19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

denominados ferreiro ou ferreiriño; chapiño (como denominación exclusiva para Parus major);

ferreiriño (válida para P. major e P. caeruleus) e ferreiro (como termo xenérico para toda a familia

de Parus e mais para Phoenicurus ochruros); na última, e tamén en chapiño, especifica a

denominación de ferreiro abelleiro para P. major. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega

(2000), de varios autores, aparecen as denominacións xenéricas de carboeiro, nunha das acepcións,

ferreiriño e ferreirolo (as tres como galegas e preferentes) para se referir a este grupo de especies;

nelas apúntanse as subentradas ferreiriño abelleiro e ferreirolo abelleiro, que fan referencia

especificamente a P. major; atopamos tamén a entrada agachadeira (como galega mais non

preferente) para se referir especificamente tamén a P. major; as entradas maceiro, maceirento e

maceirudo están todas tres identificadas nunha das acepcións como P. major e noutra como Fringilla

coelebs (as dúas primeiras entradas como galegas e preferentes e a terceira como galega pero non

preferente, que remite a maceirento); a entrada fillosiña (como galega pero non preferente), que

remite a ferreiriño; a entrada furamata (como galega pero non preferente), que remite a ferreirolo.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Álvaro Cunqueiro emprega a voz ferreiro en Xente

de aquí e de acolá (1971): "...ausentes todos os paxaros que imitaba, ferreiros, pimpíns, os

pazpallares... ".

● Etimoloxía / motivación semántica. Os nomes ferreiriño, ferreirolo, ferreiro e similares

están relacionados co trinado silábico destes paxaros, ben típico e ben coñecido, que lembra os golpes

do martelo dun ferreiro. As denominacións chincho, cagachís, satachín, chincharrabello e

probabelmente chapiño e o portugués chapim son onomatopeicas (chincho e outras semellantes,

usadas para esta familia, aplícanse a miúdo a F. coelebs). Carboeiro e similares fan referencia todas á

cor negra da plumaxe da cabeza. Almixendro e ameixendro e similares talvez estean relacionados co

parecido do seu corpo redondo cunha ameixa. Concho é o nome que tamén recibe a casca da noz e

probabelmente estea relacionado coa alimentación destes paxaros. Agachadeira e aganchadeira

probabelmente teñen relación coa maneira de se desprazar o paxaro polas árbores, cos movementos

que fai e co xeito que ten de pendurarse das ramas. Picafolla ou furafolla (P. major tamén recibe o

nome de furamata) son denominacións máis empregadas para os paxaros do xénero Phylloscopus

(véxase Phylloscopus collybita). Subideiro é un nome ben propio doutra especie, Certhia

brachydactyla. Outras denominacións xenéricas, como fulosa, fillosiña e similares, compártense con

outras especies ou son propias doutras especies e aplícanse tamén localmente ao xénero Parus (para a

motivación semántica, véxase Locustella naevia). O modificador abelleiro alude á súa alimentación

insectívora; real, probabelmente, á vistosidade das cores da plumaxe; maceiredo, mazanzuco,

maceiro e similares, á maceira ou mazaira, unha das árbores onde moi a miúdo se observa esta

especie.

Familia Remizidae

ferreiriño de cara negra Remiz pendulinus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Ferreiriño careto foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas últimas guías de aves destes autores (5A e 22A). Ferreiriño de cara negra foi o nome proposto

en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e de T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense

empregado ou recollido nalgunha publicación (8A e 13A). Ferreiriño carinegro utilizouse tamén

nalgunha publicación (10A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son chapimpendulino,

chapim-de-faces-pretas e chapim-de-mascarilha (2A, 1D, 2D e 3D; con máis

frecuencia o último).

● Nomes populares. É unha especie rara na Galiza e non se lle teñen rexistrado nomes

populares específicos. Unha morea de denominacións xenéricas populares tamén aplicábeis a esta

especie están apuntadas en Parus caeruleus e Parus major.

● Dicionarios consultados. Só o Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M.

Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle ferreiriño careto e ferreirolo como

sinónimos específicos para R. pendulinus. No resto, aparecen as denominacións xenéricas indicadas en

Parus major.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego de ferreiro e ferreiriño

nas nosas letras, véxase P. major.

● Etimoloxía / motivación semántica. Os nomes galegos ferreiriño e similares e o portugués

chapim (en galego existe a voz chapiño) están motivados polo seu parecido cos paxaros da familia

Paridae (véxase P. major). Os modificadores empregados para esta especie, de cara negra,

246

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!