19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as voces xenéricas apuntadas en T. philomelos. O

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, define a entrada

tordo, na primeira das acepcións, como "xénero de páxaros dentirrostros, da família dos túrdidas, coa

plumaxe misturada de branco e castaño", e especifica a denominación tordo real para Turdus pilaris.

O Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, especifica a denominación tordo

real para T. pilaris.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego de tordo na nosa literatura,

véxase T. philomelos.

● Etimoloxía / motivación semántica. Tordo vén do latín turdus. O modificador dos prados

alude ao seu hábitat. Real é un cualificativo engadido ao nome xenérico de moitas aves para as

identificarmos como especies, e ás veces ten relación cunha certa beleza ou vistosidade na súa forma

ou nas súas cores, neste caso talvez pola súa vistosa plumaxe, gris azulada na cabeza e no rabo e

cunha rechamante cor castaña nas costas. Non se encontrou unha explicación clara para o modificador

portugués zornal, non sendo que teña relación con zornar ou zurrar, ornear, ou con zorzal (T. pilaris

tamén recibe en portugués o nome de tordo zorzal).

tordo común Turdus philomelos

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Tordo galego foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas primeiras guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López (1A e 5A), no Atlas de vertebrados de

Galicia (7A) e recolleuse nalgunha outra publicación (2A e 11B). Tordo común foi o nome proposto en

1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado

nalgunhas publicacións ornitolóxicas (6A, 8A, 10A, 12A, 13A e 14A e 18A), tamén na terceira guía de

Penas Patiño e Pedreira López (22A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son tordopinto

e tordo-comum (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para esta especie as de tordo, torda e

marviz nas terras da Limia (9A). No traballo de C. García González recolleuse a voz xenérica tordo en

trece localidades galegas e a variante tordillo noutras seis (3C). M. P. Paz González rexistrou a

variante torda en Xunqueira de Ambía; M. Taboada Cid, na Mezquita; M. C. Gil González, en Vilardevós

(3C). C. Pedreira López et al. rexistraron os nomes de tordo e torda para Turdus sp. no concello de

Ames, na provincia da Coruña (9B). F. Bernis Madrazo cita a Ríos Naceyro (1850) e L. Iglesias (1927),

que recollen a voz xenérica tordo para se referir tamén ao xénero Turdus (11B). M. Taboada Cid

rexistrou malvís en Verín; J. A. Palacio Sánchez, en Ferreira de Pantón; E. Rodríguez Gandoi, en

Guntín (3C). M. T. Acosta García rexistrou a variante molvís en Pedrafita (3C). M. González González

rexistrou a variante malvín no Incio (3C).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as entradas malvís, definida como especie de tordo más pequeno que sus

congéneres, e cochorro identificada coa voz xenérica castelá tordo. O Diccionario de usos castelángalego

de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, dá para a voz

castelá tordo, nunha das acepcións referida a paxaro, cochorro e estorniño, e noutra acepción

referida a paxaro na que indica un tamaño menor do normal, a voz malvís. O Dicionário da língua

galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, define a entrada tordo, na primeira das

acepcións, como "xénero de páxaros dentirrostros, da família dos túrdidas, coa plumaxe misturada de

branco e castaño", e especifica a denominación tordo galego para T. philomelos. O Diccionario de

sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia,

recolle charla e malvís como sinónimos específicos para T. philomelos. O Gran Diccionario Xerais da

Lingua Galega (2000), de varios autores, inclúe a entrada xenérica tordo para estas aves (unha das

acepcións), especificando a denominación tordo galego para T. philomelos.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Álvaro Cunqueiro emprega o vocábulo tordo en

varias das súas obras, como por exemplo n' A cociña galega (1973): "...unha encebolada de tordos ten

o seu mérito... ", e tamén emprega malvís noutras obras, como por exemplo n' As crónicas do

sochantre (1956): "...Tiña arte para imitar o melro e o malvís... ".

● Etimoloxía / motivación semántica. Tordo vén do latín turdus. F. Bernis Madrazo explica que

a voz castelá malvís –aplicábel tamén aos termos galegos malvís e similares– é unha clara

onomatopeia da voz "malví-malví-malví" que emite T. philomelos (11B). O modificador común indica

que T. philomelos é a especie a máis habitual dos tordos; galego é unha denominación popular, por

ser unha especie frecuente na nosa terra, mais realmente non hai ningunha característica particular na

súa bioloxía para ser chamado así; pinto alude as pintas que ten na plumaxe do peito e do ventre.

Para cochorro, véxase Turdus merula.

223

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!