19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

caso do xénero Oenanthe, coincide co nome portugués. Todo o devandito lévanos a preferir mellor o

nome xenérico chasco no contexto da ornitoloxía especializada para os xéneros Saxicola e Oenanthe,

deixando a denominación pedreiro para outros contextos, para calquera das especies anteditas mais

con preferencia para Apus apus (véxase con máis detemento esta especie).

chasco rubio Oenanthe hispanica

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pedreiro marelo foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B). Nas guías

de aves de Penas Patiño e Pedreira López empregáronse respectivamente os nomes de pedreiro

marelo (1A) e pedreiro amarelo (5A e 22A); o segundo utilizouse no Atlas de vertebrados de Galicia

(7A) e recolleuse ou utilizouse tamén nalgunhas publicacións ornitolóxicas (2A, 6A e 11A). En 1991, M.

A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa propuxeran chasco cincento (10B). Pedreiro rubio foi o nome

proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); empregouse nalgunhas publicacións (13A e

16A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa propuxeran chasco rubio (10B). Noutras

publicacións tamén empregouse o nome de chasco louro (8A, 10A, 12A, 14A, 15A e 18A). Na

bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é chasco-ruivo (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Algunhas denominacións xenéricas relacionadas con chasco, que poderían

ser aplicábeis tamén a esta especie, están comentadas en Saxicola torquata. F. Bernis Madrazo

comenta que as denominacións galaico-lusitanas chasco e cartaxo se empregan indistintamente para

os xéneros Oenanthe e Saxicola, segundo o lugar (11B). En concreto, aplicábeis tanto a O. oenanthe

como O. hispanica, rexistrou chasco na Coruña e Pontevedra, e tamén pedreiro na Galiza; ademais

cita a Ríos Naceyro (1850), que tamén recollera este último nome (11B).

● Dicionarios consultados. Recollen as denominacións xenéricas apuntadas en O. oenanthe.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A voz xenérica chasco tense empregado na nosa

literatura. Véxase S. torquata.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a motivación onomatopeica de chasco e similares,

véxase Saxicola torquata; sobre pedreiro, O. oenanthe. Os modificadores amarelo, louro e rubio

aluden todos á cor da súa plumaxe.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. En O. oenanthe xa se

comentou a escolla de chasco ou de pedreiro como nome xenérico para este grupo de especies.

chasco isabel Oenanthe isabellina

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Non se teñen empregado até o momento, xa que é

unha ave de presenza extremamente esporádica na Galiza.

● Nomes populares. Os comentarios poden ser os mesmos no referente aos nomes xenéricos

populares.

● Dicionarios consultados. Inclúen as denominacións xenéricas apuntadas en Oenanthe

oenanthe.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a motivación onomatopeica de chasco e similares,

véxase S. torquata; isabel fai referencioa á cor da plumaxe: pálida entre amarela e gris.

chasco do deserto Oenanthe deserti

● Bibliografía ornitolóxica especializada. De todas as publicacións consultadas, só se recolle esta

especie na terceira guía de C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño, co nome de pedreiro do deserto

(22A). Segundo o criterio establecido nas anteriores especies do xénero Oenanthe, outra denominación

galega sería chasco do deserto. Na bibliografía ornitolóxica consultada, o nome para esta especie é

chasco-do-deserto (2D).

● Nomes populares. É unha especie de presenza accidental na Galiza, e non se lle coñecen

nomes populares.

● Dicionarios consultados. Recollen as denominacións xenéricas apuntadas en Oenanthe

oenanthe.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A voz xenérica chasco tense empregado na nosa

literatura. Véxase Saxicola torquata.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a motivación onomatopeica de chasco e similares,

véxase S. torquata; sobre pedreiro, O. oenanthe. O modificador do deserto, tirado do nome

científico, deserti, alude ao seu hábitat (é unha especie propia do norte de África e Oriente Medio).

219

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!