19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da

editorial Akal, identifica coa voz castelá reyezuelo coas galegas folosiña, fulosiña, papuxa, chichí e

chichís. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco,

aparece a entrada estreliña, nunha das acepcións definida como "pequenos páxaros dentirrostros da

família dos regúlidas" e identificada co nome científico Regulus ignicapilla. No Gran Diccionario Xerais

da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparecen as entradas xenéricas apuntadas nos xéneros

Locustella, Sylvia e Phylloscopus (que poderían ter certa relación ou parecido con esta especie). Trae

tamén a entrada picamoscas (como galega, mais non preferente), que remite a estreliña riscada

(porén, despois non aparece entrada para estreliña).

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Canto ao emprego do nome xenérico estreliña na

nosa literatura, véxase Regulus regulus. Sobre folosiña, véxase L. naevia.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da motivación semántica de estreliña, chichí

e chichís, véxase R. regulus. Outras denominacións xenéricas compártense con outras especies ou son

propias doutras especies e aplícanse tamén localmente ao xénero Regulus (para a motivación

semántica de folosiña e fulosiña, véxase L. naevia; para a motivación semántica de papuxa, Sylvia

undata). Os modificadores específicos riscada e de-cabeça-listada aluden ás raias de cores que ten a

plumaxe do curuto; real, á súa plumaxe e á coroa de cores que lle debuxan as raias do curuto. O

modificador común indica que é a especie máis frecuente de estreliña.

Familia Muscicapidae

papamoscas cincento Muscicapa striata

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Papamoscas apardado foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse na primeira guía de aves destes autores (1A) e recolleuse no Atlas de vertebrados de Galicia

(7A) e noutra publicación ornitolóxica (2A). Papamoscas cincento foi proposto en 1991 e 1999 nos

traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); empregouse nas seguintes guías de

aves de Penas Patiño e Pedreira López (5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e tense

recollido ou empregado tamén noutras publicacións ornitolóxicas (6A, 8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A,

15A, 16A e 18A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son papa-moscas-cinzento e

taralhão-cinzento (2A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. J. Rodríguez Cruz rexistrou a voz pardiña en Hermisende. Aínda que sen

identificar unha especie concreta, referíse a un paxaro pequeno que está caracteristicamente presente

no paso posnupcial, que se cazaba con esparrelas tipicamente nesa época do ano xunto co trallón

(Ficedula hypoleuca), diferenciándoo desta segunda especie, de modo que pardiña talvez sexa

Muscicapa striata (13B). Por outro lado, a denominación é ben definidora da plumaxe desta especie.

● Dicionarios consultados. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, aparece a denominación papa-moscas, como se apunta en Ficedula hypoleuca,

que é a especie coa que identifica o termo. O Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de

varios autores, recolle a entrada papamoscas, que nunha das acepcións defínese como "paxaros

paseriformes da familia muscicápidos, pertencentes aos xéneros Ficedula e Muscicapa".

● Etimoloxía / motivación semántica. O substantivo papamoscas alude á súa alimentación

insectívora; os modificadores cincento e apardado, á cor da plumaxe. O nome portugués taralhão

vén da voz portuguesa taralhar, que é o mesmo que pipiar ou pipilar.

papamoscas negro Ficedula hypoleuca

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Papamoscas negro foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e

tamén en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B). Utilizouse

nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A) e recolleuse ou utilizouse

tamén noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 6A, 8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A e 18A). Na

bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é papa-moscas ou papa-moscas-preto (2A, 1D, 2D e

3D).

● Nomes populares. A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X.

Rodríguez recollen a voz trallón e identifícana claramente con Ficedula hypoleuca na comarca de Verín

240

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!