19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Manuel Martínez González emprega folosiña nos

Poemas gallegos seguidos d'un tratado sobr'o modo de falar é escribir con propiedade ó dialeuto,

datado no ano 1883: "Máis tenra qu'o piar da folosiña... ". Igualmente Fuco G. Gómez, n' O idioma

dos animás (1937), unha obra que se publicou na Habana: "Com'a paxara esquirla, o chapiño, a

folosiña... ".

● Etimoloxía / motivación semántica. Para folosa, fulepa, fillosa non se encontrou unha clara

explicación semántica; parece probábel certa relación con fula, cor amarela, pálida, ou fulo, cor negra

tirando a amarela, que son as cores da plumaxe dos paxaros aos que se lles aplican estes nomes

xenéricos; talvez, algunha das denominacións estea relacionada con foleca ou folerpa, floco de neve,

polo pequeno tamaño, o escaso peso e de o parecido da folerpa coas coas plumas; ademais, foleca é

unha das denominacións populares xenéricas equivalentes, apuntada en Hippolais polyglotta. O nome

saltón fai referencia á maneira desprazarse; pintada, manchada ou malhada, ás pintas da súa

plumaxe; do Norte, á súa área de distribución. A denominación portuguesa cigarrinha alude ao seu

canto persistente (1D).

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Existe unha grande

variedade, confusión ou mestura no emprego popular de nomes xenéricos para especies de paxariños

insectívoros. As máis propias do xénero Locustella parecen ser folosa, fulepa e fillosa.

Con todo, sería ben interesante podermos dispor en galego de nomes xenéricos diferentes para

os xéneros Locustella, Acrocephalus e Hippolais.

folosa unicolor Locustella luscinioides

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Saltón do sur foi a denominación proposta por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

recolleuse nalgunha publicación ornitolóxica (2A e 18A). No Atlas de vertebrados de Galicia, tamén se

apunta a denominación de saltón do sul para esta especie (7A). Folosa unicolor foi o nome proposto

en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense recollido

ou empregado nalgunhas publicacións (8A, 10A, 12A, 13A, 14A e 15A). Nas posteriores guías de aves

de Penas Patiño e Pedreira López (5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e nalgunha outra

publicación empregouse o nome fulepa unicolor (6A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes

portugueses son cigarrinha-ruiva e felosa-unicolor (2A, 1D, 2D e 3D; o segundo con máis

frecuencia).

● Nomes populares. Véxase Locustella naevia.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco,

e no Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparecen as denominacións

xenéricas xa apuntadas en L. naevia.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Canto ao emprego do nome xenérico folosiña na

nosa literatura, véxase Locustella naevia.

● Etimoloxía / motivación semántica. Para folosa e cigarrinha, véxase L. naevia. O nome

saltón fai referencia á maneira de desprazarse; o modificador ruiva, á cor da plumaxe; unicolor, a

que non ten pintas na plumaxe; do Sur, á súa área de distribución.

folosa fluvial Locustella fluviatilis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Non se teñen empregado até o momento, xa que é

unha ave de presenza esporádica na Galiza.

● Nomes populares. Os comentarios poden ser os mesmos no referente aos nomes xenéricos

populares indicados para Locustella naevia.

● Dicionarios consultados. Inclúen as denominacións xenéricas apuntadas en L. naevia.

● Etimoloxía / motivación semántica. Para folosa, véxase L. naevia. Fluvial fai referencia ao

seu hábitat.

folosa acuática Acrocephalus paludicola

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Folosa acuática foi o nome proposto en 1991 e 1999

nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado ou recollido

nalgunhas publicacións ornitolóxicas (10A, 12A, 13A, 14A e 15A). Nas guías de aves de X. M. Penas

Patiño e C. Pedreira López (5A e 22A) e nalgunha outra publicación empregouse o nome fulepa

227

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!