19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Canto ao emprego do nome xenérico folosiña na

nosa literatura, véxase Locustella naevia.

● Etimoloxía / motivación semántica. Para folosa, fulepa, fillosa e similares, véxase L. naevia.

Os modificadores abuado e pálido fan referencia á cor débil da plumaxe. A denominación lirio talvez

sexa pola cor da plumaxe do paxaro, que ten parecido coa cor da flor.

folosa icterina Hippolais icterina

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Folosa icterina foi o nome proposto en 1991 e 1999

nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense recollido ou empregado

nalgunhas publicacións ornitolóxicas (10A, 14A e 15A). Na última guía de aves de Penas Patiño e

Pedreira López utilizouse o nome fulepa icterina (22A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes

portugueses son felosa-amarela e felosa-icterina (1D, 2D e 3D; con máis frecuencia o primeiro).

● Nomes populares. É unha especie moi moi rara na Galiza e non se lle coñecen nomes

populares específicos. Algunhas denominacións populares xenéricas que se poderían aplicar a esta

especie están anotadas en Hippolais polyglotta e Regulus ignicapilla.

● Dicionarios consultados. Recollen as denominacións xenéricas xa apuntadas en Locustella

naevia, H. polyglotta e H. pallida.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Canto ao emprego do nome xenérico folosiña na

nosa literatura, véxase L. naevia.

● Etimoloxía / motivación semántica. Para folosa, fulepa, fillosa e similares, véxase L. naevia.

Os modificadores amarela e icterina fan referencia á cor da plumaxe.

folosa políglota Hippolais polyglotta

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Lirio marelo foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

na primeira guía de aves destes autores (1A) e recolleuse no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

noutras publicacións ornitolóxicas (2A e 18A). Nas seguintes guías de aves de Penas Patiño e Pedreira

López (5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e noutras publicacións utilizouse fulepa

amarela (6A e 11A). Folosa amarela foi en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A.

Vidal Figueroa (10B e 12B); tense recollido ou empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A,

10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é felosa-poliglota

(2A, 10A, 1D e 2D).

● Nomes populares. Como xa se ten comentado, hai moita variedade e confusión, ou mestura,

no emprego popular de nomes xenéricos para especies de paxariños insectívoros. As máis propias para

o xénero Hippolais poderían ser folosa, fulepa, fillosa e similares. M. Taboada Cid rexistrou as voces

xenéricas de folepa en Verín e na Mezquita e foleco, foleca, folecra, fuleca, folepo e fulepa, en

Verín (3C). M. C. Gil Suárez tamén rexistrou foleca en Vilardevós (3C). As devanditas denominacións

fan referencia a "un paxaro pequeno e amarelo que aniña nas silverias", e é probábel que fose esta

especie. F. Bernis Madrazo rexistrou a voz papo marelo na provincia de Lugo, que podería estar

referida aos xéneros Hippolais ou Philloscopus, ou mesmo aos xéneros Sylvia ou Acrocephalus (11B)

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as denominacións xenéricas xa apuntadas en Locustella naevia. O Dicionário

da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, inclúe as denominacións

apuntadas en Locustella naevia, e inclúe tamén a entrada lírio, que nunha acepción, lírio marelo,

define como "páxaro de peito máis marelo que o pica-folla e un pouco mais grande" e identifica con

Hippolais polygotta. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparecen

as entradas xenéricas xa apuntadas en Hippolais pallida.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Canto ao emprego do nome xenérico folosiña na

nosa literatura, véxase Locustella naevia.

● Etimoloxía / motivación semántica. Para folosa, fulepa, fillosa, véxase Locustella naevia. Os

modificadores amarela e amarelo fan referencia á cor da plumaxe deste paxaro; políglota, ao seu

canto. A denominación lirio talvez é tamén pola cor da plumaxe, que ten parecido coa cor da flor. A

denominación papo marelo alude á coloración do papo.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Sería ben interesante

podermos dispor en galego de nomes xenéricos diferentes para os xéneros Locustella, Acrocephalus e

Hippolais (para os tres emprégase folosa).

O modificador amarela non é moi bo modificador para identificar H. polyglotta porque é pouuco

230

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!