19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

específico e modo particular pode crear confusión con Hippolais icterina (que recentemente, cada vez

máis, recibe en portugués o nome de felosa-amarela), de aí que prefiramos mellor políglota,

coincidente co nome científico e co nome portugués, que ademais se asocia sen confusión a H.

polyglotta.

folosa cítica Hippolais caligata (=Iduna caligata)

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Non se teñen empregado até o momento.

● Nomes populares. Esta ave é de presenza en extremo esporádica na Galiza (e moi

recentemente rexistrada). Non se coñecen nomes específicos; os comentarios poden ser os mesmos

que as especies anteriores no tocante ao nome xenérico.

● Dicionarios consultados. Ningunha denominación específica para H. caligata; só as

denominacións xenéricas indicadas en H. polyglotta.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a motivación semántica de folosa, véxase

Locustella naevia. O modificador cítica alude á súa área de distribución habitual (a do pobo cita: ao

norte ou nordeste do Mar Negro e ao leste do lago Aral).

papuxa do mato Sylvia undata

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Papuxa *montés foi a denominación proposta por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse na primeira guía de aves destes autores (1A) e recolleuse noutras publicacións ornitolóxicas

(2A e 18A). Papuxa montesa utilizouse nas seguintes guías destes autores (5A e 22A), no Atlas de

vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse nalgunha publicación ornitolóxica (10A e 14A). Papuxa do

mato foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa

(10B e 12B); recolleuse ou empregouse nalgunhas publicacións (8A, 12A e 13A). Na bibliografía

ornitolóxica, os nomes portugueses son toutinegra-do-mato, felosa-do-mato e carriça-do-mato

(2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D; con máis frecuencia o primeiro).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para esta especie a de furafollas nas terras

da Limia (9A). A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez, forneira

na comarca de Verín (23B). No Atlas de vertebrados de Galicia apúntase o nome específico de tizona

(7A). Algunhas voces populares, pero xenéricas, tamén aplicábeis a esta especie, están comentadas en

Sylvia communis.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Sylvia

communis. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco,

aparecen as entradas: papuxa, que define como "pequenos páxaros de asas curtas e plumaxe

vistosa", e especifica papuxa *montés (montesa) para Sylvia undata; papuda, que nunha das

acepcións identifica con papuxa e noutra coa papuxa montés (S. undata). O Diccionario de sinónimos

da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle

papuda, papuda *montés (montesa) e toxeira como sinónimos específicos para S. undata. No Gran

Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparecen as entradas papuda (como

galega e preferente), que nunha das acepcións identifica con Sylvia atricapilla, e noutra acepción con S.

undata, incluíndo o sinónimo papuxa montés; papuxa (como galega e preferente), que nunha das

acepcións identifica con S. communis, pero que tamén considera como nome xenérico, achegando a

subentrada papuxa *montés, nome identificado con S. undata, co sinónimo papuda; catuxa (como

galega, mais non preferente), que remite a papuxa; catarela (como galega non preferente), que

remite a papuxa; cataluxa (como galega non preferente), que remite a papuxa.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego de papuxa na nosa

literatura, véxase S. communis.

● Etimoloxía / motivación semántica. Papuda seguramente está referida ao papo destes

paxaros, moi branco, que contrasta coa plumaxe do resto do corpo; papuxa talvez sexa unha

transformación ou corruptela da voz orixinal papuda; catuxa, cataluxa e similares poderían ser

corruptelas de papuxa. Os modificadores do mato, montesa e similares fan referencia ao seu hábitat.

A denominación tizona refírese á plumaxe escura (e talvez tamén forneira, pola plumaxe acincentada,

aínda que neste caso tamén podería ser por causa do rabo longo e o corpo redondo, que poden

semellar unha pa do forno). Toutinegra, que se aplica en portugués para ás especies do xénero Sylvia,

quere dicir que ten a cabeza negra. Furafollas, carriça e felosa son nomes propios doutros xéneros:

para a semántica de furafollas, véxase Phylloscopus collybita; para a semántica de carriça, véxase

231

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!