleiro

con O. oriolus e apunta pintarroxo como o seu sinónimo, mais na entrada de pintarroxo non fai

referencia a esta especie senón a A. cannabina); tamén recolle a entrada rodrigovirón, que define

inespecificamente como "páxaro de cor amarela que colga o niño de algunha galla" e que

probabelmente tamén é esta especie. Na entrada "melro" inclúe a subentrada melro garleiro, e dá

vichelocrego como sinónimo desta denominación. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C.

Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle bagullo, barazán, cereixeiro,

crego, crego amarelo, domingo leirón, figomarelo, figorrodrigo, gaimarelo, gaio, gaio real,

galo cereixeiro, galo de braña, lapafigos, manga amarela, maripéndola, merlo gaiolo, merlo

marelo, merlo rei, millán garrido, millarou, milleiro, mingulirón, nicolao, oureol, oureolo,

ouriolo, ouripenlo, papafigo, papagaio, pedro pequeno, reboleirón, riádigo, rodrigoliro e

vichelocrego como sinónimos específicos para O. oriolus. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega

(2000), de varios autores, recóllense para esta especie as entradas gaiolo (tanto para se referir a O.

250

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!