19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

literatura, véxase S. communis.

● Etimoloxía / motivación semántica. Canto á semántica de papuxa, papuda e similares, e

tamén de toutinegra, véxase Sylvia undata. O modificador ollobranca fai referencia ao anel branco

que posúe arredor do ollo; real é un cualificativo engadido ao nome xenérico de moitas aves para as

identificar como especies, e ás veces ten relación cunha certa beleza na súa forma ou nas súas cores;

neste caso talvez pola súa vistosa plumaxe.

papuxa común Sylvia communis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Papuxa común foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén

en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B). Utilizouse nas

guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A)

e recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A,

15A, 16A e 18A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é papa-amoras ou papa-amorascomum

(2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para esta especie a de furafollas nas terras

da Limia (9A). J. A. Palacio Sánchez rexistrou cataluxa, catarela e catuxa en Ferreira de Pantón,

todas elas identificadas coa voz castelá curruca zarcera, isto é, Sylvia communis (3C). C. García

González, M. González González, M. R. Álvarez Blanco e J. A. Palacio Sánchez rexistraron para esta

especie papuxa, respectivamente en Compostela, o Incio, Ramirás e Ferreira de Pantón (3C). M. C.

Enríquez Salido rexistrou para esta especie papuda no Grove (3C). F. Fernández Rei rexistrou, tamén

para especie, papoia en Cedeira (3C). Por outra banda, na primeira guía de aves de X. M. Penas Patiño

e C. Pedreira López apuntáronse as denominacións xenéricas populares de papuxa e papuda para as

especies do xénero Sylvia (1A). F. Bernis Madrazo tamén rexistrou os nomes xenéricos de papuxa, na

provincia de Ourense, e papuda, en bastantes localidades da provincia de Lugo e de Zamora, aínda

que apunta que están referidos nomeadamente a Sylvia communis e ás veces tamén ao xénero

Hippolais (11B). F. Bernis Madrazo tamén comenta que Ríos Naceyro (1850) xa recollera a voz papuda

para S. communis (11B).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as entradas carriza, que se identifica coa voz castelá curruca, dando o

sinónimo carrizo (que despois, na súa entrada, defínese facendo referencia a outro paxaro,

Troglodytes troglodytes); tamén papuxa, que nunha das acepcións define como reyezuelo, abadejo,

pájaro pequeno, carnoso y de plumaje aceitunado e papuda, que define como curruca gris. O

Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da

editorial Akal, identifica coa entrada castelá curruca as denominacións galegas de virafollas e

meixengra, e especifica papuda para curruca gris. O Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís

(1995), da editorial Sotelo Blanco, inclúe as entradas: papuxa, que define como "pequenos páxaros de

asas curtas e plumaxe vistosa", especificando papuxa comun para Sylvia communis; papuda, que

nunha das acepcións identifica con papuxa. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia,

X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle cataluxa, catarela, catuxa, papoia

e papuda como sinónimos específicos para S. communis e papuda, paxara e papuxa como

sinónimos xenéricos de Sylvia. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores,

aparecen as entradas papuda (como galega e preferente), que identifica con Sylvia atricapilla, con

Sylvia undata e pódese considerar tamén xenérico; papuxa (como galega e preferente), que nunha

das acepcións identifica con S. communis, mais que tamén considera como nome xenérico; catuxa

(como galega, mais non preferente), que remite a papuxa; catarela (como galega non preferente),

que remite a papuxa; cataluxa (como galega e non preferente), que remite a papuxa.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A voz papuxa tense recollido na nosa literatura.

Así, por exemplo, Xavier Prado en Monifates (1928): "... aquil monifate que parecía fillo dun xílgaro e

unha papuxa...". Fuco G. Gómez, n' O idioma dos animás (1937): "Algo pareio quinoulle a papuxa, ao

enadir morta de riso: -Chíi híi chíi chíi chiri chi...". Ou Manuel Catoira, no ano 1977: "... nin laranxas

nin cantos de papuxa. Aquí é moi difícil camiñar...".

Luís Iglesias Iglesias tamén recolle papuda e papuxa en Xeografía fito-zoolóxica (1962): "...

papudas, virafollas e papuxas...".

● Etimoloxía / motivación semántica. Canto á semántica de papuxa, papuda e similares, e

tamén de toutinegra, véxase Sylvia undata. O modificador portugués papa-amoras fai referencia á

súa alimentación; común indica que é unha das papuxas máis frecuentes. Para a semántica de

furafollas e virafollas, véxase Phylloscopus collybita (son denominacións máis propia do xénero

Phylloscopus); para a semántica de carriza, véxase Troglodytes troglodytes (a denominación é ben

propia desa especie); para a semántica de meixengra, véxase Merops apiaster.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Papoia é unha

233

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!