19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

toutinegra-de-barrete ou toutinegra-de-barrete-preto (2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. C. Pedreira López et al. rexistraron os nomes de papuda e papona para

Sylvia atricapilla no concello de Ames, na provincia da Coruña (9B). A. Villarino Gómez rexistrou para

esta especie a denominación popular de cabeciña negra nas terras da Limia (9A). Na primeira guía de

aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López apuntáronse as denominacións de moreira e cabeciña

negra para S. atricapilla (1A). Algunhas voces xenéricas populares tamén aplicábeis a esta especie

están comentadas en Sylvia communis.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece a entrada moreira, nunha das súas acepcións definida como curruca de

cabeza nega, pájaro de la familia de los sílvidos (Sylvia melanocephala non habitaba aínda na Galiza, é

unha especie de aparición relativamente recente na nosa terra, e moi probabelmente a curruca de

cabeza negra á que se refire é S. atricapilla); outras denominacións xenéricas están apuntadas en S.

communis. No Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo

(1984), da editorial Akal, especifícase a denominación moreira para a subentrada castelá curruca de

cabeza negra (como acabamos de comentar, moi probabelmente a curruca de cabeza negra á que se

refire é S. atricapilla); outras denominacións xenéricas están apuntadas en S. communis. No Dicionário

da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparecen as entradas:

papuxa, que se define como "pequenos páxaros de asas curtas e plumaxe vistosa", e especifica

papuxa das amoras (sen guións) para S. atricapilla; tarroeira, tamén para esta especie, do que se

volve dar o nome científico e se di que é máis coñecido polos nomes papuxa-das-amoras e amoreira

(aínda que despois, na entrada amoreira non inclúe esta acepción); tamén, cabeciña-negra, que

identifica con papuxa-das-amoras, S. atricapilla. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000),

de varios autores, aparecen as entradas papuda (como galega e preferente), que nunha das acepcións

identifica con S. atricapilla, incluíndo os sinónimos moreira e papuxa das amoras, e noutra acepción con

S. undata; papuxa (como galega e preferente), que nunha das acepcións identifica con S. communis,

mais que tamén considera como nome xenérico, e achega a subentrada papuxa das amoras, nome

que identifica con S. atricapilla, cos sinónimos moreira e papuda, e a subentrada papuxa *montés

(debería ser papuxa montesa), que fai referencia a Sylvia undata, co sinónimo papuda; moreira

(como galega e preferente), nunha das acepcións identificada especificamente con S. atricapilla, e cos

sinónimos papuxa das amoras e papuda; catuxa (como galega, mais non preferente), que remite a

papuxa; cabeciña negra (como subentrada dentro da enrada cabeza), que identifica com moreira,

papuda, papuxa das amoras, S. atricapilla; catarela (como galega non preferente), que remite a

papuxa; cataluxa (como nome galego xenérico e non preferente), que remite a papuxa.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego de papuxa na nosa

literatura, véxase S. communis.

● Etimoloxía / motivación semántica. Canto á semántica de papuxa, papuda e similares, e

tamén de toutinegra, véxase S. undata. Os termos das amoras, amoreira e similares fan referencia

á alimentación; encapuchada, cabeciña negra e de-barrete-preto aluden á plumaxe da cabeza.

picafollas de Bonelli Phylloscopus bonelli

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Picafollas abuado foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

na primeira guía de aves destes autores (1A) e recolleuse nalgunha outra publicación ornitolóxica (2A e

7A). Picafollas de Bonelli foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa (10B e 12B); empregouse nas seguintes guías de aves de Penas Patiño e Pedreira

López (5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse ou empregouse tamén noutras

publicacións ornitolóxicas (6A, 8A, 8A, 10A, 12A, 13A, 15A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, os

nomes portugueses son felosa-de-papo-branco e felosa-de-Bonelli (2A, 10A, 1D, 2D e 3D; con

máis frecuencia o primeiro).

● Nomes populares. X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López apuntan as xenéricas de folosiña,

furafollas, picaflores e virafollas para as especies do xénero Phylloscopus (1A). No Atlas de

vertebrados de Galicia recóllese tamén para esta especie o nome de tuisa (7A). Outras denominacións

xenéricas populares que tamén se poderían aplicar a esta especie están anotadas en Phylloscopus

collybita, Hippolais polyglotta e Regulus ignicapilla.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Phylloscopus

collybita. Ademais, no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo

Blanco aparece as entrada pica-folla, especificando a denominación de pica-folla-abuado para

Phylloscopus bonelli.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego de picafollas e virafollas

na nosa literatura, véxase Phylloscopus collybita. Canto ao emprego de folosiña, véxase Locustella

naevia.

235

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!