19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

carinegro etc., fan referencia ás manchas negras que ten na cara, que semellan un anteface.

Pendulino está tomado do latín e alude aos típicos niños que tece, que quedan pendurando das ramas.

Familia Sittidae

trepadeira azul Sitta europaea

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Piquelo foi o nome proposto por C. Pedreira López e X.

M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse na

primeira guía de aves destes autores (1A) e recolleuse nalgunha publicación (2A e 11B). Piquelo azul

utilizouse nas seguintes guías de aves destes autores (5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia

(7A) e noutra publicación (6A). Gabeador azul foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de

M. A. Conde Teira e de T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado ou recollido nalgunhas

publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A, 14A e 18A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome

portugués é trepadeira-azul (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Aínda que de certo non se identificaron con Sitta europaea, cabe a

posibilidade de que algúns nomes mencionados na especie Certhia brachydactyla sexan tamén

popularmente empregados para S. europaea, xa que aparecen ás veces descritos como pequeño pájaro

trepador. Podería ser o caso de Eligio Rivas Quintas, que recolle o nome arruñador, na Gudiña, e a

referencia arruñapaus para o mesmo paxaro (14G) etc.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, e no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, non se atoparon denominacións específicas, só as entradas apuntadas en

Certhia brachydactyla (especie diferente coa que comparte o costume de rubir polos carballos arriba, e

coa que podería ter algunha relación léxica). Con todo, no do I. Alonso Estravís apúntase, de maneira

xenérica, o nome trepadeira para designar a ave trepadora en xeral. O Diccionario de sinónimos da

lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle

gabeador azul, piquelo e trepadoiro como sinónimos específicos para S. europaea. No Gran

Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a entrada gabeador (como voz

galega e preferente) coa subentrada gabeador azul, que fai referencia a esta especie.

● Etimoloxía / motivación semántica. As denominacións xenéricas deste paxaro aluden ao

hábito de gabear ou arruñar polos carballos (piquelo aplícase ao xénero Picus, tamén trepadores). O

modificador azul fai referencia á cor da súa plumaxe.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira

comenta que piquelo é un nome popular tamén para Dendrocopus major e Picus viridis nas serras

orientais luguesas, desde Lóuzara até Os Ancares (12B). M. A. Conde Teira explica tamén que gabeador

é unha denominación popular basicamente para C. brachydactyla, e cita a L. Iglesias, que tamén

recollera este nome (12B). M. A. Conde Teira e Vidal Figueroa, ante a carencia doutros nomes, aplican

gabeador por extensión a S. europaea engadindo un modificador (10B).

Non parecen existir, por tanto, denominacións específicas para Sitta europaea en galego, non

sendo o uso doutras propias de Certhia ou de Picus / Dendrocopus.

Na nosa opinión, sería preferíbel empregar o nome xenérico trepadeira antes que gabeador

ou piquelo para o xénero Sitta. Por un lado, piquelo é ben propio das especies da familia Picidae. Por

outro lado, parécenos moi interesante manter dous nomes galegos xenéricos diferentes para dous

xéneros diferentes (non gabeador para o xénero Certhia e tamén para o xénero Sitta) que ademais

contan con varias especies dentro de cada xénero, para facilitar rapidamente a súa asociación a un

xénero ou ao outro, a súa representación mental como Sitta ou como Certhia. Para alén do devandito,

trepadeira azul coincidiría coa denominación portuguesa. Como ademais existen varias especies do

xénero Sitta e varias especies do xénero Certhia, o emprego de trepadeira para as primeiras e de

gabeador para as segundas permitiría de maneira moi transparente –rapidamente asociado ao seu

significado– o uso de trepadeira azul para Sitta europaea, trepadeira corsa para Sitta whiteheadi,

trepadeira de Krüper para Sitta krueperi, trepadeira do Himalaia para Sitta himalayensis, trepadeira do

Canadá para Sitta canadensis etc., e gabeador común para Certhia brachydactyla, gabeador alpino para

Certhia familiaris, gabeador de Hodgson para Certhia hodgsoni, gabeador do Himalaia para Certhia

himalayana, gabeador americano para Certhia americana etc., por exemplo.

247

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!