19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

melro de papo branco Turdus torquatus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Merla papuda foi a denominación proposta por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse na primeira guía de aves destes autores (1A) e recolleuse nalgunha outra publicación (2A).

Merlo papobranco foi o nome proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); empregouse

nas seguintes guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López (5A e 22A) e recolleuse ou empregouse

tamén nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 13A, 14A, 15A e 16A). Nalgunha publicación

utilizouse merlo papibranco (12A e 18A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa

propuxeran a denominación de melro de peito branco (10B). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes

portugueses son melro-de-peito-branco e melro-de-colar (2A, 10A, 1D, 2D e 3D; o segundo con

máis frecuencia).

● Dicionarios consultados. Só o Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M.

Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle merla papuda e merla papobranca como

denominación específica para T. torquatus. Nos outros atopáronse as denominacións xenéricas

apuntadas en Turdus merula, mais non se atopou ningunha específica para T. torquatus. No Gran

Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a subentrada *merlo arrieiro

dentro da entrada merlo, como termo galego e preferente, que identifica con T. torquatus (parece estar

claramente equivocado para designar esta especie, pois a denominación rexístrase na Galiza para outra

especie, Cinclus cinclus, que é o merlo que anda na auga, e de aí o de arrieiro ou rieiro, por andar no

río); tamén recolle a voz melro como propiamente galega, mais non preferente, remitindo a merlo.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. As voces xenéricas melro e merlo téñense

empregado na nosa literatura. Véxase Turdus merula.

● Etimoloxía / motivación semántica. Etimoloxicamente, merlo, melro e similares veñen do

latín merula. Os modificadores papuda, de-peito-branco, de-colar e papobranco están todos

motivados pola característica mancha branca que esta especie ten no papo e no peito.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa comentan que, alén de merlo, melro tamén está presente na fala galega con grande

difusión e ambas as dúas voces están recollidas no VOLG, Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

(10B).

melro (ou melro común) Turdus merula

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Merlo común foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén

(merlo ou merlo común) o proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B). Empregouse nas

guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A)

e recolleuse ou empregouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 6A, 8A, 10A, 11A, 12A, 13A,

14A, 15A, 16A, 18A e 11B). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é melro ou melro-preto

(2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para esta especie as denominacións de merla,

melra, merlo e melro nas terras da Limia (9A). Estas catro voces rexistráronse tamén en moitos

puntos da Galiza. F. Fernández Rei rexistrou merlo en Cariño; J. Vilariño Seco, en S. Braulio de

Caaveiro; M. C. Ríos Panisse, en Sada; M. R. Martínez Martínez, en Curtis; I. Leis Casanova, en Sta.

Eulalia de Dumbría; M. C. Alonso Pérez, en Escarabote; C. García González, en Compostela; M. A. Fraiz

Barreiro, en Codeseda; M. Prado Fernández, en Ferreira de Valadouro; G. Baamonde Traveso, en

Cedofeita; S. Cortiña Vázquez, en Friol; E. Rodríguez Gandoi, en Guntín; M. I. Gonzálex Fernández, en

Val de Burón; M. González González, no Incio; M. D. García Rojo, en Monterroso; J. A. Palacio Sánchez,

en Ferreira de Pantón; M. P. Paz González, en Xunqueira de Ambía; A. Sánchez Sánchez, en

Montederramo; M. Díaz Carnero, en Castro Caldelas; M. E. Vázquez Santamaría, na Gudiña; M.

Taboada Cid, en Verín; M. C. Gil Suárez, en Vilardevós; M. C. Rodríguez Lago, no Porto, Zamora (3C).

A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez recollen melra e melro

na comarca de Verín (23B). M. R. Álvarez Blanco rexistrou merla en Ramirás; M. Taboada Cid, na

Mezquita; M. C. Rodríguez Lago, no Porto, Zamora (3C). M. Taboada Cid tamén rexistrou a variante

melro en Verín; J. M. Dobarro Paz, en Cabalar; C. García González, en Compostela; J. L. Couceiro

Pérez, en Feás; M. C. Enríquez Salido, no Grove; M. J. Morandeira Lores, en Laxe; X. Pena Seixas, en

Guitiriz; A. Pérez Cid, en Marín; M. C. López Taboada, en Sobrado dos Monxes; R. Fraga García, en

Melide; J. López Fernández, en Novefontes; F. Vecino Tomás, en Razo; F. Varela González, en Santaia;

M. J. Pérez Froiz, en Sta. María de Oirós e M. R. Álvarez Blanco en Ramirás (3C). M. Taboada Cid tamén

rexistrou a variante melra en Verín; R. Seco Fernández, en Santa Comba (3C). C. Pedreira López et al.

rexistraron os nomes de merlo e melro para Turdus merula no concello de Ames, na provincia da

221

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!