19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

1978, igualmente na Lista patrón de aves de Galicia, na segunda parte, os autores propuxeron o nome

de ferreiriño subeliño no canto do anterior (5B); esta segunda denominación utilizouse nas guías de

aves destes autores (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse nalgunha

outra publicación (2A e 11B). Ferreiriño rabilongo volveu ser o nome proposto en 1991 e 1999 nos

traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense recollido ou empregado

nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 18A). Na bibliografía ornitolóxica,

o nome portugués é chapim-rabilongo (2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para Aegithalos caudatus as denominacións

populares de rabolongo e furafollas nas terras da Limia (9A). Tamén na Limia, o autor do presente

traballo rexistrou bolo (co o pechado) para esta especie. C. Pedreira López et al. rexistraron o nome de

rabo de culler para A. caudatus no concello de Ames, na provincia da Coruña (9B). Na primeira guía

de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López recolleuse tamén rabo de culler, para A. caudatus (1A). As

denominacións de ferreiriño rabilongo e rabo de culler recóllense para esta especie no Atlas de

vertebrados de Galicia (7A). É posíbel que a denominación popular tapullo, definida en varios

dicionarios como paxaro parecido ao ferreiriño pero máis pequeno, estea tamén referida a A. caudatus.

Unha chea de denominacións populares xenéricas tamén aplicábeis a esta especie coméntanse

en Parus caeruleus e Parus major.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, alén das denominacións apuntadas en Parus major, inclúe a entrada tapullo para se

referir a un paxaro parecido ao ferreiriño peromáis pequeno, e a entrada subeliño, que define de

maneira moi imprecisa como páxaro longo e delgado que ten forma asubelada, de subela, e que se

podería tratar desta especie (X. Penas Patiño e C. Pedreira López propuxeran ferreiriño subeliño). No

Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da

editorial Akal, e no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco,

aparecen as denominacións xenéricas indicadas en P. major, alén da denominación tapullo para se

referir a unha especie parecida ao ferreiriño pero máis pequena (posibelmente A. caudatus). O

Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da

editorial Galaxia, recolle ferreiriño rabilongo, ferreiriño subeliño, meixengra e rabo de culler

como sinónimos específicos para A. caudatus. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de

varios autores, aparecen as denominacións xenéricas indicadas en P. major e nelas recóllense as

subentradas ferreiriño subeliño e ferreirolo subeliño, que fan referencia especificamente a A.

caudatus; tapullo, definida como paxaro semellante ao ferreiriño pero máis pequeno; ademais, a

entrada meixengra (considerada tamén galega e preferente) é tamén para nomear especificamente

este paxaro.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego de ferreiro e ferreiriño

nas nosas letras, véxase P. major.

● Etimoloxía / motivación semántica. Os nomes galegos xenéricos ferreiriño e similares e o

portugués chapim (en galego existe a voz chapiño) están motivados polo seu parecido cos paxaros da

familia Paridae (véxase P. major). O modificador rabilongo ou o nome rabolongo, como indican,

aluden á súa cauda longa; subeliño, ao parecido do seu corpo coa forma dunha subela; rabo de

culler, ao parecido do seu corpo coa forma dunha culler. Furafollas é unha denominación máis

empregada para os paxaros do xénero Phylloscopus (véxase Phylloscopus collybita). Canto a tapullo e

bolo, parecen referirse á forma redondiña e pequena do seu corpo. A respecto da motivación

semántica de meixengra, véxase Merops apiaster (esta voz tamén esta recollida para denominar

outros paxaros, como as especies do xénero Sylvia ou M. apiaster).

Familia Paridae

ferreiriño palustre Poecile palustris (=Parus palustris)

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Ferreiriño non calugado foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse na primeira guía de aves (1A) destes autores e recolleuse nalgunha outra publicación (2A).

Ferreiriño de caluga negra utilizouse nas seguintes guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira

López (5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e nalgunha outra publicación (11A).

Ferreiriño palustre foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A.

Vidal Figueroa (10B e 12B); tense recollido ou empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A,

10A, 12A, 13A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é chapim-palustre (2A, 1D e

242

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!