19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

(do latín lusciniolus), e que estaba presente xa no galego-portugués da época medieval (12B). M. A.

Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa prefiren, xa que logo, escoller un nome galego de vella tradición,

rousinol, aínda vivo, antes que a voz reiseñor, que está atribuída a unha "etimoloxía popular" e que

puido estar apoiada pola denominación castelá ruiseñor (10B). Non obstante, os mesmos autores

tamén comentan que tanto reiseñor coma rousinol están recollidas no VOLG, o Vocabulario

Ortográfico da Lingua Galega (10B). O modificador da auga alude ao seu hábitat; bravo, á súa

condición silvestre.

carriza dos xuncos Cisticola juncidis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Picaxuncos foi o nome proposto por C. Pedreira López

e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B). Utilizouse nas

guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse

nalgunha outra publicación ornitolóxica (2A e 11B). Carriza dos xuncos foi proposto en 1991 e 1999

nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); empregouse ou recolleuse en

diversas publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 18A). Nunha publicación utilizouse

ademais carrizo dos xuncos (12A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é fuinha-dosjuncos

(2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. En 1999, M. A. Conde Teira comenta que esta especie carece de nome

popular galego debido talvez a súa recente expansión (12B).

● Dicionarios consultados. Non se atoparon denominacións para esta especie.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Canto ao emprego de carriza na nosa literatura,

véxase Troglodytes troglodytes.

● Etimoloxía / motivación semántica. Os nomes empregados para C. juncidis en galego e en

portugués, carriza dos xuncos, picaxuncos e fuinha-dos-juncos, fan referencia a un dos hábitats

característicos da especie: as xunqueiras. Carriza é un nome xenérico que se toma de T. troglodytes,

outro paxariño moi miúdo (para a semántica, véxase estoutra especie).

folosa manchada Locustella naevia

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Saltón do norte foi a denominación proposta por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse na primeira guía de aves destes autores (1A) e recolleuse nalgunha publicación (2A e 7A).

Folosa manchada foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A.

Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (12A, 13A, 15A e

16A). Nas seguintes guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López (5A e 22A), no Atlas de

vertebrados de Galicia (7A) e nalgunha outra publicación empregouse fulepa pintada (6A). Nalgunhas

publicacións ornitolóxicas empregouse o nome de folosa pintada (8A, 10A, 14A e 18A). Na bibliografía

ornitolóxica, os nomes portugueses son cigarrinha-malhada e felosa-malhada (2A, 1D, 2D e 3D; o

primeiro con máis frecuencia).

● Nomes populares. Existe unha grande confusión ou mestura no emprego popular de nomes

xenéricos para especies insectívoras. As denominacións máis propias do xénero Locustella parecen ser

folosa, fulepa, fillosa e similares. Algunhas denominacións xenéricas populares que tamén se

poderían aplicar a esta especie están anotadas en Hippolais polyglotta e Regulus ignicapilla.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as entradas folosiña, definida de maneira imprecisa como reyezuelo,

pequeno pájaro, e cos sinónimos chichí e papuxa; chichí, definido como paxaro pequeno pertencente

aos dentirrostros e xénero bico fino, cos sinónimos folosiña e papuxa; fulosa, definido como especie de

pájaro muy pequeno y muy vivo, coa variante fillosiña; fillosiña, que remita e ferreiriño (aínda que é

un nome propio dos paxariños do xénero Parus) e a fulosa; papuxa, nunha das acepcións definida

como reyezuelo, abadejo, pájaro pequeno, carnoso y de plumaje aceitunado (poderían estar

relacionadas, cando menos algunha delas, talvez folosiña, fillosiña ou fulosa, con esta especie). No

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada

fulosiña, que define como o mesmo que carrizo ou papuxa (podería ter relación con Locustella) e a

entrada florosa, que identifica como picafollas, mais podería ser tamén denominación xenérica para

este grupo de especies. O Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, inclúe a

entrada folosa (como galega e preferente), que define como paxaros dentirrostros dos xéneros

Acrocephalus, Locustella e Hippolais, pequenos, insectívoros, carnosos e pluma da cor da oliva; tamén

folosiña (como galega, mais non preferente), que remite a folosa; fulosiño (como galega non

preferente), que remite a folosa; fulosiña (como galega non preferente), que remite a folosa; fulosa

(como galega e non preferente), que remite a folosa; e foleco (como galega e preferente), nunha das

acepcións remite a folosiña, que non está considerada preferente.

226

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!