19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, para alén das entradas xenéricas indicadas en Parus major, na entrada xílgaro

inclúese a subentrada xílgaro ferreiro, que se identifica coa voz castelá garrapinos, pájaro, que se

podería referir a esta especie, que en castelán recibe o nome de carbonero garrapinos. No Diccionario

de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal,

aparecen as denominacións xenéricas indicadas en P. major. O Dicionário da língua galega de I. Alonso

Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, trae as denominacións xenéricas indicadas en Parus major.

O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da

editorial Galaxia, recolle ameixendro e ferreiriño común como sinónimos específicos para P. ater. No

Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparecen as denominacións

xenéricas indicadas en P. major e nelas recóllense as subentradas ferreiriño común e ferreirolo

común, que fan referencia especificamente a P. ater; ademais achéganse as entradas almixelo e

almixendro (como galegas, a primeira non preferente e a segunda si) para se referir exclusivamente a

esta especie.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego de ferreiro e ferreiriño

nas nosas letras, véxase P. major.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a motivación semántica do nome galego ferreiriño

e similares e do portugués chapim, véxase P. major. Os modificadores negro, preto e carvoeiro

aluden todos á cor da plumaxe na cabeza; común indica que é unha especie frecuente, neste caso non

necesariamente a que máis da familia; almixendro e almixelo talvez estean relacionados co parecido

do seu corpo redondo cunha ameixa ("ameixendro" é unha denominación popular equivalente; véxase

Parus caeruleus). Picafollas é unha denominación máis empregada para os paxaros do xénero

Phylloscopus (véxase Phylloscopus collybita). Xílgaro é unha denominación propia de Carduelis

carduelis, empregada popularmente quizá tamén para esta especie co modificador ferreiro.

ferreiriño azul Cyanistes caeruleus (=Parus caeruleus)

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Ferreiro foi o primeiro nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño, en 1977, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B). En 1978,

igualmente na Lista patrón de aves de Galicia, na segunda parte, os autores propuxeron o nome de

ferreiro bacachís no canto do anterior (5B); esta segunda denominación utilizouse no Atlas de

vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse noutras publicacións (2A e 18A). Nas guías de aves de X. M.

Penas Patiño e C. Pedreira López empregouse un nome moi parecido: ferreiriño bacachís (1A, 5A e

22A). Ferreiriño azul foi a denominación proposta en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira

e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense recollido ou empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas

(8A, 10A, 12A, 13A, 14A e 15A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é chapim-azul (2A,

10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para esta especie as denominacións de

chinchín, ferreiriño e pimpín nas terras da desaparecida lagoa de Antela (9A). C. Pedreira López et

al. rexistraron os nomes de ferreiro e ferreiriño para Cyanistes caeruleus no concello de Ames, na

provincia da Coruña (9B). F. Fernández Rei rexistrou ferreiro en Cariño; J. L. Couceiro Pérez, en Feás;

F. Varela González, en Santaia; A. Pérez Cid, en Marín; G. Baamonde Traveso, en Cedofeita; E.

Rodríguez Gandoi, en Guntín; J. A. Palacio Sánchez, en Ferreira de Pantón; M. R. Álvarez Blanco, en

Ramirás (3C). I. Leis Casanova rexistrou ferreira en Sta. Eulalia de Dumbría (3C). M. Felpeto Lagoa

rexistrou ferrete en Ares (3C). C. García González rexistrou ferreiriño en Compostela; R. Fraga

García, en Melide; M. A. Fraiz Barreiro, en Codeseda; M. E. Vázquez Santamaría, na Gudiña; M. C. Gil

Suárez, en Vilardevós (3C). (As devanditas denominacións están identificadas coa voz castelá herrerillo,

mais é posíbel que poidan estar referidas xenericamente ás especies de Parus). Tamén para C.

caeruleus, A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez recollen

ameixengo pequeno na comarca de Verín (23B). Outros nomes xenéricos populares tamén aplicábeis

a esta especie están apuntados en Parus major.

● Dicionarios consultados. Manuel Leiras Pulpeiro recolle ferreiriño no seu Vocabulario gallegocastellano

(1912), identificándoo de modo inespecífico coa voz castelá herrerillo. No Diccionario galegocastelán

de X. L. Franco Grande (1968), da editorial Galaxia, no Diccionario de usos castelán-galego de

X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as denominacións

xenéricas indicadas en Parus major. O Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, trae as entradas subideiro, nunha das acepcións identificada con P. major e

Parus caeruleus (esta denominación está rexistrada a miúdo para outro paxaro, Certhia brachydactyla);

ferreiriño (válida para P. major e P. caeruleus) e ferreiro (como termo xenérico para toda a familia

de Parus e mais para Phoenicurus ochruros). Na segunda especifica a denominación de ferreiro

bacachis para P. caeruleus; tamén incorpora as entradas almixendro e ameixendro para se referir

exclusivamente a esta especie. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez

244

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!