19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

(23B). Aínda que en moitas outras fontes non se identifica a especie, o nome trallón está ben presente

na tradición lexicográfica galega: M. C. Gil Suárez rexistrou trallón no galego de Vilardevós (3C),

referido a un paxaro pequeno; E. Rivas Quintas recólleo en Medeiros e apunta tamén que a

denominación está presente en xeral no sur da provincia de Ourense (10G, 14G), para un paxaro

pequeno e migrador parecido ao chasco. Así mesmo, J. Rodríguez Cruz rexistrou a voz trallón en

Hermisende (13B), sen chegar a identificar a especie, mais indicando que é un paxaro coas ás algo

brancas, que se era cazado con esparrelas xunto coa pardiña (outro paxaro, probabelmente Muscicapa

striata), caracteristicamente no paso posnupcial, de modo que todo apunta tamén á identificación de

trallón con Ficedula hypoleuca.

● Dicionarios consultados. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada papa-moscas, que nunha das acepcións se define como

paxaro dentirrostro e se identifica co nome científico de Ficedula hypoleuca. O Gran Diccionario Xerais

da Lingua Galega (2000), de varios autores, recolle a entrada papamoscas, que nunha das acepcións

defínese como "paxaros paseriformes da familia muscicápidos, pertencentes aos xéneros Ficedula e

Muscicapa". Semanticamente, o substantivo papamoscas alude á súa alimentación insectívora; os

modificadores negro e preto, á cor da plumaxe.

● Etimoloxía / motivación semántica. O substantivo papamoscas alude á súa alimentación

insectívora. O nome galego trallón, paralelo ao portugués taralhão, está probabelmente en relación

coa voz portuguesa taralhar, que é o mesmo que pipiar ou pipilar.

Familia Timaliidae

ferreiriño de bigote Panurus biarmicus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Rabilongo das canaveiras foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse na segunda guía de aves destes autores (5A) e recolleuse noutras publicacións ornitolóxicas

(2A, 18A e 11B). Ferreiriño de bigote foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A.

Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense recollido ou empregado nalgunhas publicacións

ornitolóxicas (8A, 10A, 13A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son chapim-debigode

ou de-bigodes e chincha-bigodeira (2A, 11B, 1D e 2D).

● Nomes populares. É unha especie moi rara na Galiza e non se lle coñecen nomes populares.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as denominacións xenéricas indicadas en Parus major.

No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparecen as denominacións

xenéricas indicadas en P. major.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego de ferreiro e ferreiriño nas

nosas letras, véxase P. major.

● Etimoloxía / motivación semántica. O nome galego ferreiriño e os portugueses chincha e

chapim (en galego existe a voz chapiño) están motivados polo seu parecido cos paxaros da familia

Paridae (véxase P. major); rabilongo, como indica, alude á súa cauda longa. O modificador das

canaveiras fai referencia ao seu hábitat; de bigote, ás manchas negras que ten na plumaxe da cara,

que lembran uns bigotes.

Familia Aegithalidae

ferreiriño rabilongo Aegithalos caudatus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Ferreiriño rabilongo foi o primeiro nome proposto

por C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño, en 1977, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B). En

241

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!