19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

especies mergulladoras, é exclusivo e moi característico do xénero Gavia). O cualificativo pequena fai

referencia ao seu tamaño, en comparación coas outras especies do mesmo xénero.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Canto aos nomes

populares específicos, como é ben sabido, G. stellata, G. arctica e G. immer presentan algunha

dificultade para a súa identificación específica por causa do seu parecido, para alén da súa presenza ser

escasa ou rara nas nosas latitudes. Por iso resulta evidente que todas as denominacións populares

rexistradas son xenéricas para Gavia, como ben apunta M. C. Ríos Panisse, a pesar de que nalgunhas

publicacións se indicase ou se copiase doutras a asignación dalgún nome para unha especie concreta do

xénero, como patoula. (A respecto de patoula, véxase esta mesma alínea en Gavia arctica.)

Por outro lado, é importante comentarmos a recente incorporación de *colimbo nalgún

dicionario, identificando este nome co xénero Gavia. Na lingua galega non hai tradición de uso de

colimbo, é un cultismo (se nos remontamos na súa etimoloxía, chegariamos até o grego kólymbos) de

recentísima incorporación: non se rexistra nin na tradición lexicográfica nin no ámbito da ornitoloxía

especializada nin en ningún outro contexto culto. Sen dúbida, esta recente designación para o xénero

Gavia ten a súa orixe no influxo do castelán ou na confusión coa denominación castelá para estas aves.

En castelán non se emprega ningún nome popular para designar o xénero Gavia; estandarizouse

arbitrariamente co cultismo colimbo. Esta asignación arbitraria de colimbo para Gavia é exclusiva e

característica do castelán, e no galego non a precisamos tendo como temos unha denominación propia

e característica para o xénero Gavia: mobella. En portugués tamén existe o nome colimbo; porén, non

designa a mesma realidade que designa en español: o termo colimbo en portugués fai referencia, de

modo moi xenérico, ás especies da familia Podicipedidae (xéneros Podiceps e Tachybaptus). Non

obstante, é un termo moi pouco usado en Portugal, pois para xéneros Podiceps e Tachybaptus úsase en

portugués o nome ben estandarizado de mergulhão. Se se quixese incorporar este cultismo ao galego,

o máis lóxico e recomendábel sería harmonizar colimbo en galego co uso de colimbo na lingua

portuguesa, isto é, como denominación xenérica para aves nadadoras e mergulladoras, sen designación

específica, ou como sinónimo dos xéneros Podiceps e Tachybaptus, é dicir, o que en galego

denominamos mergullón (de modo paralelo á identificación de colimbo con mergulhão en portugués).

Con todo, na nosa opinión, colimbo é un cultismo totalmente prescincíbel que non leva máis que a

confusións co castelán. A este respecto, e para máis información, o autor do presente traballo xa

publicou unha nota intitulada "Mobella, non colimbo", no web O Cartafol / Un idioma preciso, do Servizo

de Normalización Lingüística da USC (Ref. 17B).

mobella ártica Gavia arctica

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Can do mar foi o nome proposto por C. Pedreira López

e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse na

primeira guía de aves destes autores (1A) e recolleuse ou utilizouse tamén nalgunha publicación

ornitolóxica máis (2A e 4A). Mobella ártica empregouse na segunda guía de aves de X. M. Penas

Patiño e C. Pedreira López (5A) e foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde

Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); empregouse tamén na terceira guía de aves de X. M. Penas

Patiño e C. Pedreira López (22A) e mais nunha chea de publicacións ornitolóxicas galegas (6A, 11A,

12A, 13A, 15A, 16A e 17A); tense recollido igualmente noutras publicacións de ámbito estatal (10A e

14A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son mobelha-árctica e mobelha-degarganta-preta

(2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. En relación coa denominación xenérica, mobella, véxase Gavia stellata.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco,

e no Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparecen as denominacións

xenéricas apuntadas en G. stellata. No Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M.

Gómez e P. Benavente (1997), indícase como sinónimo de mobella a denominación can do mar,

especificando para esta última o nome científico Gavia arctica (este dicionario recolle con frecuencia as

primeiras denominacións que empregaron X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López).

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase G. stellata.

● Etimoloxía / motivación semántica. Para a motivación semántica de mobella, véxase G.

stellata. O cualificativo ártica está en relación co seu nome científico e fai referencia ás latitudes árticas

onde aniña esta especie; o cualificativo portugués de-garganta-preta, coa cor característica da

plumaxe da garganta na época nupcial.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. A respecto da

inespecificidade de calquera denominación xenérica para este grupo de paxaros, véxase G. stellata.

Sobre a recente incorporación de *colimbo á lingua galega e a súa identificación nun dicionario co

xénero Gavia por influxo ou confusión coa denominación xenérica castelá, véxase tamén G. stellata.

Canto ás denominacións patoula e can do mar, axiña C. Pedreira e X. M. Penas sistematizaron

22

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!