19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

editorial Galaxia, define picafolla como especie de reyezuelo, pájaro parecido al carrizo y a la papuxa;

e define virafollas como curruca, pinzoleta, pájaro de los sílvidos. O Diccionario de usos castelángalego

de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, dun modo moi

xenérico, dá as voces virafollas e meixengra como equivalentes á castelá curruca, e folosiña,

fulosiña, papuxa, chichí e chichís coa voz castelá reyezuelo (en particular, as salientadas en negra

poden empregarse para o xénero Phylloscopus nalgunhas localidades galegas). No Dicionário da língua

galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparecen as entradas: florosa, definido

como "paxariño de cor parda, que gosta de picar os bichiños nas follas das figueiras e tamén se coñece

como pica-folla"; pica-folla, especificando a denominación de pica-folla-comun para P. collybita;

pica-flor, referíndose especificamente a P. collybita; vira-follas, que define como como "páxaro da

família dos silviídeos" e identifica co nome científico P. collybita e cos sinónimos folosiña (que non ten

entrada propia) e pica-folla. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e

P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle picafollas, chía, florosa, folosiña, furafollas,

picaflores e virafollas como sinónimos específicos para P. collybita. O Gran Diccionario Xerais da

Lingua Galega (2000), de varios autores, recolle as entradas: picafollas (como galega e preferente),

que define como "paxaro dos dentirrostros, de cor verde olivácea, ás curtas redondeadas, cunha raia

clara sobre os ollos e as patas escuras" e identifica con P. collybita; e virafollas (como galega e non

preferente), que remite a picafollas; tamén recolle a entrada cirifolla (como galega e non preferente),

que define como denominación xenérica dos paxaros de pequeno tamaño.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Fuco G. Gómez emprega a voz picafolla n' O

idioma dos animás (1937): "... o zarralleiriño, picafolla, carrizo i a papuxa comezaron a chichiar...".

Luís Iglesias Iglesias recolle virafollas en Xeografía fito-zoolóxica (1962): "... papudas,

virafollas e papuxas...".

Canto ao emprego do nome xenérico folosiña na nosa literatura, véxase Locustella naevia.

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, os nomes furafollas, virafollas,

picafollas e similares fan referencia aos hábitos desta especie, que anda de rama en rama á procura

de insectos, picando as follas. Mosquiteiro, mosqueiro e lapamoscas aluden á súa alimentación

insectívora. Outras denominacións xenéricas compártense con outras especies ou son propias doutras

especies e aplícanse tamén localmente ao xénero Phylloscopus; para a motivación semántica de

folosiña, follosa, felosa, folosa e similares, véxase Locustella naevia; florosa parece formarse

relacionando flor coas denominacións anteriores; para a motivación semántica de papuxa, véxase

Sylvia undata.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. A respecto da escolla

dun nome preferente, cómpre dicir que, até hai moi pouco tempo, a ciencia consideraba que

Philloscopus collybita e Phylloscopus ibericus eran a mesma especie. Hoxe en día considéraas como

dúas especies de paxaros diferentes, malia seren fisicamente iguais; varía o seu canto, a súa

distribución xeográfica e a súa fenoloxía; ambas as dúas especies están presentes na Galiza. O

modificador común indica que é a especie máis frecuente de picafollas (polo menos, en tanto P.

collybita e P. ibericus foron considerados a mesma especie). Despois desta diferenciación como

especies entre P. collybita e P. ibericus, parece que o nome que máis lle acae a P. collybita é picafollas

europeo, téndomos en conta que a P. ibericus se lle asigna picafollas ibérico, facendo tamén

referencia á súa área de distribución.

picafollas ibérico Phylloscopus ibericus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Picafollas ibérico foi a única denominación galega

atopada para Phylloscopus ibericus, na terceira guía aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López

(22A) e nunha publicación ornitolóxica de ámbito estatal (14A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome

portugués é felosinha-ibérica (1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Non é doado distinguilo da especie anterior nin tampouco doutras deste

xénero, e non se lle coñecen nomes populares específicos. Algunhas denominacións xenéricas

populares que tamén se poderían aplicar a esta especie están anotadas en Phylloscopus collybita,

Hippolais polyglotta e Regulus ignicapilla.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Phylloscopus

collybita.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego de picafollas e virafollas

na nosa literatura, véxase P. collybita. Canto ao emprego de folosiña, véxase Locustella naevia.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da semántica de virafollas, picafollas e

similares, véxase P. collybita. Para a motivación semántica de folosiña, véxase Locustella naevia. O

modificador ibérico fai referencia á súa área de distribución.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. A respecto da escolla

dun nome específico, como xa se comentou en P. collybita, a ciencia consideraba até hai ben pouco

237

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!