19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Familia Podicipedidae

mergullón pequeno Tachybaptus ruficollis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Somorgullo pequeno foi o nome inicialmente

proposto por C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de

Galicia (4B e 5B); utilizouse nas dúas primeiras guías de aves destes autores (1A e 5A), no Atlas de

vertebrados de Galicia (7A) e noutras publicacións ornitolóxicas galegas até o ano 2000 (4A, 5A, 11A e

17A); tamén se recolleu noutras publicacións de ámbito estatal (2A e 18A). Mergullón pequeno foi o

nome proposto en 1991 e 1999 por M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B). Tense

empregado en publicacións ornitolóxicas galegas (12A, 13A, 15A e 16A), inclusive na terceira guía de

C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño (22A); tamén se recolle noutras publicacións de ámbito estatal

(8A, 14A e 18A). A denominación choupón pequeno utilizouse nunha publicación (6A). Na bibliografía

ornitolóxica, o nome portugués é mergulhão-pequeno (2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Ademais, para esta especie recolléronse os nomes populares galegos de:

mergullo, rexistrado por F. Bernis Madrazo no Bierzo (11B) e tamén recollido no Atlas de vertebrados

de Galicia (7A); merguillete, rexistrado por A. Villarino Gómez, na Limia (9A); agurgullador,

rexistrado por F. Bernis Madrazo en Cospeito (11B) e tamén recollido no Atlas de vertebrados de Galicia

(7A); augarón, rexistrado por A. Villarino Gómez na Limia (9A), tamén escoitado con moita frecuencia

polo autor deste traballo na mesma comarca; cabaciño, recollido no Atlas de vertebrados de Galicia

(7A); fonducho, rexistrado en Budiño e Goián, Pontevedra, por M. A. Conde Teira, (12A); pito,

recollido no Atlas de vertebrados de Galicia (7A); chupón, rexistrado en Vixán, Ribeira, por M. A.

Conde Teira (12A), e tamén recollido no Atlas de vertebrados de Galicia (7A); mergullón, e tamén

murgullador, rexistrados por M. J. Pérez Alonso no galego de Goián, Pontevedra (3C); M. González

González rexistrou somorgullo e somormullo no Incio; G. Baamonde Traveso, sumurgullo en

Cedofeita (3C). J. S. Crespo Pozo recolle de modo xenérico chupón como equivalente á voz castelá

somormujo na zona da ría de Arousa (12G).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as entradas: chupón, mergullón e somorgullo, as tres identificadas coa

voz castelá somormujo; fonducho, que identifica con mergullón; e así mesmo a subentrada rei dos

mares, nome que define tamén como una especie de somormujo. No Diccionario de usos castelángalego

de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen

identificadas coas voces castelás somormujo e somorgujo as voces galegas sumergullo, sumurgullo,

somergullo, chupón, fonducho e mergullón. O Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís

(1995), da editorial Sotelo Blanco, dá as entradas: mergullón, definíndoa (nunha das súas acepcións)

como "nome extensivo a várias aves palmípedes, da família dos colímbidas, podicipédidas e anátidas";

chupón, nunha das acepcións defínese como ave marítima que se somerxe; cabaciño, definido de

forma xenérica e identificado co nome científico Podiceps cristatus. No Diccionario de sinónimos da

lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), recóllese como sinónimos de

mergullón, de maneira xenérica, as denominacións merguillete, mergullador e somorgullo. No

Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparecen as entradas: mergullón

(como galega e preferente), referíndose, nunha das súas acepcións, especificamente a Tachybaptus

ruficollis e dando o sinónimo somorgullo pequeno; noutra acepción, refírese especificamente a

Podiceps cristatus; somorgullo (como galega e preferente), referíndose nunha das súas acepcións

especificamente a Tachybaptus ruficollis e dando o sinónimo mergullón; noutra acepción, refírese

especificamente a Podiceps cristatus; chupón (como galega e preferente), que nunha das acepcións

define como "ave palmípede de peteiro longo e afiado e plumas brancas, que voa pouco e se mergulla

moito na auga"; somormullo (como galega, mais non preferente), que remite a somorgullo;

fonducho (como galega non preferente), que remite a somorgullo. É interesante mencionarmos que

L. Carré Alvarellos recolle a voz galega cabaciño para se referir, explicándoo en castelán, a

“somormujo menor, ave palmípeda que vive en los ríos y lagos”, no ano 1979 (11G).

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Carlos Casares emprega a voz mergullón na

tradución para o galego de Tordyveln flyger i skymningen (Os escaravellos voan á tardiña), de María

Gripe (1989): "Tamén gravou o chío dun mergullón...".

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente o nome xenérico, mergullón, e outros

coa mesma raíz, mergu-, están relacionados cos hábitos mergulladores destas especies acuáticas, en

tanto que o cualificativo pequeno fai referencia ao seu tamaño (Tachybaptus ruficollis é a especie máis

miúda do grupo); augarón está relacionado co seu hábitat acuático; pito, co seu aspecto, que lembra

o dun poliño de pita; chupón fai referencia a chupar, mergullarse; cabaciño, á forma gordecha e algo

alongada do seu corpo e a que flota na auga. Non se achou unha explicación clara para a denominación

fonducho, non sendo que ao mergullarse poder ir ao fondo, chegar até o fondo, ou que afonda.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. A respecto da escolla

do nome xenérico de mergullón para este grupo, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa comentan

24

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!