19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. En O. oenanthe xa se

comentou a escolla de chasco ou de pedreiro como nome xenérico para este grupo de especies.

melro rubio Monticola saxatilis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Merla rubia foi o nome proposto por C. Pedreira López

e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse na

primeira guía de aves destes autores (1A) e recolleuse no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

noutras publicacións ornitolóxicas (2A e 18A). Merlo rubio foi o nome proposto en 1999 no traballo de

M. A. Conde Teira (12B); empregouse nas seguintes guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López

(5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse ou empregouse tamén noutras

publicacións ornitolóxicas (6A, 8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A e 16A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A.

Vidal Figueroa propuxeron a denominación de merlo das rochas (10B). Na bibliografía ornitolóxica, o

nome portugués é melro-das-rochas (2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Dicionarios consultados. Só o Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M.

Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle merla rubia como denominación específica

para M. saxatilis. Os outros recollen as denominacións xenéricas apuntadas en Turdus merula, mais

ningunha específica para M. saxatilis.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. As voces xenéricas melro e merlo téñense

empregado na nosa literatura. Véxase Turdus merula.

● Etimoloxía / motivación semántica. Etimoloxicamente, as denominacións merlo, melro e

similares veñen do latín merula. Semanticamente, o modificador rubio describe a cor característica

desta especie; das rochas fai referencia ao seu hábitat.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira

comenta que a denominación de merlo rubio, que describe as características físicas da especie e qua

xa foi proposta por X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López, é máis precisa do que é merlo das rochas,

referida aos hábitos desta especie, mais tamén aos de Monticola solitarius (12B).

A pesar de que en xeral e na medida do posíbel téntase unha harmonización coas

denominacións portuguesas, o caso de Monticola saxatilis debería ser unha excepción: como ben

apunta Conde Teira, o modificador usado en portugués ─das rochas─ no contexto da ornitoloxía

especializada ─aínda que se pode adoptar perfectamente en galego─ é inespecífico. Para alén diso,

melro rubio / melro azul respectivamente para Monticola saxatilis / Monticola solitarius forman un

sistema de nomenclatura máis eficaz, pois os dous nomes aluden á cor da plumaxe, relaciónanse por

tanto máis e son así mellores de lembrar.

melro azul Monticola solitarius

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Merla azul foi a denominación proposta por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse na primeira guía de aves destes autores (1A) e recolleuse no Atlas de vertebrados de Galicia

(7A) e noutras publicacións ornitolóxicas (2A e 18A). Merlo azul foi o nome proposto en 1991 e 1999

nos traballos de M. A. Conde Teira e de T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); empregouse nas seguintes

guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López (5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

recolleuse ou empregouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (6A, 8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A e

16A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é melro-azul (2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Dicionarios consultados. Só o Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M.

Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle merla azul como denominación específica

para M. solitarius. Os outros recollen as denominacións xenéricas apuntadas en Turdus merula, mais

ningunha específica para M. solitarius.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. As voces xenéricas melro e merlo téñense

empregado na nosa literatura. Véxase T. merula.

● Etimoloxía / motivación semántica. Etimoloxicamente, as denominacións merlo, melro e

similares veñen do latín merula. Semanticamente, a denominación azul describe a cor característica do

macho desta especie.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa comentan que, amais de merlo, melro tamén está presente na fala galega con

grande difusión e ambas as dúas voces están recollidas no VOLG, Vocabulario Ortográfico da Lingua

Galega (10B). De feito, están as denominacións xenéricas melro, merlo, merla e melra todas ben

presentes na lingua.

220

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!