19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

ibidora (1A, 7A), rubideiro común (7A), pito conchón (1A, 7A), gatiñeiro (1A), engatador (1A,

7A), arruñador (1A, 7A) e arrecoxón (1A, 7A). F. Bernis Madrazo menciona os nomes gaveador e

subideiro para esta especie citando a L. Iglesias, 1927 (11B). Aínda que sen concretar a especie, J.

Rodríguez Cruz recolleu a voz aconchón en Hermisende (13B). Eligio Rivas Quintas recolle ademais,

sen concretar a especie (pequeño pájaro trepador), o nome arruñador, na Gudiña, e a referencia

arruñapaus para o mesmo paxaro (14G). Aguirre del Río recolle o nome piolla, sen especificar a

localidade, para designar en galego un pájaro pequeño, trepador y veloz, que talvez poida facer

referencia tamén a C. brachydactyla (2G).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as entradas: subidor, que nunha das acepcións define como trepatroncos,

ave; e rubideiro, definido como trepa troncos, pájaro. No Diccionario de usos castelán-galego de X. M.

Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen identificadas coa voz

castelá trepatroncos as galegas subidor e rubideiro. O Dicionário da língua galega de I. Alonso

Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, inclúe na entrada pito a subentrada pito conchón,

denominación que define como "páxaro pequeno de lombo pardo, riscado de escuro e o ventre branco

luxado, bico fino e curvado" e dá o nome científico de Certhia brachydactyla; agatuñador, que define e

identifica con C. brachydactyla; arrecoxón, que remite a agatuñador; engatador, nunha das

acepcións identificado con C. brachydactyla e cos sinónimos rubidor (que non ten entrada propia) e

gateador; gateador, nunha das acepcións identificado con C. brachydactyla e cos sinónimos rubideiro

(que non ten entrada propia), agatuñador, garranchador (que non ten entrada propia) e gatiñeiro

(que non ten entrada propia); rubideira, definido e identificado como C. brachydactyla. O Diccionario

de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia,

recolle aganchón, agatuñadeira, agatuñador, arrecoxón, arruñador, engatador, gabeador,

gateador, galeante, gancharín, garranchador, gatiñeiro, pico da rachela, pito conchón,

rubideiro, rubidor, subecarballos, subepinos, subesube, subideira e subidor como sinónimos

específicos para C. brachydactyla. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios

autores, aparecen as entradas: subidor (como galega e preferente) para se referir a C. brachydactyla;

gabeador (como galega e preferente), coa subentrada gabeador común, que fai referencia a esta

especie; agatuñador (como galega e preferente), nunha das acepcións referíndose a C. brachydactyla,

co sinónimo gateador; gateador (como galega e preferente), nunha das acepcións referíndose a C.

brachydactyla, co sinónimo agatuñador; rubideiro (como galega mais non preferente), que remite a

agatuñador, paxaro; aconchón (como galega non preferente), que recolle como paxaro sen

identificación precisa, pero probabelmente o nome fai referencia a esta especie.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Fuco G. Gómez recolle varias voces para se referir a

esta especie n' O idioma dos animás (1937): "... gatuñeiro, gatuño, rubidor..." .

● Etimoloxía / motivación semántica. Case todas as denominacións xenéricas deste paxaro,

agás pico e pito, fan referencia ao característico hábito de gabear polos carballos arriba. Arrecoxón

probabelmente refírase tamén á súa típica maneira de gabear polos carballos, dando pequenos saltos,

de modo que dá a impresión de que estea coxo. O modificador conchón probabelmente estea

relacionado con concho (casca da noz; tamén un nome máis propio dos paxaros do xénero Parus, que

pode aludir á alimentación). O modificador común indica que é a especie máis frecuente dos

gabeadores. Non se encontrou unha explicación clara para o modificador rastreiro.

Familia Oriolidae

ouriolo Oriolus oriolus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Ouriolo foi o nome proposto por C. Pedreira López e X.

M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén en 1991 e

1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse nas guías de

aves de Penas Patiño e Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A,

18A e 11B; ou como ouriolo común). Nalgunha publicación empregouse vichelocrego (6A e 11A). Na

bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é papa-figos (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D) ou a posibilidade

tamén de papa-figos-comum (2D).

● Nomes populares. Este paxaro é unha das especies que ten máis nomes populares, ademais

con moitas variantes segundo a zona. Na primeira guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira

López (1A) e no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) apúntanse, por exemplo, as denominacións

populares de pitiogó, escrito con "j" para marcar a gheada, (1A), aropendra (1A), figomarelo (1A,

249

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!