19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle ameixendro, cagachín, ferreiriño azul, ferreiro

e ferreiro bacachís como sinónimos específicos para P. caeruleus. No Gran Diccionario Xerais da

Lingua Galega (2000), de varios autores, aparecen as denominacións xenéricas indicadas en P. major.

Nelas recóllense as subentradas ferreiriño azul e ferreirolo azul, que fan referencia especificamente

a P. caeruleus. Recolle así mesmo a entrada ferreiro, como galega e preferente, para se referir núnha

das súas acepcións exclusivamente a esta especie, e tamén as subentradas ferreiro bacachís e

ferreiro bacachés só para P. caeruleus.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego de ferreiro e ferreiriño nas

nosas letras, véxase P. major.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da motivación semántica do nome galego

ferreiriño e similares e do portugués chapim, véxase P. major. Almixendro e ameixendro talvez

estean relacionados co parecido do seu corpo redondo cunha ameixa. Subideiro é un nome ben propio

doutra especie, Certhia brachydactyla. O modificador azul alude á característica cor da súa plumaxe;

bacachís e similares son onomatopeicos, reflicten o seu canto.

ferreiriño real Parus major

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Abelleiro foi a denominación proposta por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); recolleuse

nalgunha publicación ornitolóxica (2A e 11B). Nas guías de aves destes autores empregouse o nome de

ferreiriño abelleiro (1A, 5Ae 22A). No Atlas de vertebrados de Galicia, ferreiro abelleiro (7A).

Ferreiriño real foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal

Figueroa (10B e 12B); tense recollido ou empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas tanto no

ámbito galego como no estatal (8A, 10A, 18A, 12A, 13A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome

portugués é chapim-real (2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Son moitos os nomes populares que se rexistran, tanto xenéricos como

específicos. X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López apuntaron os nomes específicos de maceiro,

carboeiro e chapiño para Parus major (1A). A. Villarino Gómez rexistrou para Parus major as

denominacións de chinchín e ferreiriño, nas terras da Limia (9A). C. Pedreira López et al. rexistraron

os nomes de masansuco, carbueira, carboneiro (en correcto galego, carboeiro), masuco,

mazanzuco e maceiredo para a especie no concello de Ames, na provincia da Coruña (9B). M. R.

Matínez Martínez rexistrou o nome onomatopeico satachín para un paxaro non identificado en Curtis,

que probabelmente sexa esta especie, polo canto que fai (3C). No Atlas de vertebrados de Galicia

apúntase o nome de chincho para P. major (7A). (Tamén este nome e outros semellantes, usados

para esta familia, aplícanse a F. coelebs.) F. Bernis Madrazo rexistrou os nomes xenéricos de ferreiro,

nas provincias de Lugo e Pontevedra, ferreiriño, nas provincias de Lugo e Pontevedra, picafolla, nas

provincias de Lugo e da Coruña, abelleira e abelleiro, os dous últimos na provincia de Lugo (11B). M.

J. Pérez Alonso rexistrou a voz xenérica furamata en Goián, identificándoa coa voz castelá carbonero

(3C). X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López apuntaron tamén os nomes xenéricos populares de

ameixendro, almixendro, milixendro, mexingliña, aruxiño, chincharrabello e cagachís para

esta familia de paxaros (1A). M. R. Álvarez Blanco rexistrou para a especie o nome de ameixendro no

galego de Ramirás; F. Fernández Rei, agachadeira no galego de Cariño; M. G. Gil Suárez,

aganchadeira no galego de Vilardevós; M. C. Rodríguez Lagor, carboneira (carboeira) no Porto,

Zamora; M. Taboada Cid, o castelanismo carbonera (carboeira) na Mezquita (3C). Tamén para P.

major, A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez recollen

ameixengo grande na comarca de Verín (23B). F. Bernis tamén apunta o nome de ferrerín na

comarca do Bierzo (11B). Outras denominacións xenéricas están comentadas en P. caeruleus.

● Dicionarios consultados. Manuel Leiras Pulpeiro recolle ferreiriño no seu Vocabulario gallegocastellano

(1912), identificándoo de modo inespecífico coa voz castelá herrerillo. No Diccionario galegocastelán

de X. L. Franco Grande (1968), da editorial Galaxia, aparecen as entradas maceiro, definido

como herrerillo, ave que máis comunmente se lle chama ferreirolo; ferreirolo, nunha das acepcións

definido como herrerillo, herreruelo, ave granívora e insectívora, e co sinónimo maceiro; ferreiriño,

cos sinónimos ferreirolo, fillosiña, e definido como carbonerito, pájaro; fillosiña, cos sinónimos

ferreiriño e fulosa; fulosa, definido como pájaro muy pequeno y muy vivo, var. de fillosiña. No

Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da

editorial Akal, aparecen identificadas coa voz xenérica castelá herrerillo as voces galegas meceiro,

ferreirolo, bacachís, bacaché e fillosiña. O Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995),

da editorial Sotelo Blanco, trae as entradas subideiro, nunha das acepcións identificada con Parus

major e Parus caeruleus (esta denominación está rexistrada a miúdo para outro paxaro, Certhia

brachydactyla); maceiro, nunha das acepcións identificado con Parus major, noutra cun "paxaro con

listas brancas na cabeza, mais pequeno que o gorrión e que fai o niño nas hortas", e noutra identificado

co pimpin común ou Fringilla coelebs; concho, nunha das acepcións identificada cos paxaros tamén

245

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!