19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

igualmente as denominacións deste grupo de especies co nome xenérico de mobella, que é, con boa

diferenza, o máis habitual e inequívoco (patoula é unha denominación que tamén se rexistra para as

especies do xénero Phalacrocorax; can do mar é o nome dun ser mitolóxico e tamén o dalgunhas

especies de peixes da familia dos esciliorinídeos).

mobella grande Gavia immer

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Mobella foi o nome específico para Gavia immer

proposto por C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de

Galicia (4B e 5B); utilizouse na primeira guía de aves destes autores (1A) e recolleuse noutra

publicación (2A). Mobella grande utilizouse na segunda guía de aves de X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López (5A) e foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A.

Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse tamén na terceira guía de aves de X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López (22A) e nunha chea máis de publicacións ornitolóxicas galegas (6A, 11A, 12A, 13A, 15A

e 16A); tamén se ten recollido noutras publicacións de ámbito estatal (10A e 14A). Na bibliografía

ornitolóxica, o nome portugués é mobelha-grande (2A, 4A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Véxase Gavia stellata.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco,

e no Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparecen as denominacións

xenéricas xa apuntadas en Gavia stellata. No Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia,

X. M. Gómez e P. Benavente (1997), indícase como sinónimo de mobella, especificando para o nome

científico Gavia immer, e diferenciándoa das especies Gavia stellata e Gavia arctica, a denominación

can do mar (este dicionario recolle con frecuencia as primeiras denominacións que empregaron X. M.

Penas Patiño e C. Pedreira López).

● Etimoloxía / motivación semántica. Para a motivación semántica de mobella (ou as súas

variantes), véxase Gavia stellata. O cualificativo grande fai referencia ao seu tamaño, en comparación

coas dúas especies anteriores de mobella.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. O cultismo *colimbo

designa ave mergulladora, en xeral; a asignación exclusiva ao xénero Gavia é propia e exclusiva do

castelán (véxase Gavia stellata).

mobella de bico branco Gavia adamsii

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Mobella de bico branco foi o nome proposto en 1999

no traballo de M. A. Conde Teira (12A). Outro nome equivalente, mobella biquibranca, utilizouse na

segunda e na terceira guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (5A e 22A) e nalgunha

outra publicación ornitolóxica galega (6A e 12A); recolleuse, ademais, noutras publicacións de ámbito

estatal (10A e 14A). Outra denominación, mobella de Adams, empregouse nunha publicación galega

(4A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son mobelha-de-Adams e mobelha-debico-amarelo

(4A e 1D).

● Nomes populares. É unha especie moito máis rara na Galiza do que son as tres anteriores,

mais os nomes populares xenéricos poderían ser os mesmos: mabea, mobella, momella e patoula.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco,

e no Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparecen as denominacións

xenéricas apuntadas en Gavia stellata.

● Etimoloxía / motivación semántica. Para a motivación semántica de mobella, véxase Gavia

stellata. Os cualificativos biquibranca e de bico branco, ou o portugués de-bico-amarelo, fan

referencia á cor característica do seu bico, entre branca e amarela segundo a época do ano e a idade

do exemplar.

23

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!