19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

chasco norteño Saxicola rubetra

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Chasca colipinta foi a denominación proposta por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

recolleuse no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e nalgunha publicación ornitolóxica (2A e 11B).

Chasco norteño foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal

Figueroa (10B e 12B); tense recollido ou empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A, 10A,

12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Nas seguintes guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López (5A e 22A),

no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e nalgunha outra publicación utilizouse o nome de chasco

rabipinto (11A). Nunha publicación, chasca rabipinta (6A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome

portugués é cartaxo-nortenho e cartaxo-de-sobrancelhas-brancas (10A, 1D, 2D e 3D; o primeiro

con máis frecuencia).

● Nomes populares. Algunhas denominacións xenéricas populares relacionadas con chasco,

que poderían ser aplicábeis tamén a esta especie, están comentadas en Saxicola torquata.

● Dicionarios consultados. Recollen as denominacións apuntadas en S. torquata.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Algunhas das voces xenéricas téñense empregado

na nosa literatura. Véxase S. torquata.

● Etimoloxía / motivación semántica. Chasca, chasco e similares teñen orixe onomatopeica,

reproducen o seu canto, unha especie de chas-chas ou chac-chac. Non se encontrou unha explicación

para o nome xenérico portugués cartaxo. O modificador norteño está en relación coa área de

distribución de Saxicola rubetra; rabipinta e colipinta refírense á plumaxe do rabo. O modificador

portugués de-sobrancelhas-brancas alude á característica cor da plumaxe da cabeza.

chasco cincento Oenanthe oenanthe

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pedreiro cincento foi a denominación proposta por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e

tamén en 1999 por M. A. Conde Teira (12B); utilizouse nas guías de aves de Penas Patiño e Pedreira

López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse ou utilizouse tamén

nalgunhas publicacións ornitolóxicas (2A, 6A, 11A, 13A, 16A e 11B). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A.

Vidal Figueroa propuxeran chasco cincento (10B). Tamén se empregou nalgunhas publicacións (8A,

10A, 12A, 14A, 15A e 18A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é chasco-cinzento (2A,

10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Algunhas denominacións xenéricas populares relacionadas con chasco,

que poderían ser aplicábeis tamén a esta especie, están comentadas en Saxicola torquata. F. Bernis

Madrazo comenta que as denominacións galaico-lusitanas chasco e cartaxo se empregan

indistintamente para os xéneros Oenanthe e Saxicola, segundo o lugar (11B). En concreto, aplicábeis

tanto a O. oenanthe como O. hispanica, rexistrou chasco na Coruña e Pontevedra, e apunta tamén

pedreiro –sen especificar máis– na Galiza; ademais cita a Ríos Naceyro (1850), que tamén recollera

esta última denominación, pedreiro (11B). A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R.

Reigada e X. Rodríguez, pedreiro especificamente para O. oenanthe na comarca de Verín (23B).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as entradas chasco, que identifica coa voz castelá collalba e co sinónimo

petirroxo; e chasca, que nunha das acepcións identifica con collalba e remite a chasco. No Diccionario

de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, dá

para a entrada castelá collalba as voces galegas chasca, chasco, petirroxo, maceirudo e pisco. No

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada

pedreiro, nunha das acepcións definida e identificada como Oenanthe oenanthe e noutra como

*vencello.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A voz xenérica chasco tense empregado na nosa

literatura. Véxase Saxicola torquata.

● Etimoloxía / motivación semántica. Pedreiro fai referencia ao hábitat onde é frecuente

observar estes paxaros; cincento alude á cor da plumaxe. Sobre a motivación onomatopeica de

chasco e similares, véxase S. torquata. Maceirudo, petirroxo e pisco son denominacións propias de

Erithacus rubecula ou doutras especies, que popularmente tamén se usan para o xénero Oenanthe.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Canto á escolla de

chasco ou pedreiro como nome xenérico no contexto da ornitoloxía especializada, pedreiro é unha

denominación máis inespecífica, usada na nosa lingua para paxaros un tanto diferentes: para o xénero

Oenanthe (O. oenanthe e O. hispanica), para Apus apus e localmente tamén para Phoenicuros ochruros

(véxase estas especies). M. A. Conde Teira apunta que a maioría dos rexistros coñecidos en relación

con pedreiro fan referencia a Apus apus, coincidindo coa especie designada por pedreiro en

portugués (12B).

Por outro lado, chasco é denominación galega exclusiva dos xéneros Saxicola e Oenanthe e, no

218

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!