19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Estorniño é unha voz

propia e exclusiva do xénero Sturnus que se emrega para o xénero Turdus por confusión.

tordo do visgo Turdus viscivorus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Tordo *charlo foi a denominación proposta por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e

tamén en 1991 e 1999 por M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse nas guías

de aves de Penas Patiño e Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

tense recollido ou utilizado tamén noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 8A, 10A, 11A, 13A, 14A, 18A

e 11B). En 1991, Conde Teira e Vidal propuxeron a denominación de tordo do visgo (10B). Na

bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son tordeia e tordoveia (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D;

o segundo con máis frecuencia).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para esta especie tordo e torda nas terras da

Limia (9A). A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez recollen

torda para T. viscivorus na comarca de Verín (23B). F. Bernis Madrazo rexistrou os nomes tamén

específicos de tordo mariño e tordo real na provincia de Lugo (11B). Outros nomes xenéricos

populares están indicados en Turdus philomelos.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as voces xenéricas xa apuntadas en T. philomelos. O

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, define a entrada

tordo, na primeira das acepcións, como "xénero de páxaros dentirrostros, da família dos túrdidas, coa

plumaxe misturada de branco e castaño", e especifica a denominación tordo *charlo para Turdus

viscivorus. O Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, inclúe a entrada

xenérica tordo para estas aves (unha das acepcións), especificando a denominación tordo *charlo

para T. viscivorus.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego de tordo na nosa literatura,

véxase T. philomelos.

● Etimoloxía / motivación semántica. Tordo e torda veñen do latín turdus. O modificador

*charlo está copiado do nome castelán zorzal charlo, que fai referencia á voz do paxaro; mariño non

ten unha explicación clara, non sendo unha crenza popular ou algunha asociación popular; do visgo

está relacionado co nome científico, viscivorus, comedor de visco ou visgo (visgo tamén vén do nome

latino desta planta, viscum). Torda, en feminino, como ben indican A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro

X. L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez (23B), pode ser unha denominación claramente específica

para Turdus viscivorus por causa do tamaño algo máis grande do que ten T. philomelos.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa comentan que propuxeron a denominación de tordo do visgo inspirados no inglés e

no propio nome científico, porque *charlo lles parecía un castelanismo innecesario e o nome portugués

tordeia tampouco lles parecía moi aconsellábel (10B). Posteriormente, M. A. Conde Teira comentou

tamén a inexistencia de nomes populares galegos coñecidos que lle acaian á especie, pois os dous

rexistrados por F. Bernis Madrazo, tordo mariño e tordo real, teñen problemas de uso: o primeiro é

pouco claro e o segundo coincide co que xa se emprega para Turdus pilaris; e volveu optar por tordo

*charlo, a pesar de ser un castelanismo, por ter xa certa tradición nas publicacións ornitolóxicas

(12B).

Na nosa opinión, non debemos esquecer que tordo *charlo é un castelanismo (o nome zorzal

charlo para esta especie é ben característico da lingua castelá), formulado no contexto da ornitoloxía

especializada para designarmos especificamente Turdus viscivorus. A pesar do fácil que resulta a

incorporación dos castelanismos na lingua galega, pola familiaridade que orixina a omnipresenza do

español, dado o proceso de asimilación que a nosa lingua está a sofrer, pensamos que é preferíbel

usarmos tordo do visgo, apuntado inicialmente por T. A. Vidal e M. A. Conde, ou mesmo torda.

Tordo do visgo está relacionado co nome científico, viscivorus, do mesmo modo que o nome inglés

(Mistle Thrush) e o nome alemán (Misteldrossel) para esta especie e, ademais, non reflicte a

subordinación da lingua galega á lingua castelá para a formulación de novos nomes. Torda, en

feminino, é ben indicativo do seu maior tamaño en relación con Turdus philomelos.

tordo rubio Turdus iliacus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Tordo malvís foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B). Utilizouse

nas guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López (1A, 5A e 22A) e recolleuse ou utilizouse tamén

224

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!