19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

denominación popular moi inespecífica referida a "papar", que se usa para designar especies de

paxaros ben diferentes. Recóllese como nome xenérico para as papuxas (xénero Sylvia), como nome

para Hydrobates pelagicus e tamén para as gaivotas (cando menos apúntase para Larus minutus e

Larus canus, aínda que pola súa inespecificidade podería empregarse tamén para outras de maior

tamaño, que teñen fama de máis comellonas).

Meixengra é unha voz tamén recollida para denominar outros paxaros, como Merops apiaster

ou Aegithalus caudatus. Furafollas e virafollas son denominacións máis propias do xénero

Phylloscopus.

papuxa cincenta Sylvia curruca

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Papuxa careta foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); recolleuse

nalgunha publicación ornitolóxica (2A). Papuxa cincenta foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos

traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado ou recollido

nalgunha publicación ornitolóxica (10A, 13A e 14A); tamén na última guía de C. Pedreira López e X. M.

Penas Patiño (22A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é papa-amoras-cinzento (2A, 1D,

2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie moi rara na Galiza e non se lle coñecen nomes populares

específicos. Algunhas voces xenéricas populares aplicábeis a esta especie están comentadas en Sylvia

communis.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Sylvia

communis.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego de papuxa na nosa literatura,

véxase S. communis.

● Etimoloxía / motivación semántica. Canto á semántica de papuxa, papuda e similares, e

tamén de toutinegra, véxase Sylvia undata. O nome papa-amoras fai referencia á alimentación;

cincenta, á cor da plumaxe.

papuxa picafollas Sylvia borin

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Papuxa apardada foi a denominación proposta por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse na segunda guía de aves destes autores (5A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

recolleuse nalgunha outra publicación ornitolóxica (2A). Na última guía de C. Pedreira López e X. M.

Penas Patiño usouse papuxa apardazada (22A). Papuxa picafollas foi o nome proposto en 1991 e

1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense recollido ou

empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na bibliografía

ornitolóxica, os nomes portugueses son toutinegra-das-figueiras ou felosa-das-figueiras (2A, 10A,

1D e 2D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para esta especie a de papuxa nas terras da

Limia (9A). Algunhas voces populares xenéricas tamén aplicábeis a esta especie están comentadas en

Sylvia communis.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Sylvia

communis.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego de papuxa na nosa literatura,

véxase S. communis.

● Etimoloxía / motivación semántica. Para papuxa, papuda e similares, e tamén toutinegra,

véxase Sylvia undata. O modificador das-figueiras fai referencia ao seu hábitat; picafollas alude ao

parecido físico de Sylvia borin en concreto cos paxaros do xénero Phylloscopus, que reciben este nome

xenérico (para a significación, véxase Phylloscopus collybita); apardada alude á cor da plumaxe.

papuxa das amoras Sylvia atricapilla

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Papuxa das amoras foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e

tamén en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B). Utilizouse

nas guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia

(7A) e noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 10A, 18A, 13A e 14A). Nalgunha publicación recibiu o

nome de papuxa encapuchada (8A e 12A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é

234

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!