19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Coruña (9B). J. Rodríguez Cruz, merla en Hermisende (13B). Na primeira guía de aves de X. M. Penas

Patiño e C. Pedreira López (1A) e no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) tamén se recolleron as

denominacións populares de melro (1A, 7A), merla (7A) cochorda (1A), cochosa (1A, 7A) e

cochorra (1A, 7A). F. Bernis Madrazo rexistrou as voces cochoza e cochorra nas provincias de Lugo

e Ourense e merlo nas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra (11B). M. J. Pérez Alonso rexistrou

a variante miarlo en Goián (3C).

● Dicionarios consultados. O Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, identifica as entradas chocorosa, cochorra (e apunta o sinónimo cocorda, que non

ten entrada propia), cochosa (remite a cochorra), merlo e melro coa voz castelá mirlo; define

merla como a femia do merlo, non como nome da especie. O Diccionario de usos castelán-galego de X.

M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, identifica coa voz castelá mirlo as

voces galegas merlo, melro, cocorda, chocorosa, cochorosa, cochorra e cochosa. O Dicionário da

língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, inclúe as entradas merlo, melro,

merla (como feminino de melro), identificadas con Turdus merula, e mérula (nunha das súas

acepcións remite a melro); tamén recolle cochorra, que identifica con merlo e con T. merula, e para a

que dá os sinónimos cochorda, cochosa, cochoso e chocorosa (que non teñen entrada propia). O

Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da

editorial Galaxia, recolle chicorroso, cochorda, cochorra, cochorrosa, cochosa, cotrosa e merlo

como sinónimos específicos para T. merula. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de

varios autores, aparecen as entradas merlo (como voz galega e preferente), para se referir a T. merula

e na que dá os sinónimos cochorra, cochosa e cotrosa; cochosa (como voz galega e preferente),

para se referir a T. merula e onde dá os sinónimos cochorra, cotrosa e merlo; cochorra (como voz

galega e preferente), para se referir a T. merula e onde dá os sinónimos cotrosa, cochosa e merlo;

cotrosa (como voz galega e preferente), para se referir a T. merula e onde dá os sinónimos cochorra,

cochosa e merlo; tamén recolle as voces melro e miarlo (como propiamente galegas mais non

preferentes), que remiten a merlo.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Tanto merlo como melro aparecen con moita

frecuencia recollidas na nosa literatura. Marcial Valladares utilizou merlo en Maxina ou a filla espúrea,

obra escrita no ano 1880: "... cantaban xa o millán garrido, a bubela e o cuco nas carballeiras, o merlo

e o reiseñor nos salgueirais, o paspallás entre os centeos e os xílgaros e carriciños, os chincheiros e

xiríns desfacíanse nos eidos mirando cada un para o seu amor ...".

Melro recóllese en publicacións periódicas do século XIX, como O Tío Marcos da Portela (1877):

"... voa si podes, meu melro...". O n' O Galiciano (1886): "... as notas que repinican no punteiro

son coma asubíos de melro na carballeira...". O escritor Álvaro Cunqueiro emprega o vocábulo melro

en varias das súas obras, como por exemplo en Dona de corpo delgado (1950): "...melro que canta

seu vagar na roseira... ". Ou Manuel María, en Contos en cuarto crecente (1952): "El era un melro

melriño máis mouro que unha noite do inverno...".

O poeta Miguel Marvoa usa merla en Voces da Limia (Poemas de Amor e de Loita) (2002): "E

falaba a merla / piaba o rousinol / cantaba o papo-rubio...".

A voz melro tamén aparece en cantigas populares de tradición oral, como a seguinte: "O demo

do melro macho / onde foi facer o niño / na oliveira do adro / na punta dun ramalliño."

● Etimoloxía / motivación semántica. As denominacións merlo, melro e similares veñen do

latín merula. F. Bernis Madrazo explica que cochorra e similares fan alusión ao grito que emite o

paxaro nunha situación de alarma ou cando vai durmir (11B). O termo común engádeselle ao nome,

normalmente, cando se está a falar tamén doutras especies moi parecidas que teñen o mesmo nome

xenérico, aínda que non se observaren na nosa xeografía, para diferenciala delas.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. En relación coa escolla

do nome xenérico, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa comentaron que alén de merlo, melro

tamén está presente na fala galega, ambas as dúas con grande difusión e ambas as dúas están tamén

recollidas no VOLG, Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (10B).

tordo real Turdus pilaris

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Tordo real foi a denominación proposta por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e

tamén en 1991 e 1999 por M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B). Utilizouse nas guías

de aves de Penas Patiño e Pedreira López (1A, 5A e 22A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras

publicacións ornitolóxicas (2A, 6A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A e 11B). Na bibliografía

ornitolóxica, o nome portugués é tordo-zornal (2A, 10A, 11B, 1D ,2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou as de tordo, torda e torda dos prados para

esta especie nas terras da Limia (9A). Outros nomes populares pero xenéricos están indicados en

Turdus philomelos.

222

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!