19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

acuática (11A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é felosa-aquática (2A, 10A, 1D, 2D e

3D).

● Nomes populares. Sobre denominacións xenéricas populares que tamén se poderían aplicar a

esta especie, véxase Acrocephalus schoenobaenus.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as denominacións xenéricas xa apuntadas en Locustella naevia. O Dicionário

da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, inclúe as denominacións

apuntadas en Locustella naevia e Acrocephalus arundinaceus. No Gran Diccionario Xerais da Lingua

Galega (2000), de varios autores, aparece a entrada folosa (como galega e preferente), que define

como paxaros dentirrostros dos xéneros Acrocephalus, Locustella e Hippolais, pequenos, insectívoros,

carnosos e pluma da cor da oliva; foleco (como galega e preferente), que remite, nunha das

acepcións, a folosiña; tamén folosiña (como galega, mais non preferente), que remite a folosa;

fulosiño (como galega non preferente), que remite a folosa; fulosiña (como galega non preferente),

que remite a folosa; fulosa (como galega non preferente), que remite a folosa.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Canto ao emprego do nome xenérico folosiña na

nosa literatura, véxase Locustella naevia.

● Etimoloxía / motivación semántica. Para folosa, fulepa, fillosa e similares, véxase L. naevia.

O modificador acuática fai referencia ao seu hábitat acuático.

folosa dos xuncos Acrocephalus schoenobaenus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Fulepa das xunqueiras foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse nas últimas guías de aves destes autores (5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A)

e recolleuse ou utilizouse tamén nalgunha outra publicación (2A, 6A e 11A). Folosa dos xuncos foi

proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense

recollido ou empregado en varias publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A, 14A e 15A). Na

bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é felosa-dos-juncos (2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Existe unha gran variedade, confusión ou mestura no emprego popular de

nomes xenéricos para especies de paxaros insectívoros. As máis propias do xénero Acrocephalus

parecen ser folosa, fulepa e fillosa. Véxase tamén Hippolais polyglotta e Regulus ignicapilla.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as denominacións xenéricas xa apuntadas en Locustella naevia. O Dicionário

da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, inclúe as denominacións

apuntadas en L. naevia e Acrocephalus arundinaceus. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega

(2000), de varios autores, aparecen as entradas xa apuntadas en Acrocephalus paludicola.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Canto ao emprego do nome xenérico folosiña na

nosa literatura, véxase L. naevia.

● Etimoloxía / motivación semántica. Para folosa, fulepa, fillosa e similares, véxase L. naevia.

Os modificadores dos xuncos e das xunqueiras, fan referencia a un dos hábitats característicos da

especie.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Sería ben interesante

podermos dispor en galego de nomes xenéricos diferentes para os xéneros Locustella, Acrocephalus e

Hippolais (para os tres emprégase folosa).

folosa das canaveiras Acrocephalus scirpaceus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Fulepa lixeira foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

na primeira guía de aves destes autores (1A) e recolleuse no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

nalgunha outra publicación ornitolóxica (2A e 18A). Folosa das canaveiras foi o nome proposto en

1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); tense recollido ou empregado nalgunhas publicacións

ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa

propuxeran folosa dos buños (10B). Nas últimas guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López (5A

e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e nalgunha outra publicación (11A) empregouse fulepa

dos carrizos. Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é rouxinol-pequeno-dos-caniços (2A e

1D) ou rouxinol-dos-canizos (2D e 3D).

● Nomes populares. Sobre denominacións xenéricas populares que tamén se poderían aplicar a

esta especie, véxase Acrocephalus schoenobaenus.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as denominacións xenéricas xa apuntadas en Locustella naevia. O Dicionário

228

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!